Los Chichos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los Chichos
OrixeVallecas, España España
Período1973-2009
Xénero(s)Flamenco, rumba
Selo(s) discográfico(s)Polygram, Universal Music, Phillips
MembrosEmilio González Gabarre, Julio González Gabarre, Emilio González García (cantante)
Antigos membrosJuan Antonio Jímenez Muñoz (Jero)
Na rede
Web oficial (en castelán)
Musicbrainz: d54ea4a6-0b9c-4e47-bed0-289ae9ff4037 Songkick: 178353 Discogs: 1227598 Editar o valor em Wikidata

Los Chichos é un grupo de rumba flamenca formado polos irmáns Julio e Emilio González Gabarre e mais polo fillo deste, Emilio González García ("Junior"). Son os máximos expoñentes da rumba española e un dos grupos musicais españois contemporáneos máis importantes cuns vinte millóns de discos vendidos[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios (1973-1980)[editar | editar a fonte]

Emilio González Gabarre comezou a actuar en Salamanca, acompañando coa guitarra os cantes dun familiar seu. Regresou a Madrid acompañado polo seu irmán Julio, sendo representados por Eduardo Guervós, que comezou a procurarlles actuacións. O nome procede do alcume de Emilio, "El Chicho".

Deron o seu primeiro concerto na sala Nuevo Electra de Vigo. A sala obrigounos a contratar a outro membro como percusionista, e acompañounos Juan Antonio Jímenez Muñoz "Jero", un rapaz valisoletano que marchou vivir a Madrid ao quedar orfo de pai con 5 anos. Na viaxe dos tres cara a Vigo, Jero amosoulles temas de composición propia, como "Libre libre quiero ser".

O pai de Paco de Lucía presentounos ante a produtora Phillips, que comezou a editar os seus primeiros sinxelos. Producidos por Torregrosa, que colaborou na peculiar sonoridade do grupo: rumba-rock contundente gravada co exclusivo sistema Dolby-B, con deixe da música das películas de cine kinki e blaxploitation da época, cunha potente liña de baixo-percusión e arranxos orquestrais na sección de vento. As súas letras falaban da vida nos barrios obreiros da periferia urbana, onde a droga e a delincuencia comezaban a facer estragos. Tamén se fala das relacións sociais, como o amor.

Ao tempo, "Jero" compuxo tres temas para o primeiro disco de Las Grecas, paradigma do gipsy-rock do momento, destacando "Orgullo".

A partir do cuarto disco incluíron temas compostos por Emilio e sons de sintetizador. Isto achegou o seu son a discotecas, salas de billar e barracas de feira. O disco Hoy igual que ayer é máis lento, con temas case melódicos, se ben con Amor y ruleta (1979) retomaron a rumba-rock. Isto permitiulles aumentar as súas aparición televisivas e os concertos.

Éxito (1980-1985)[editar | editar a fonte]

Na década de 1980 acadaron grande éxito, o que serviu para renovar o seu contrato con Philips, lanzando a ritmo dun LP por ano. O disco Adelante presenta novidades, con son de sintetizadores e arranxos lixeiramente tecno moi vangardistas, que substitúen os antigos sons orquestrados. Con todo, regresaron á antiga forma musical por considerala máis auténtica no seguinte disco, Yo, el Vaquilla (1985), escrito expresamente para a película homónima e que acadou unha popularidade sorprendente.

Decadencia (1985-1990)[editar | editar a fonte]

Nestes cinco anos editaron só dous discos de estudio, por mor das discusións internas (especialmente entre Jero e Julio) e os problemas coas drogas, o que provocou a marcha de Juan Antonio Jiménez. Como punto final, quedou un dobre álbum en directo, gravado na sala Jácara de Madrid con todos os seus éxitos.

Nova formación (1990-2009)[editar | editar a fonte]

Os irmáns González retomaron o grupo coa incorporación do fillo de Emilio, Junior, que xa substituíra a Jero nalgunhas galas. A admisión definitiva no grupo chegou tras un concerto en Montjuïc en 1991. Porén, a calidade do trío resentiuse, e os tres discos editados na década de 1990 non acadaron o nivel dos anteriores.

Ao tempo, Jero (xa como "Jeros"), editou dous discos mediocres, se ben a súa figura seguiu sendo admirada e respectada. Porén, non soportou a situación e suicidouse en 1995.

No ano 2000 acadaron de novo os primeiros postos nas listas de vendas coa reedición dunha recompilación en dobre CD. No 2001 editaron Ladrón de amores, cunha imaxe máis elegante, cambios na temática das cancións e unha boa produción, chegando a ser disco de ouro. No 2002 editaron Cabibi, e en 2009 El amor deja Sentencia.

Discografía[editar | editar a fonte]

Recompilacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los Chichos" Arquivado 08 de marzo de 2007 en Wayback Machine., en www.esflamenco.com (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]