Lobelle, Carballedo
Lobelle | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Lobelle. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′09″N 7°49′17″O / 42.55242466, -7.82132034 |
Poboación | 65 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Lobelle é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2016 tiña 63 habitantes (28 homes e 35 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación. En 2014 65 (31 homes e 34 mulleres). En 2004 89 (47 mulleres e 42 homes) e en 1999 97 habitantes. En 2017 eran 60 (34 mulleres e 26 homes) segundo o INE. En 2018 66 (37 mulleres e 29 homes). En 2020 65, 33 mulleres e 32 homes.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A parroquia de Lobelle leva o nome do seu posuidor en xenitivo, quizais en latín Lupellus, diminutivo de Lupulus, derivado de Lupus (lobo) como antropónimo[2]. Popularmente moita xente di Novelle, como se tivese que ver con novo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial está en Lobelle da Abaixo, foi reconstruída no derradeiro terzo do século XIX, de estilo funcionalista.
Castro de Lobelle: Asentamento castrexo situado no lugar de Lobelle de Arriba. Polo lado N-NO está situado a 1 km aproximadamente do castro de Quintá. Coord. Xeográficas: Lonx.: 7º 49´ 33´´ e Lat.: 42º 33´ 17´´[3].
Lobelle na cultura popular
[editar | editar a fonte]Os de Trasar matan a besta,os de Lobelle cómena fresca,
e os de Quintá mandaron recado
que lles gardaran mitá do rabo. ![4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudos de toponimia galega, II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ "Patrimonio arqueolóxico, Concello de Carballedo". Concello de Carballedo. Consultado o 04/05/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 127. ISBN 84-7041-041-5.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Lobelle
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lobelle no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
Lobelle de Abaixo | Lobelle de Arriba | O Piñeiro | Quintela | Vilar de Mulleres |