Lost (temporada 4)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuarta temporada de Lost
Serie Lost
País de orixe Flag of the United States.svg Estados Unidos
Canle ABC
Data orixinal da estrea 31 de xaneiro de 2008
29 de maio de 2008
Número de episodios 14
Posta á venda do DVD 20 de outubro de 2008
Temporada anterior 3
Temporada seguinte 5

A cuarta tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 31 de xaneiro de 2008, concluíndo o 29 de maio de 2008 tras 14 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar máis de noventa días despois do accidente. Os produtores declararon que hai dous temas principais nesta temporada: un o dos naufragados e a súa relación coa cargueiro e a súa xente e outro que personaxes lograron abandonar a illa e porque queren volver a ela. Tralas críticas á terceira tempada está porén, foi aclamada pola crítica polos flashforwards, o ritmo e as novas personaxes.

A tempada estaba previsto nun principio que contivese dezaseis episodios, dos cales oito foron filmadas antes do comezo da folga de guionistas de 2007. Debido a isto anunciouse que a temporada só tería cinco episodios máis. Con todo, o guión desta parte eran tan largo que os executivos aprobaron rodar un décimo cuarto episodio. O DVD e Blue Ray saíron á venda nos Estados Unidos o 9 de decembro de 2008 co título de Lost: The Complete Fourth Season – The Expanded Experience.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Despois de contactar co cargueiro, Locke dilles a todos que os do cargueiro non queren rescatarlles, mais como Jack di o contrario xorde a disputa e fórmanse dous grupos, o de John que vai aos barracóns dos Outros e o de Jack que se queda no campamento da praia.

Pouco despois deste acontecemento chega á illa un helicóptero procedente do cargueiro, que trae con sigo a Daniel Faraday, Miles Straume, Charlotte Lewis e ao piloto Frank Lapidus. John consegue reter a Miles e os do grupo de Jack quedan con Daniel e Charlotte, todo isto mentres Frank, o piloto, leva a Sayid e a Desmond ao cargueiro. No cargueiro hai un grupo de mercenarios que vai en busca de Ben, polo que ataca nos barracóns (onde se atopa preso polo grupo de Locke). Ao final da tempada, Michael, que estaba de incógnito no cargueiro, e Desmond dánse conta de que o cargueiro está cheo de explosivos que detonarán se Keamy, o líder dos mercenarios, morre.

Este vai en busca de Ben e entra na estación DHARMA onde se atopa con Locke para atraparlo, mais Ben, guiado pola furia o mata para vingarse del xa que este matara antes á súa "filla" Alex. Isto fai que explote o cargueiro matando presumiblemente a Michael, Jin e ao resto de xente que quedaba nel. Jack, Kate, Hurley, Sayid, Sun e Aaron, conseguen saír da illa converténdose así nos Seis de Oceanic, que xunto con Desmond e Frank (que pilota o helicóptero), atopan a Penny, logrando finalmente escapar da illa.

Elenco[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

Esta tempada a diferenza da terceira foi aclamada unanimemente pola crítica como unha das mellores series do ano senón a mellor, debido á inclusión dos flashfowards, onde se ve o futuro das personaxes fora da illa e como procuran volver a ela, novas personaxes ben acollidas polo público en bo ritmo. Mais pese a esta mellora con respecto á anterior tempada en xeral os índices de audiencia víronse algo diminuídos. A tempada estreouse con 18 millóns de espectadores, mais diminuíndo pouco a pouco até o último capítulo,

Este último capítulo foi visto por 14 millóns, recuperando algo de audiencia perdida dos episodios intermedios. Porén, o presidente da ABC Stephen McPherson comentou que lle gustaría que a audiencia medrase máis, pero que os números que está a acadar están moi ben.

