Los Happiness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Happiness
Na rede
IMDB: tt8931736 Filmaffinity: 861577 Editar o valor em Wikidata

Los Happiness é un grupo de música español ficticio, nacido a raíz duna campaña publicitaria de Tiempo BBDO para MTV España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fíxose famoso en 2006 grazas á canción "Amo a Laura, pero esperaré hasta el matrimonio", unha sátira dos movementos conservadores na defensa da familia tradicional que se converteu nun fenómeno de Internet. Xunto co vídeo aparece tamén unha organización ficticia chamada Asociación Nuevo Renacer, por una Juventud sin Mácula, unha burla contra algúns grupos conservadores. Dita organización ficticia ten como unha das súas principais campañas "No mires MTV", tratándose en realidade dunha campaña realizada pola propia canle de televisión. O grupo o compoñen catro mozos, dous rapaces e dúas rapazas, actores que dan vida á canción composta por Guille Milkyway.

O videoclip e a canción "Amo a Laura" popularizáronse rapidamente a través de páxinas como YouTube ou Google Video e pola blogosfera, chegando ata medios de prensa escrita e televisión.

O grupo orixinal (videoclip) realizou actuacións en La Noche de Buenafuente, en Channel Nº4 (Boris Izaguirre e Ana García-Siñeriz) e nun programa da canle MTV chamado Kabuki. Tras estas tres intervencións en televisión o grupo disolveuse xa que se trataba de actores contratados para a campaña.

Catro novos integrantes realizaron máis actuacións. Entre elas, promocionaron, aínda que moi fugazmente, a secuela de "Amo a Laura" chamada "El honor de Laura". O nuevo grupo separouse pero algún dos seus integrantes ten novos proxectos.

A rapaza de rosa ten nova canción, "Dejate llevar", e agora preséntase como Minimal. O rapaz de azul intenta saír adiante con actuacións para a Academia Mithos de Barcelona. A rapaza azul chámase Lara Álvarez e actualmente traballa como xornalista deportiva en La Sexta. O rapaz de amarillo chámase Jey Saes e esta organizando un casting para formar un nuevo grupo musical.