Lobeznos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′20″N 6°40′04″O / 42.03888889, -6.66777778

Lobeznos (Llobécianos en leonés) é unha localidade do municipio de Pedralba da Pradería, na provincia de Zamora. Está situado a 3,5 km de Pobra de Seabra na estrada que une esta poboación con Braganza. En 2020 tiña 28 habitantes. O seu nome derívase da abundancia de lobos no pasado.

Lingua[editar | editar a fonte]

Os veciños son bilingües en castelán e en leonés na súa variedade seabresa.

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Ermida do Santo Cristo: é unha pequena ermida recentemente restaurada na que se conserva a imaxe do Santo Cristo da Ascensión, moi venerada polos veciños e todos os que emigraron. As mulleres do lugar encoméndanlle os seus embarazos rezando nove credos ao redor da ermida.
  • Igrexa de Santolalla: situada no barrio da Preira, rodeada polo cemiterio local.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Lobeznos.es Arquivado 14 de abril de 2021 en Wayback Machine.