Louis Amundson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lou Amundson»)
Louis Amundson
Axente libre
Posición Ala-pivote / Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 7 de decembro de 1982 (41 anos)
Ventura, California
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Instituto Monarch (Louisville, Colorado)
Universidade UNLV (2001–2006)
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Colorado 14ers (2006–2007)
Utah Jazz (2007)
Philadelphia 76ers (2007–2008)
Phoenix Suns (2008–2010)
Golden State Warriors (2010–2011)
Indiana Pacers (2011–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–2013)
Chicago Bulls (2013)
New Orleans Hornets / Pelicans (2013)
Chicago Bulls (2014)
Cleveland Cavaliers (2014–2015)
New York Knicks (2015–2016)
TNT KaTropa (2017)
Kawasaki Brave Thunders (2017–2018)
Información en nba.com

Louis Gabriel "Lou" Amundson, nado o 7 de decembro de 1982 en Ventura, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amundson foi nomeado Rookie do Ano da NBA D-League en 2007, cando xogaba nos Colorado 14ers.

O 8 de marzo de 2007, asinou un contrato de dez días cos Philadelphia 76ers.[1]

O 14 de agosto de 2008, Amundson asinou un contrato por dous anos cos Phoenix Suns.[2] O 30 de xuño de 2009, os Suns exerceron a opción de equipo no contrato de Amundson.[3]

O 13 de setembro de 2010, Amundson asinou un contrato por dous anos cun valor de 4.17 millóns de dólares cos Golden State Warriors, sendo o segundo ano unha opción do xogador.[4] Durante 46 partidos, fixo 4.3 puntos e 4 rebotes en 15 minutos de xogo. Tras a tempada 2010-11, elixiu a súa opción de quedar nos Warriors outro ano máis.[5]

O 19 de decembro de 2011, Amundson foi traspasado aos Indiana Pacers a cambio de Brandon Rush.[6] O 25 de setembro de 2012, asinou cos Minnesota Timberwolves.[7] Foi cortado o 8 de febreiro de 2013.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Philadelphia 76ers Sign Louis Amundson to 10-Day Contract". NBA.com. 2007-03-08. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2012. Consultado o 2011-12-20. 
  2. "Suns Sign Forward Louis Amundson". NBA.com. 2008-08-14. Consultado o 2011-12-20. 
  3. "Suns Exercise Team Option on Amundson". NBA.com. 2009-06-30. Consultado o 2011-12-20. 
  4. "Warriors Sign Free Agent Forward Louis Amundson". NBA.com. 2010-09-13. Consultado o 2011-12-20. 
  5. "Warriors Forward Lou Amundson Exercises Contract Option For 2011-12 Season". NBA.com. 2011-06-30. Consultado o 2011-12-20. 
  6. "Pacers Acquire Amundson from Golden State". NBA.com. 2011-12-19. Consultado o 2011-12-19. 
  7. "Wolves Sign Lou Amundson". NBA.com. 25 de setembro de 2012. Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  8. "Johnson, Gelabale To Stay For Rest Of Season". NBA.com. 8 de febreiro de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]