Louis Jouvet
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Louis Jouvet | |
|---|---|
| Nacemento | Jules Eugène Louis Jouvet 24 de decembro de 1887 Crozon, Bretaña, Francia |
| Falecemento | 16 de agosto de 1951 París, Francia |
| Profesión | Actor, escenógrafo |
| Ficha na IMDb | |
Jules Eugène Louis Jouvet, coñecido por Louis Jouvet (24 de decembro de 1887 ata o 16 de agosto de 1951) foi un actor, escenógrafo francés. A súa actividade centrouse na Comedia Francesa, o Teatro dos Champs-Élysées e o Ateneo de París. Gran intérprete de Molière, Shakespeare, Pierre Corneille, Alfred de Musset, Marcel Achard, Jules Romains, Jean Giraudoux, Jean Genet e outros clásicos e contemporáneos do teatro do seu país; foi un dos máis prestixiosos actores franceses e saltou á fama na película Topaze de Marcel Pagnol e con Arletty na película de 1938 Hôtel du Nord de Marcel Carné.