Los Limones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Limones
Concerto en Baiona en 2012.
OrixeFerrol, A Coruña Galicia,
Período1993 - actualidade
Xénero(s)pop/rock
Antigos membrosSantos Fernández López, Pepe Ramos, Andrés Pita, Rafa Pereira, Abel López, Álvaro Lamas, Pipo García, Fran Rei, Miguel da Cierva, Carlos Marca, Juan de Deus Martín, Iván Ramos, Marcial Rodríguez Badía, José Ignacio Garrote, Antonio "Tom" Garrote, Carlos Vélez López, Begoña Álvarez
Na rede
Bandcamp: loslimones Musicbrainz: a7cfeec6-0ca6-4098-88e6-7d316f563d9e Songkick: 67171 Discogs: 994546 Editar o valor em Wikidata

Los Limones (inicialmente Los Limones del Caribe) é un grupo de pop/rock galego, formado en 1983 na cidade de Ferrol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Concerto en Baiona en 2012.

Comezaron a actuar de forma afeccionada. A banda orixinal formábana catro estudantes do colexio Montefaro de Ferrol. Santos Fernández López, alias Santi Santos á guitarra e voz, José Ignacio Garrote no baixo e despois guitarra, Tom Garrote coa guitarra solista e Marcial Rodríguez Badía na batería. Posteriormente únense ó grupo Carlos Vélez no baixo e Begoña Álvarez ó teclado. A primeira actuación do grupo foi no colexio maior Fonseca de Santiago de Compostela en maio de 1984, tendo despois unha vertixinosa actividade en locais de Ferrol (Copacabana, Bristol), Cabanas e Santiago (A Esquina, Festa do Campus Sur da USC ), durante 1985 e 1986. Posteriormente prodúcese un cambio radical no grupo, e da formación orixinal só queda Santi Santos. En 1987 a discográfica galega Edigal edítalles o seu primeiro mini-LP titulado Sun. Pouco despois conseguen gañar o Premio de grupo revelación que organiza a emisora Radiocadena Española e son fichados por Grabaciones Accidentales (GASA).

Esta discográfica edita o seu primeiro LP, Sube la marea (1989), que inclúe o sinxelo Te voy siguiendo, que pronto se sitúa entre os máis populares nas listas de vendas.

Un ano máis tarde gravan Donde acaba el mar. As cancións Trenes sin destino e No le digas convértense en referente da música máis comercial do momento e escóitanse continuamente en emisoras de radio e discotecas.

O seguinte disco, Música clásica (1992), inclúe o tema El canto de la sirena, que alcanza o número 1 nas listas de éxitos.

Tras publicar novos LP's nos anos seguintes con discretos resultados, o grupo disólvese en 1997.

Porén, en 2001 recomponse a banda e desde entón seguiron publicando discos, aínda que lonxe da repercusión nos medios que alcanzaron a principios dos anos noventa.

No seu disco ¡Sigue! (2008) inclúen como bonus track o tema Vamos Getafe, canción adicada ó Getafe Club de Fútbol.

No 2009 compoñen Chegou o Momento para a campaña electoral do candidato do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á Presidencia da Xunta de Galicia.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1987 - Sun (mini-LP)
  • 1989 - Sube la marea
  • 1990 - Donde acaba el mar
  • 1992 - Música clásica
  • 1993 - Por las estrellas
  • 1995 - Amigos
  • 1996 - Los Singles
  • 1997 - 7 Mares
  • 2001 - Volver a casa
  • 2003 - La botellita
  • 2004 - Camiño das estrelas
  • 2004 - El directo de Limones
  • 2006 - Palabra
  • 2008 - ¡Sigue!
  • 2010 - Arriba esas gaitas
  • 2014 - 13 Limones
  • 2015 - Quintos del 64

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pop Español. Tomo 3. Orbis-Fabbri. 2000.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]