Lombardía - Lombardia

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Vista panorámica dunha paisaxe montañosa en Castello dell'Acqua (Lombardía)
Vista panorámica dunha paisaxe montañosa en Castello dell'Acqua (Lombardía)
Localización da Lombardía (Italia)
Localización da Lombardía (Italia)

Lombardía (Lumbardia en lingua insubre) é unha rexión administrativa con estuto ordinario na Italia noroccidental, instituída en 1970. Ten máis de 9,5 millóns de habitantes e 23.854 km² nas súas 12 provincias e 1546 concellos, tendo a capital en Milán. Situada entre os Alpes e o val do Po, limita ao norte con Suíza (cantón Tesino e Grigioni/Graubünden), ao oeste co Piemonte, ao leste co Véneto e o Trentino-Alto Ádige/Südtirol e ao sur coa Emilia-Romaña.

Índice

[editar] Xeografía

Lago di Como (Lombardía)
Lago di Como (Lombardía)

A superficie da Lombardía divídese case a partes iguais entre a chaira (que representa perto do 47% do territorio) e as zonas montañosas (que representan o 40%). O restante 13% da rexión é zona de outeiros. Morfolóxicamente, a rexión divídese en catro partes: unha estrictamente alpina, outra montañosa ou de outeiros, outra chá subidividida en alta e baixa e finalmente a área ao sur do río Po. A rexión é atravesada por ducias de ríos e está bañada por centos de lagos de orixe natural e artificial, sendo os máis significativos o Lago di Garda, Lago Maggiore, Lago di Como e o Lago d'Iseo.

[editar] Clima

O clima lombardo é de tipo semicontinental na chaira (clima padano) con invernos bastante fríos (as temperaturas poden chegar a mínimos de -11ºC) e veráns calorosos, húmidos e moderadamente chuviosos: a zona limítrofe aos lagos ten un clima similar ao mediterráneo que permete o cultivo de oliveiras. A faixa prealpina e o alto Oltrepò teñen un clima fresco, a media montaña alpina un clima frío. No verán non é difícil atopar temperaturas sobre os 35ºC.

[editar] Historia

Ao longo da historia pasaron múltiples pobos pola actual Lombardía. Etruscos, celtas ou galos, precederon aos romanos (século III a.C.).

Nos últimos anos do Imperio romano, a relativa veciñanza co Danubio favoreceu numerosas incursión de pobos bárbaros no territorio lombardo; coa definitiva caída do occidente romano, alternáronse a posesión do territorio ostrogodos e bizantinos.

Os bizantinos foron sustituídos polos longobardos 559-774), un pobo procedente da escandinavia, que converteron a Lombardía no centro do seu reino, sendo Pavia a súa capital. No 774 o rei dos francos, Carlo Magno, foi chamado a Italia polo Papa que estaba ameazado polos longobardos. Xunto co seu exército en Pavia, Carlo Magno fixo prisioneiro ao rei longobardo Desiderio, dando comezo ao dominio dos francos na Lombardía. Carlo Magno dividiu as terras en feudos e os subordinou á administración don nobres da súa confianza, chamados "vasalos" (en italiano "vasalli"), que gobernaron o territorio no seu nome, dando inicio á estructura política que caracterizou o Alto Medievo.

Entre os séculos XII e XIV diversas cidades lombardas estiveron baixo control de familias aristocráticas, as máis potentes foron os Gonzaga en Mantova e os Sforza en Milan. Os representantes destes nobres chamaron ós artistas máis famosos que embeleceron as súas pertenzas e as cidades. A Lombardía enriquecéuse así con marabillosas obras de arte como o castelo Sforzesco de Milan. Desde a fin do século XV a Lombardía volve converterse en terra de conquista: primeiro chegaron os franceses, despois foi cedida aos españois que se mantiveron bastante tempo. Durante esta dominación a rexión coñeceu, despois dun primeiro periodo de prosperidade, unha progresiva decadencia, agravada no século XVII pola epidemia da peste. En 1706 foi eredada polos Austrias, que case un século despois foron expulsados por Napoleón Bonaparte, quen dominou a rexión durante 20 anos. Caído Napoleón, producíuse a restauración e os Austrias volveron. Por causa do Movimento de Independencia Lombard (Movimento d'Independenza Lombarda en italiano) a rexión foi centro de feroces loitas durante trinta anos, que terminaron en 1859, cando a Lombardía é definitivamente liberada da ocupación extranxeira.

