Los Fabulosos Cadillacs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
No 2009 en Medellín.
OrixeBuenos Aires, Arxentina
Período1985-2002 / 2006-
Xénero(s)Ska, Salsa, Reggae, Mambo, Samba
Selo(s) discográfico(s)Sony Music Entertainment, Columbia Records
MembrosGabriel Vicentico Fernandez Capello
Flavio Ciancciarulo
Fernando Ricciardi
Mario Siperman
Daniel Lozano
Fernando Albareda
Pablo Puntoriero
Ariel Minimal Sanzo
Gerardo Rotblat
Antigos membrosSergio Rotman (1985–1997)
Naco Goldfinger (1985–1991)
Anibal Rigozzi (1985-1996)
Luciano Ciugno (1985-1990)
Na rede
páxina do grupo
IMDB: nm1062233 Facebook: losfabulososcadillacs Twitter: lfcoficial Instagram: lfcoficial Youtube: UCS7dfokaYTjV6M-cLJEW5RA Spotify: 2FS22haX3FYbyOsUAkuYqZ iTunes: 300251 Last fm: Los+Fabulosos+Cadillacs Musicbrainz: cfe85625-10af-46c1-99fb-765ed3a4f1ad Songkick: 265425 Discogs: 484900 Allmusic: mn0000288111 Deezer: 3491 Genius: Los-fabulosos-cadillacs Editar o valor em Wikidata

Los Fabulosos Cadillacs é unha banda procedente de Buenos Aires (Arxentina). Formouse en 1985, orixinalmente co nome de "Cadillacs 57" e como unha banda de ska, vestindo ó xeito de Madness ou de The Specials. Nunha das primeiras actuacións foron presentados como Los Fabulosos Cadillacs, nome que quedou definitivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Los Fabulosos Cadillacs é unha das bandas máis influentes e exitosas do chamado "rock latino". Lograron tocar diversas mesturas de estilos á parte do rock (que era o seu principal estilo): ska, jazz, salsa, tango, reggae e rap, entre outros.

Na súa formación orixinal estaban:

Os dous primeiros serían os principais compositores e escritores ó longo da vida do grupo.

Bares y Fondas[editar | editar a fonte]

En 1986 editaron o seu primeiro álbum, Bares y fondas, no que predominaba o ska. Tanto a música como a forma de vestir nos concertos estaban moi influenciados por bandas inglesas de ska dos anos 70, algo pouco usual na Arxentina de entón, polo que axiña triunfou a súa proposta artística.

Os sinxelos do disco foron o himno Yo quiero morirme acá, o nervioso Silencio hospital e a balada Basta de llamarme así (canción que Capello compuxo para a súa falecida irmá, Tamara). Outro momento destacable do disco é a cativadora Galápagos, de Cianciarulo.

Logran con este disco facer varias actuacións nos Teatros Fénix e Astros (ambos en Buenos Aires) con cheo total.

Yo te Avisé[editar | editar a fonte]

Xa máis experimentados, en 1987 gravan o seu segundo disco, Yo te Avisé, no que Andrés Calamaro se encargou da produción. Durante este tempo tamén entra á banda como trompetista invitado Daniel Lozano, que se convertería no trompetista definitivo.

O disco outorgoulle múltiples satisfaccións á banda. Venderon máis de 250.000 copias, e os levou a unha moderada fama (temporal) que lles permitiu facer xiras internacionais polos países limítrofes. Nos aspectos estruturais do disco pódese notar claramente unha evolución na produción. As cancións estaban lixeiramente máis elaboradas, aínda que non querían apartarse do xénero ska que lles dera a coñecer. Pero máis alá disto, o álbum presenta, como novidade, a incorporación ó repertorio dos Cadillacs dun ritmo que, posteriormente, os convertería nunha marca internacional (o reggae, visible na canción Muy, muy temprano) e a experimentación co dub (como no tema El genio del dub).

Os sinxelos foron os ska sarcásticos e bromistas de Mi novia se cayó en un pozo ciego e Yo te avisé, e o himno Cadillac, Yo no me sentaría en tu mesa (que, hoxe en día é adaptado nos campos de fútbol polas seareiros da Arxentina).

