LocoRoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


LocoRoco é un videoxogo xaponés lanzado no ano 2006 para a consola portátil PSP (PlayStation Portable) de Sony. O xogo foi deseñado e publicado por Sony Computer Entertainment. No xogo, o xogador debe "inclinar" o ambiente (premendo os gatillos da consola) para mover a unha variedade de criaturas, polo xeral "redondas" chamadas LocoRoco. O xogo foi creado por Tsutomu Kouno.