[editar] Demografía

Con máis de nove millóns de residentes a Lombardía é a rexión máis populosa de Italia e está entre as primeiras de Europa, cunha poboación por encima da de países como Austria, duplicando a norueguesa e moi semellante á das grandes rexións europeas como Nord Reno-Westfalia, Baviera, île de France ou Baden-Wurttemberg, que superan os dez millóns de habitantes. Os lombardos supoñen o 16% da poboación italiana e viven no 7,9% do territorio, dando orixe a unha densidade demográfica próxima aos 400 hab./km², só superados en densidade pola Campania. A provincia máis poboada é a de Milan, seguida da de Brescia e Bérgamo, mentres que a menos habitada é a de Sondrio. A inmigración foi o factor máis significativo no eido demográfico nesta rexión no último século. O aumento de 5 millóns de habitantes, principalmente na posguerra, ten orixe sobretodo na inmigración de outras rexións italianas (noreste e sur). A poboación extranxeira presente na Lombardía (665.884 hab. en 2006) constitúe case a cuarta parte do total italiano, representando o 6,3% do total da poboación lombarda. Desde os últimos anos do século XX, en Lombardía e en Italia, ten comezado un fluxo migratorio procedente de países non europeos, particularmente africanos, asiáticos e sudamericanos, así como da Europa oriental. A presenza humana no territorio é caracterizada por unha grande desuniformidade, dado que se concentra entre as provincias de Varese, Como, Lecco,Milan e Bérgamo. Territorio que ten máis de 6,5 millóns de habitantes, caracterizado por un contínuo urbano chamado "città infinita".

[editar] División administrativa

A rexión divídese en 12 provincias:

[editar] Economía

A Lombardía é considerada unha rexión altamente industrializada. Esta imaxe nace na revolución industrial, que se produce na Lombardía no século XIX e se incrementa co boom económico da posguerra. É considerada a rexión máis rica de Italia e entre as rexións con maior renda per cápita da UE. O PIB lombardo (con 254.447 millóns de euros) é superior ao de países como Arabia Saudí, Noruega, Sudáfrica, Arxentina ou Portugal. A economía lombarda caracterízase polo desenvolvimento dunha ampla variedade de sectores, indo dos tradicionais como a agricultura e a gandeiría, á industria pesada e lixeira, pasando polo sector terciario, que experimentou un forte desenvolvimento nas últimas décadas. A industri florece en múltiples sectores, particularmente, nas áreas metalmecánica, electrónica, siderúrxica, textil, química e petroquímica, farmacéutica, alimentar, editorial, calzado e mobiliaria. Milan é a súa provincia representan máis do 40% da industria lombarda. No terciario, é importante o peso do comercio e das finanzas. En Milan ten a sede a Bolsa italiana, entre as principais prazas financeiras europeas, e a Feira de Milan (en italiano Fiera di Milano). O turismo (das cidades de artes, montaña e lagos) ten un peso cada vez maios.

[editar] Linguas e Cultura

Sinalización bilingüe na Lombardía
Sinalización bilingüe na Lombardía

Na Lombardía, ademáis do italiano, fálanse o insubre ou lombardo occidental nas provincias de Varese, Como, Lecco, Sondrio, Monza, Brianza, Milan e Lodi, e o orobico ou lombardo oriental nas provincias de Bérgamo e Brescia, así como no Cremasco e nos concellos do Val de San Martino na provincia de Lecco. Tamén se fala o lombardo meridional de transición co emiliano nas provincias de Cremona e Mantova. Estas linguas pertencen á familia lingüísticas galoitálica e son faladas en grande parte da rexión, así como en Suíza (no cantón de Tesino) e nas zonas fronteirizas coa Lombardía no Piemonte e no Trentino. Os principais monumentos lombardos son:

[editar] Deportes

Entre os clubes lombardos, destacan sobretodo os de fútbol:


Rexións de Italia Bandeira de Italia

Abruzzo | Basilicata | Calabria | Campania | Emilia-Romagna | Friuli-Venecia Giulia | Lacio | Liguria | Lombardía | Marche | Molise | Piemonte | Puglia | Sardeña | Sicilia | Toscana | Trentino-Alto Ádige | Umbria | Valle d'Aosta | Véneto

Ferramentas persoais