El Ritmo Mundial[editar | editar a fonte]

El Ritmo Mundial foi o seu terceiro disco. Gravado e editado en 1988, amplían o seu espectro musical cara xéneros máis comerciais para a época, sen perder a sobriedade na composición. Abarca xéneros como o xa clásico ska, a aparición dalgunha balada (Siempre me hablaste de ella e Nº 2 en tu lista) e unha versión de The Bad Boys Band en Conversación nocturna.

Os sinxelos do disco foron Revolution rock (versión de The Clash, outra das bandas que máis lles influíu), Conversación nocturna, e o que se convertería nun clásico Vasos Vacíos, na que colabora a afamada cantante cubana Celia Cruz resultando unha das mellores baladas dos Cadillacs explícita en ritmo de rock-steady.

El Satánico Dr Cadillac[editar | editar a fonte]

En 1989 comeza un período de decrecemento creativo acompañado da crise económica que atravesaba Arxentina na época, reflectido nas vendas e na calidade de produción do cuarto álbum da banda, El satánico Dr. Cadillac. Este traballo deixa moito que desexar no ámbito da composición, se ben ten temas destacables, como a balada Contrabando de amor ou o rap El golpe de tu corazón.
O sinxelo deste disco foi a canción que lle daba nome, El satánico Dr. Cadillac.

Entre 1989 e mediados de 1992 a banda deu poucos concertos.

Volume V[editar | editar a fonte]

En 1990 editouse Volumen V, un disco rescatable á vez que fresco para o que era a esixencia musical da época. Posibilitoulles a entrada no mercado dos Estados Unidos, mediante un contrato firmado co produtor internacional Tommy Cookman.

O disco conta cunha homenaxe a Luciano Ciugno Jr., que deixara a banda para lanzarse como solista, na canción Caballo de Madera.

O sinxelo do disco foi a salsa rock Demasiada presión, un pico creativo no medio dun clima inestable para a banda.

Sopa de Caracol[editar | editar a fonte]

1991 non foi un ano "satisfactorio" en varios sentidos. A banda pasaba por un período de déficit creativo. Editaron Sopa de Caracol, un insípido maxi-sinxelo con 4 temas: unha versión do tema Sopa de Caracol, unha nova mestura de Demasiada Presión, unha nova versión de El Genio del Dub, e unha mestura de éxitos da banda.

Fronte a este baixón, o ano seguinte iniciarían unha etapa moi rica e activa. A finais de 1991 a banda sofre cambios na súa composición. Ingresan dous membros que quedarían como definitivos: Fernando Albareda (de alcume "Trombo") no Trombón, e Gerardo Rotblat (de alcume "Toto") nas percusións, substituíndo a Naco Goldfinger e a Luciano Ciugno J. R. respectivamente.

El León[editar | editar a fonte]

En agosto de 1992 sae á rúa o sétimo traballo da banda: El Leon. Esta obra combina tódolos xéneros practicados polo grupo facendo principal énfase nos ritmos caribeños como a salsa, o calipso ou o reggae.

Boa parte das cancións que contén este disco foron lanzados como sinxelos, con maior ou menor éxito.

É un disco rico en xéneros: Conta cun clima carnavalesco e festeiro en Carnaval toda la vida (o himno de Capello) e Gitana (de Cianciarulo, cun retrouso inconfundible), murga-ska en Manuel Santillán, el León, baladas fermosas (Siguiendo la luna e Venganza), ou reggae e salsa (El aguijón e El crucero del amor).

A edición en vinilo deste álbum viuse reducida a unhas limitadísimas 500 copias (rumoréase que incluso menos ). Por cuestións de espazo, nesa edición só están 12 dos 15 temas que contén o CD orixinal, e na época a produción de discos nese formato era moi escasa polo furor xerado polo "revolucionario formato" do disco compacto.

Aínda que non ofreceu o éxito agardado en vendas, El León é unha mostra contundente do proceso de maduración creativa da banda, que culminará ó ano seguinte.

