Lorenzo Novás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLorenzo Novás
Biografía
Nacemento1880 Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Lorenzo Novás Rarís, nado en 1880 e finado en Pontevedra en agosto de 1946,[1] foi un fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1894, con 14 anos, entrou como aprendiz no estudio de Francisco Zagala. En 1897 cando Zagala solicita un fotógrafo profesional para o seu estudio, Lorenzo Novás é o elixido para o posto, que desempeñou de forma autónoma. Colaborou con Zagala facendo as fotografías que este lle encargou, principalmente as de exteriores, ó tempo que tamén traballou con outros fotógrafos da época, como Cobián, e monta un estudio fotográfico na veciña vila de Marín. Despois do agravamento da enfermidade crónica de Zagala que no ano 1900 case lle ocasiona a morte, encárgase de facer case todas as fotografías de campo para o seu estudio.

Logo da morte de Zagala en 1908,[2] foi o fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra e ademais fíxose cargo do estudio Zagala Fot. ata a súa venda en 1911; nesta época asinou algunhas imaxes como "Sucesor de Zagala". Cara ós anos 1911-12 formou unha sociedade co tamén fotógrafo Cobián, "Cobián y Novás". En 1917 constituíu a Sociedade Sáez Mon y Novás, cuxo estudio se inaugurou o 14 de febreiro, manténdose a sociedade ata 1934.

En 1945, facilitou ó Museo de Pontevedra, do que era fotógrafo desde 1924, 1 230 clixés. Colaborou como fotógrafo en revistas como Vida Gallega, Almanaque Gallego, La Temporada en Mondariz e Estampa e periódicos como Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Galicia. Diario de Vigo, El Pueblo Gallego e Relicario Monumental de Galicia de Jose Cao Moure e da editorial P.P.K.O. de Vigo. Moitas fotos da cidade de Pontevedra de comezos do século XX débense á súa autoría, así como as imaxes de varios lugares e monumentos da provincia.

Premios[editar | editar a fonte]

Obtivo varios premios fotográficos:

  • Medalla de Prata na Exposición Rexional de Lugo de 1915.
  • Premio especial do Concurso Nacional de Fotografía de Tarrasa en 1917 coa foto "Saudade"
  • 1ª medalla en Londres coa fotografía Un Golfo en 1923.
  • 1º premio na exposición Pontevedra en 1925.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era tío de Manuel Cuña Novás e curmán de Juan Novás, un dos fundadores do Museo de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Ciudad, 26-8-1946, p. 8.
  2. Páxina de Francisco Zagala no Museo de Pontevedra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Díaz Martínez, Carlos; Freixanes, Víctor F.; Fortes Bouzán, Xosé (2001). A memoria de Pontevedra. Vigo: Xerais. ISBN 84-8302-721-6. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]