Lobos de Isengarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Lobos de Isengarda son uns seres mitolóxicos que aparecen na obra de J.R.R. Tolkien. Descríbense coma hienas de gran tamaño empregadas polos orcos coma monturas.

A este tipo de animal atribúeselle un referente histórico real, La Bête du Gévaudan, ou a Besta do Gévaudan, besta que asoballou a rexión francesa do Gévaudan a finais do ano 1700, e que no seu tempo foi descrita coma un enorme animal de gran cabeza, flancos vermellos cunha raia negra no lombo, e un rabo peludo.

Este paralelismo entre os Lobos de Isengarda e a Besta do Gévaudan queda máis patente se cabe coa descrición que desta última se fai na película Pacto de Lobos.