Louis Kahn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto Salk, La Jolla.

Louis Isadore Kahn, nado na illa de Saaremaa (Estonia) o 20 de febreiro de 1901 e finado en New York o 17 de marzo de 1974, foi un arquitecto estadounidense de orixe estonia. Traballou en Filadelfia, onde foi profesor na Universidade de Yale.

Biografía[editar | editar a fonte]

Aos catro anos a súa familia emigrou aos Estados Unidos, temendo que o seu pai fose recrutado polo exército durante a Guerra ruso-xaponesa. Louis Kahn criouse en Filadelfia e adquiriu a nacionalidade norteamericana o 15 de maio de 1914.

Foi educado nunha rigorosa tradición Beaux-Arts, coa súa énfase no debuxo, na Universidade de Pennsylvania. Logo de graduarse en 1924, Kahn viaxou por Europa e instalouse na cidade medieval amurallada de Carcasona, en lugar de quedar nos berces do clasicismo ou do modernismo. En 1925-1926 Kahn foi deseñador xefe da Exposición do sesquicentenario. A partir de 1947 ensinou durante unha década na Universidade de Yale, na que a súa influencia era enorme. Posteriormente trasladouse á Universidade de Pennsylvania. Entre os seus alumnos atópanse Moshe Safdie e Robert Venturi.

Morreu dun ataque ao corazón nos servizos da estación de Pennsylvania de Nova York. Acababa de regresar dunha viaxe de traballo na India.

Kahn sempre se involucrou profundamente en todos os seus traballos. Reinterpretou o estilo internacional de xeito pouco convencional, inspirándose a miúdo na arquitectura antiga. Os seus traballos reflicten o seu interese pola luz e os materiais. Isamu Noguchi referiuse a el como "un filósofo entre arquitectos".

Kahn tivo tres familias con tres mulleres diferentes: a súa esposa Esther, a súa compañeira de traballo Anne Tyng, e con Harriet Pattison. O seu fillo con esta última, Nathaniel Kahn, retratou a vida do arquitecto nun documental titulado "O meu arquitecto: a viaxe dun fillo", que foi nomeado ao Oscar en 2003. Nel participaron arquitectos de renome como B.V.Doshi, Frank Gehry, Philip Johnson, I. M. Pei, e Robert Stern, pero tamén mostra as súas complexas relacións familiares, así como as inusuais circunstancias da súa morte.

Non lle unía ningún parentesco co seu colega e compatriota Albert Kahn.

Obras principais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Louis Kahn
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Louis Kahn