Vasos Vacíos[editar | editar a fonte]

En 1993 edítase Vasos Vacíos, unha compilación de 17 éxitos, contendo como bonus versións novas de éxitos pasados, e dous temas inéditos ata a época: Matador e V Centenario. O primeiro axiña foi un éxito en ámbolos dous lados do océano, reivindicando á banda como artistas comerciais e provocando un récord de vendas do CD.

Matador é unha samba reggae que narra as historias dun criminal no ámbito riopratense. O vídeo da canción, dirixido por Pucho Mentasti, foi recoñecido nos Premios MTV de Vídeos Musicais como "Mellor Video Latino do Ano", ademais de colocar á canción como número 1 en case tódalas clasificacións radiais.

Unha das calidades do disco é que toma vellas cancións dos Cadillacs como El satánico Dr. Cadillac ou Te tiraré del altar, que se reconverterían en auténticos cánticos de seareiros deportivos. De feito, Matador converteuse no alcume do famoso futbolista chileno Marcelo Salas cando xogaba no River Plate.

Los Fabulosos Cadillacs gozaron do éxito durante o ano 94 realizando xiras e múltiples actuacións no estadio Obras Sanitarias de Bos Aires, das que extraerían as gravacións en directo que conforman o disco Fabulosos Cadillacs en vivo en Buenos Aires.

Foron a primeira banda latinoamericana en ter o seu propio unplugged na MTV, pero paradoxalmente resultou ser "Plugged", é dicir, un concerto eléctrico en vivo.

Rey Azúcar[editar | editar a fonte]

Os integrantes da banda afirman que a época de Rey Azúcar (1995) foi "a primavera da banda". Gravado en estudios californianos, Rey Azúcar amosan uns Cadillacs máis contundentes e comprometidos politicamente. O son recolle os seus traballos anteriores, especialmente os ritmos latinos xa explorados en El León, mesturados con ska e reggae.

Houbo tres sinxelos deste CD:
Mal Bicho foi o primeiro. A canción soa como un gran berro de repudio ós causantes das múltiples atrocidades cometidas en varios países latinoamericanos durante os anos 70, en especial na Arxentina. Fai lembrar a Matador, pero tivo considerable éxito. O videoclip foi prohibido en varios países.
Strawberry Fields Forever, versión dun clásico de The Beatles, en ritmo de rock steady con estrela vocalista invitada: Deborah "Debbie" Harry da banda Blondie.
Las venas abiertas de América Latina, rotunda canción que leva o nome dun libro do escritor uruguaio Eduardo Galeano. Unha rara mestura punk-ska-hardcore levada ó límite.

Aínda que estes foron os sinxelos, non significa que sexa o mellor do álbum: Reggaes tristóns como Ciego de amor (de Rotman, que recorda a Siguiendo la luna), a apegadiza Carmela, as estrondosas Paquito (o relato dun mozo portador do VIH), e Hora Cero, as exquisitas Reparito (metade instrumental salsesco, metade cantada), Muerte Querida, e a inconfundible letra de Padre Nuestro, que seica está dedicada a Kurt Cobain, o líder da banda de grunge Nirvana falecido en 1994.

Logo do Rey Azúcar, e cunha incipiente fama nos Estados Unidos, en 1996 gravan unha versión de Charlie don't surf de The Clash, para un disco homenaxe a dita banda. Tamén lanzan un sinxelo gravado a man coa banda de ska norteamericana Fishbone; o sinxelo foi What's new pussycat?, versión da afamada canción do galés Tom Jones.

O resto do ano, os Fabulosos deron recitais por toda Arxentina e por Latinoamérica, e mesmo por Europa, algo non moi común en bandas procedentes da Arxentina. Nesta xira compartiron escenario con The Sex Pistols, Cypress Hill ou Red Hot Chilli Peppers, no festival "Saint Gallen, ó aire libre" onde Los Fabulosos Cadillacs pecharon o evento malia non seren os máis coñecidos de entre os participantes.

A mediados de 1996 prodúcense novamente cambios na banda: o guitarrista e fundador Anibal "Vaino" Rigozzi abandona o grupo, tomando o mando como produtor do mesmo. No seu lugar entra o guitarrista Ariel Sanzo Ariel Minimal, que influiría no son do seguinte disco.

