Los del Río
| Los del Río | |
|---|---|
Actuación do 24 de xullo de 2009 na Praza de España de Madrid |
|
| Información | |
| Orixe | Dos Hermanas, Sevilla, España |
| Período | 1962- actualidade |
| Xénero(s) | Folclore - Sevillanas |
| Selo(s) discográfico(s) | RCA - Sony BMG |
| Membros | Antonio Romero Monge Rafael Ruiz Perdigones |
| Antigos membros | |
| Web oficial | soleraproducciones.com |
Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones.
Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.[1]
Índice |
Historia[editar]
En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor crave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.[2]. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.
Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).
Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o dia de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.
Discografía[editar]
Discos[editar]
| Ano | Álbum |
|---|---|
| 1993 | Retrato a Sevilla |
| 1994 | A mi me gusta |
| 1995 | Calentito |
| 1996 | Macarena Non Stop |
| 1996 | Colores |
| 1997 | Fiesta Macarena |
| 1999 | Baila |
| 2003 | Río de sevillanas |
| 2004 | P'alante |
| 2008 | Quinceañera Macarena |
Sinxelos[editar]
| Año | Título do sinxelo | US | US Latin | UK Singles Chart[3] | AUS | Disco |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1995 | Macarena[4] |
|
|
|
|
A mí me gusta |
| Macarena (Bayside Boys Mix) |
|
|
|
|
Macarena Non Stop | |
| 1996 | Macarena Christmas |
|
|
|
|
|
| 1997 | Baila Baila |
|
|
|
|
|
| 2008 | Macarena (The Art of Sound Group Mix) |
|
|
|
|
Quinceañera Macarena |
Premios[editar]
- En 2004 concedéuselles a Medalla de Andalucía.[5]
Notas[editar]
- ↑ Global track chart.
- ↑ Solera Producciones.
- ↑ Roberts, David (2006). British Hit Singles & Albums (19th ed.). Guinness World Records Limited. pp. 329. ISBN 1-904994-10-5.
- ↑ Lanzado en 1993 en Europa.
- ↑ Decreto 64/2004, de 17 de febrero, por el que se concede la Medalla de Andalucía a don Antonio Romero Monge y a don Rafael Ruiz Perdigones.