Lola Herrera
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Lola Herrera, nada en Valladolid o 30 de xuño de 1935, é unha actriz de teatro e cine española.
Traxectoria [editar]
Os seus inicios son musicais pero a mediados dos cincuenta viaxa a Madrid e comeza a súa andaina como actriz. Participa en O pórtico a gloria a súa primeira película no ano 1953. Intervén en multitude de obras de teatro filmadas para RTVE durante toda a súa carreira. En 1978 realiza Arriba Fazaña, onde comparte protagonismo con Fernando Fernán Gómez e Héctor Alterio entre outros. En 1981 protagoniza Función de noite unha innovadora proposta da directora Josefina Molina e que narra as desventuras dun matrimonio de actores na vida real, Herreira e Daniel Dicenta, e as relacións cos seus fillos. Lola Herrera sempre se sentiu orgullosa deste papel e denomina ó filme como "unha terapia". En 1982 coprotagoniza xunto a Alfredo Landa A próxima estación de Antonio Mercero e que narra a problemática xuvenil.
En 1996 participa en O amor prexudica seriamente a saúde onde dá vida á suegra de Juanjo Puigcorbé. Nestes últimos anos participou en numerosas series de televisión, entre as que destacan A casa dos líos xunto a Arturo Fernández, O grupo na cal interpretaba á nai dunha das pacientes do grupo levado polo psicólogo Hector Alterio e Un paso adiante onde daba vida á directora da academia de baile e interpretación onde transcorría a acción.
Moito máis vencellada ó teatro que ó cine ou á televisión, está considerada unha das grandes damas da escena española por crítica e público. Entre as súas interpretacións teatrais máis lembradas cómpre salientar as de Las amarga lágrimas de Petra von Kant ou Cinco horas con Mario, monólogo desenvolvido a patir da obra de Miguel Delibes e que leva representando máis de 25 anos. Entre os seus últimos éxitos esta Solas adaptación teatral da película do mesmo nome.
Premios [editar]
Lola Herrera recibiu entre outros premios, o Max das artes escénicas por Solas en 2006, Fotogramas de Plata en 2005 e 2006 por Cinco horas con Mario e Solas respectivamente e o Premio Ercilla de Teatro a toda unha vida dedicada ó teatro.
Vida persoal [editar]
Casada co actor Daniel Dicenta, divorciouse, tendo dous fillos en común, Natalia e Daniel. Natalia Dicenta, compartiu cartel coa súa nai en varias ocasións, entre elas en "Eva al desnudo", e a última ocasión en Solas onde interpretaba á súa filla na ficción. Por este papel foi nominada ós Fotogramas de Prata e ós Premios Max.
