Logo de Google
O logo de Google é un deseño creativo que forma parte da imaxe corportaiva da empresa Google. O logotipo actual foi deseñado por Kedar Ruth, baseado na tipografía Catull. Para celebrar eventos especiais, Google troca o logo tradicional por un alusivo ó evento, o que recibe o nome de doodle.[1]
Índice |
Historia do logo[editar]
Nos comezos de Google, Sergey Brin, fundador de Google xunto con Larry Page, crearon unha versión do logotipo coa axuda do programa de retoque fotográfico GIMP. O signo de exclamación colocado ó final do logotipo lembra ó de Yahoo!
Google Doodle[editar]
O primeiro Google Doodle que apareceu na páxina principal do motor de busca foi Burning Man o 30 de agosto de 1998. Os logotipos posteriores de Google foron deseñados polo deseñador gráfico Dennis Hwang, quen foi contratado por Larry Page e Sergey Brin para deseñar un logotipo que representase o Día da Bastilla.
Algúns logotipos de Google deseñaronse para conmemorar os nacementos e mortes de persoas famosas, como Isaac Albéniz, John Lennon, Andy Warhol, Albert Einstein, Leonardo da Vinci, Rabindranath Tagore, Louis Braille, Percival Lowell, Nikola Tesla, Enrique Granados, Béla Bartók, René Magritte, Michael Jackson, Freddie Mercury, Akira Kurosawa, H. G. Wells, Charlie Chaplin...
Notas[editar]
- ↑ Google, Historia de los doodles.