Loaiïngea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Loaiïngea
Torre do reloxo

Loaiïngea é unha entidade de poboación de 70 habitantes en Súdwest Fryslân (Frisia) ao nordeste de Snits e que forma parte da denominada Snitser Fiifgea xunto con Gau, Goaiïngea, Offenwier e Skearnegoutum. A aldea ata 1984 pertenceu ao antigo concello de Wymbritseradiel para pasar ao de Snits ao que pertenceu ata a súa disolución o 1 de xaneiro de 2011. A torre do reloxo do cemiterio está declarada Monumento Nacional desde 1949.