Long Duration Exposure Facility

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Long Duration Exposure Facility / LDEF
LDEF after deployment.jpeg
LDEF xusto despois de ser soltado desde o transbordador Challenger.
Tipo Experimental
Organización NASA
Destino actual Regresado a terra.
Data de lanzamento 6 de abril de 1984, 13:58 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Transbordador espacial Challenger[2][5]
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Duración da misión 5 anos e 9 meses[2]
Obxectivo da misión Experimental, demostrador tecnolóxico.[2][6]
Regreso 11 de xaneiro de 1990[5][2]
Sitio de regreso Base Edwards da Forza Aérea[5][2]
NSSDC ID 1984-034B
Masa 9710,0 kg[2]
Dimensións 4,3 m de diámetro e 9,1 m de lonxitude[5][2]

LDEF (acrónimo de Long Duration Exposure Facility) foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 6 de abril de 1984 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

LDEF foi un satélite artificial pasivo desenvolvido pola NASA para ser lanzado polos transbordadores espaciais e ser deixado libremente en órbita durante un tempo, levando a bordo gran cantidade de experimentos científicos e tecnolóxicos. LDEF foi pensado para ser recuperado nun voo posterior por outro transbordador espacial para ser devolto a terra, os seus experimentos analizados por científicos e técnicos en laboratorios terrestres e, dado o caso, volver ó espazo con outros experimentos.[2][5][6]

A estrutura de LDEF consistía nun cilindro de aluminio de 4,3 metros de diámetro e 9,1 metros de lonxitude cunha serie de bandexas e armarios internos nos que acomodar diversos experimentos, algúns expostos directamente ó baleiro e outros pechados. A estrutura en si non dispoñía de enerxía, comunicacións nin capacidade de manobra. Cada experimento debía ser capaz de suministrar autonomamente a enerxía necesaria e as súas propias comunicacións, se as necesitaba.[2][5][6]

LDEF estabilizábase mediante gradente gravitatorio[2][5][6]

Historia[editar | editar a fonte]

A única unidade LDEF construida foi lanzada ao espazo a bordo do transbordador espacial Challenger o 6 de abril de 1984 e deixado nunha órbita case circular duns 500 km de altura ao día seguinte. Levaba a bordo 57 experimentos en 86 aloxamentos, implicando a 200 investigadores principais de 33 compañías privadas, 21 universidades, sete centros da NASA, nove laboratorios do Departamento de Defensa e oito países ademais dos Estados Unidos.[2][5][6]

A recollida de LDEF estaba prevista para o ano seguinte, pero foi posposta por razóns loxísticas. O accidente do transbordador Challenger en 1986 produciu un parón no programa de lanzamentos que fixo que LDEF permanecese en órbita 5,7 anos, máis de catro anos máis do previsto, ata a súa recollida polo transbordador espacial Columbia o 11 de xaneiro de 1990. Ao seu regreso a terra, os experimentos de LDEF foron enviados ós seus respectivos laboratorios. Algúns dos experimentos beneficiáronse dunha estancia máis prolongada do previsto no espazo.[2][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "LDEF" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=14898. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 "LDEF 1" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1984-034B. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  3. (PDF) Information Furnished in Conformity with the Convention on Registration of Objects Launched into Outer Space. 13 de xullo de 1984. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=638. 
  4. "LDEF" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1984.html#LDEF. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 5,9 "LDEF" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ldef.htm. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 "LDEF" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/ldef.htm. Consultado o 2 de xullo de 2013.