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
73 "The Beginning of the End"
O principio da fin
Jack Bender Hurley 31 de xaneiro de 2008 401

Despois de descubrir que o cargueiro non foi enviado por Penny, os sobreviventes divídense en dous grupos liderados por Jack e Locke respectivamente. Os flashforward revelan que Hurley é un dos Seis de Oceanic, un grupo formado por seis sobreviventes do accidente do voo 815 de Oceanic, entre os que se inclúen tamén Jack e Kate, que conseguiron escapar da illa. 

74 "Confirmed Dead"
Oficialmente mortos
Stephen Williams Daniel, Miles, Charlotte, Frank e Naomi 7 de febreiro de 2008 402

Os sobreviventes empezan a preguntarse as intencións do equipo de rescate, cando catro estraños chegan á illa. 

75 "The Economist"
O economista
Jack Bender Sayid 14 de febreiro de 2008 403

O refén de Locke pode ser a clave para saír da illa, así que Sayid e Kate van á procura do seu compañeiro nun intento de negociar un trato pacifico. 

76 "Eggtown"
Ovos revoltos
Stephen Williams Kate 21 de febreiro de 2008 404

A necesidade de Kate de conseguir información do refén podería pór en perigo a súa estancia con Locke, e tamén con Sawyer. 

77 "The Constant"
A constante
Jack Bender Desmond 28 de febreiro de 2008 405

Sayid e Desmond atópanse turbulencias de camiño ao cargueiro, que inducen a Desmond a experimentar algúns efectos secundarios inesperados. 

78 "The Other Woman"
A outra muller
Eric Laneuville Juliet 6 de marzo de 2008 406

Juliet recibe unha visita non desexada de alguén do seu pasado que lle ordena vixiar a Charlotte e Faraday, co obxectivo de impedirlles o cumprimento da súa misión. 

79 "Ji Yeon"
Ji Yeon
Stephen Semel Jin e Sun 13 de marzo de 2008 407

Juliet é forzada a revelar certas noticias alarmantes a Jin cando Sun ameaza con moverse ao campo de Locke. Mentres tanto, Sayid e Desmond teñen unha idea da misión do equipo do cargueiro cando coñecen ao capitán da nave. 

80 "Meet Kevin Johnson"
Preséntoche a Kevin Johnson
Stephen Williams Michael 20 de marzo de 2008 408

Sayid enfróntase ao espía que Ben ten no cargueiro e Ben tentará que a súa filla Alex se vaia do campamento de Locke para sobrevivir ao inminente ataque. 

81 "The Shape of Things to Come"
O cariz dos acontecementos vindeiros
Jack Bender Ben 24 de abril de 2008 409

O campamento de Locke sofre un grave ataque. Mentres, Jack tenta descubrir a identidade dun corpo que chegou a terra arrastrado polo mar. 

82 "Something Nice Back Home"
"Algo fermoso de regreso en casa"
Stephen Williams Jack 1 de maio de 2008 410

Jack sofre apendicite e debe ser intervido de urxencia. Sawyer, Miles, Claire e Aaron comezan o regreso cara á praia. Paralelamente, nun flashforward coñecemos máis sobre as vidas de Jack e Kate fose da illa. 

83 "Cabin Fever"
Claustrofobia
Paul Edwards Locke 8 de maio de 2008 411

Nun flashback vemos os acontecementos relacionados co nacemento de Locke. Na illa Ben, Hugo e Locke seguen coa procura da cabana. Cando a atopan dánse situacións máis que interesantes. 

84 "There's Non Place Like Home: Part 1"
Nada mellor que estar en casa: Primeira parte
Stephen Williams Os seis de Oceanic 15 de maio de 2008 412

A illa está por sufrir un grave ataque, Jacob dille a John e a Ben que facer para impedilo... 

85/86 "There's Non Place Like Home: Part 2"
Nada mellor que estar en casa: Segunda parte
Jack Bender Os seis de Oceanic 29 de maio de 2008 413/414

A illa está por sufrir un grave ataque, Jacob dille a John e a Ben que facer para impedilo...