Fabulosos Calavera[editar | editar a fonte]

En 1997 preparan e editan o disco que os confirmaría como a gran banda do rock arxentino. O Fabulosos Calavera é un gran disco experimental, que presenta a uns Cadillacs máis jazzeiros, máis tangueiros e con toques de hardcore. Houbo tres sinxelos: El muerto, Calaveras y Diablitos e Sabato. Ademais destes temas hai outros que se destacan, como Surfer Calavera (unha rara mestura de tres estilos ben individualizados, comezando cunha intro con ventos ó estilo Crucero del amor, mudando cara ao jazz e cun retrouso moi pesado con guitarras distorsionadas), Howen (que lembra un ambiente Western), e a cativadora A.D.R.B (en busca eterna), cunha letra melancólica e que evoca un ambiente porteño.
O disco brindoulles numerosas satisfaccións, como gañar o primeiro Grammy a unha banda en toda Latinoamérica, en 1998.

Los Cadillacs seguen activamente realizando concertos durante ese ano, destacando o "Calavera Experimental Concherto", considerado por moitos o mellor recital da historia da banda, onde mesturando estraños sons emparentados co jazz e o blues, amosaron a súa versatilidade musical sen perder a identidade e calidade.

Ó mesmo tempo sae unha nova compilación de éxitos, simplemente titulada 20 Grandes Éxitos, con versións inéditas de cancións. Mal Bicho (con participación de Babasónicos, afamada banda arxentina) e unha canción que non chegou a saír no disco El Ritmo Mundial... chamada Igual a quién.

La Marcha del Golazo Solitario[editar | editar a fonte]

En 1999 lanzan o seu último traballo en estudio: La Marcha del Golazo Solitario. Un exquisito disco inzado de cancións boas, e que presenta a uns Cadillacs que volven ás bases do seu éxito pero seguindo o camiño da experimentación.

Houbo catro sinxelos: La Vida, unha canción moi pegadiza que abre o disco.
Vos Sabés, cun vídeo que causou controversia por amosar corpos espidos.
Los Condenaditos, cun retrouso pegadizo e melancólico nun ritmo samba que recorda ós libros Sub Terra e Sub Sole do chileno Baldomero Lillo.
C.J, eterna balada romántica de Fernández.

Outras cancións interesantes do disco son Cebolla, el nadador, a orquestrada Aguila, ou a instrumental 57 Almas.

Nunha época na que Arxentina estaba atormentada pola mala xestión económica dos diferentes executivos, seguiron as presentacións en vivo do disco.

En setembro de 2000 festexan o seu 15 aniversario no Estadio Obras Sanitarias de Bos Aires, editando a gravación en vivo de dito concerto en dous CD: "Hola" e "Chau".

Anos máis tarde, no 2006, sae á venda un DVD con dita presentación en vivo titulada, igualmente "Hola / Chau".

No 2001, continúan coa xira de festexo de 15 anos. Destaca un concerto no Teatro Astros de Bos Aires co nome de "Loco Miedo Loco", caracterizado por ter versións propios de diversos xéneros, como Sus ojos se cerraron (inmortal tango de Carlos Gardel), Sucio y desprolijo (achegado ó blues rock) ou El Cantante.

Neste ano evidenciábase unha situación de inestabilidade. Dous dos integrantes saen da banda: Mario Siperman (teclados) e Daniel Lozano marchan por razóns pouco claras.

A separación[editar | editar a fonte]

Os rumores de separación vanse incrementando durante o 2002, aínda que os Cadillacs argumentaban que "só queremos probar sorte como solistas... pero nunca nos separamos".

