Lois Antón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLois Antón
Biografía
Nacemento1931 Editar o valor em Wikidata
Escudeiros, España Editar o valor em Wikidata
Mortexullo de 2018 Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, Teatro
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4965956

Lois Antón Pérez, nado en Escudeiros (Ramirás) en 1931 e finado o 28 de xullo de 2018,[1] foi un escritor galego, autor de teatro e poesía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, a súa obra é de carácter popular, destacando polo compromiso coa clase traballadora e coa reivindicación da nación galega, ademais dunha especial preocupación polo mundo da infancia. Foi colaborador de diversas causas solidarias, entre as que destacou a súa implicación na homenaxe aos represaliados no alto do Forriolo, e diversas colaboracións na revista Arraianos.

No ano 2017 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega en recoñecemento a unha vida adicada a literatura popular en e desde Ramirás.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Pequeno poemario para xente pequena, 2004.
  • A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola, 2005.
  • Vellos e novos cantares. Regueifas e desafíos, 2012.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Outras[editar | editar a fonte]

  • Voz da terra, arela do pobo. Letras para o Lois Antón: Recoñecemento a un nacionalista galego de base, 2009. Editado pola Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Inspirada na súa figura.
  • Aos bos e xenerosos. 2014. Edizer / Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]