Longford - An Longfort
| Longford An Longfort |
|||
|---|---|---|---|
| Provincia | Leinster | ||
| Condado | condado de Longford | ||
| Área | 1.091 km² | ||
| Poboación | 13.000 aproximadamente hab. | ||
| Altitude | 72 metros | ||
| Páxina web | www.longfordcoco.ie | ||
|
|||
| Cidade da República de Irlanda |
|||
Longford (An Longfort en irlandés) é unha vila do Condado de Longford, en Irlanda. É a capital do condado homónimo. Conta cunha poboación próxima aos 13.000 habitantes.
Nome [editar]
O seu nome vén do irlandés long (barco) e phoirt (porto).
Historia [editar]
Construída na veira do Río Camlin (derivado do gaélico "Cam line" - a liña quebrada) que é un afluente do Río Shannon. A vila foi fundada orixinalmente polos viquingos co nome de Long Phoirt. Os habitantes celtas de Éire non construíron ningunha vila, mais a zona estaba controlada por un clan local, que controlaba o Sur e a parte central do Condado de Longford (antigo Reino de Anghaile ou Annaly). A vila é ás veces coñecida tamén polo nome de Longphort Uí Fhearghail (Fort de O'Farrell), un priorato Dominicano fundado en 1400.
A catedral de St. Mel é a sé da diocese católica de Ardagh e Clonmacnoise, foi destruída por un incendio no Nadal de 2009.