Nese ano o cantante da banda, Vicentico, presenta o seu primeiro traballo como solista, titulado Vicentico, con respectable éxito. Os outros membros continúan coas súas bandas paralelas a Los Fabulosos Cadillacs, como Pez (de Ariel Minimal), Cienfuegos (de Sergio Rotman), La cornetita (creada xa en 1999, proxecto de Fernando Albareda e integrado por algúns dos ventos de Cadillacs), Mimí Maura (Sergio Rotman, Fernando Ricciardi, Gerardo Rotblat) ou ben forman outras novas como Flavio y la Mandinga (de Flavio Cianciarulo). Outros proxectos como "Tesoro Mío" (banda sonora dunha película), editado en 1999 e composta por Mario Siperman e Daniel Lozano, tiveron a súa moderada fama underground. Tamén Gerardo Rotblat formou a súa propia banda, Orquesta Jabalí, a mediados de 2005, editando un disco ese mesmo ano.

Nos anos seguintes (2003-2006) non houbo aparentes noticias de reunion, aínda que os integrantes coas súas respectivas bandas presentan os seus novos traballos. Pero en maio de 2006 a banda se reúne para gravar unha versión homenaxe no disco ¡Calamaro Querido! Cantando al Salmón dedicado ó cantautor de rock arxentino Andrés Calamaro. Isto fai supor unha futura reunión da banda.

En xullo de 2007, mentres continúa co seu proxecto solista The Flavio Mandinga Project, Flavio Cianciarulo conduce "Sonidero FM" un programa de radio barrial no partido de San Martín. Os martes á noite son de música e amigos para o Condutor Enmascarado. Nunha das súas emisións xúntase con fabulosos amigos a tocar temas en vivo e divertirse, asistindo Fernando Ricciardi, Sergio Rotman, Gabriel "Vicentico" Fernandez Capello, Luciano Jr, Hugo Lobo (Dancing mood), e Flavio (o anfitrion). Foi o primeiro gran reencontro dalgúns dos integrantes para tocar algúns temas de modo acústico.

O 19 de agosto de 2007 Flavio Cianciarulo, coa súa Mandinga Project, presenta o seu terceiro disco en The Roxy, Bos Aires. O disco chámase Supersound 2012, e é unha noite de amigos tamén, falándose da reunión tan esperada do grupo. Nesa ocasión están case tódolos integrantes agás Vicentico.

Este suceso pasa desapercibido para a prensa. Dise que a "mafia da música" exerceu presión sobre tódolos integrantes para impedir a xuntanza, e impidiu o ingreso da prensa. O único integrante que acata as normas da discográfica é o cantante.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • Bares y Fondas (1986).
  • Yo te Avisé (1987).
  • El Ritmo Mundial (1988).
  • El Satánico Dr. Cadillac (1989).
  • Volumen 5 (1990).
  • Sopa de Caracol (1991).
  • El León (1992).
  • Vasos Vacíos (1993).
  • Cadillacs en Vivo (1994).
  • Rey Azucar (1995).
  • Fabulosos Calavera (1997).
  • 20 Grandes Exitos (1998).
  • La Marcha del Golazo Solitario (1999).
  • Hola (2001).
  • Chau (2001).
  • Hola y Chau (Versión Española) (2001).

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • El Satánico Dr. Cadillac.
  • La Vida.
  • Calaveras y Diablitos.
  • El Muerto.
  • Mal Bicho.
  • Mal Bicho(Extended Mix).
  • Matador.
  • Vasos Vacíos.
  • Matador.
  • Marinero en Tierra.
  • Tributo a Neruda.
  • Gitana.
  • Strawberry Fields For Ever.
  • Grosse Pointe Blank.
  • Crónica.
  • I Like it Like That.
  • Peso Argento.
  • Silencio Hospital (Cd Promocional do Bares y Fondas).
  • Gasoleros (Vicentico).
  • Condor Crux.
  • Obras Cumbres.

Compilatorios[editar | editar a fonte]

  • Los Fabulosos Cadillacs 20 Aniversario.
  • Los Fabulosos Cadillacs Unplugged.
  • Los Clásicos del Rock en Español.
  • El legado de Los Fabulosos Cadillacs (volume 1).
  • Los Fabulosos Cadillacs 3 CD.
  • El legado de Los Fabulosos Cadillacs (volume 2).

Outros[editar | editar a fonte]

  • Flavio solo, viejo y peludo.
  • Vicentico.
  • Flavio Calaveralma Trio.
  • El Marplatense.
  • Tesoro Mio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]