Lluís Dalmau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Virxe dos Concellers (Mare de Déu dels Consellers)

Lluís Dalmau, poida que nado en Valencia e finado en Barcelona contra o 1460, foi un pintor gótico, é unha das figuras emblemáticas do gótico catalán que traballaría ao servizo da coroa durante o reinado de Afonso o Magnánimo.

Dalmau e o Gótico Internacional[editar | editar a fonte]

Per encargo do rei Afonso IV fixo unha viaxe a Flandres e a algunhas das provincias holandesas entre 1431 e 1436. Alí entrou en coñecemento directo coa pintura flamenga, especialmente con Jan van Eyck. Isto constituíu un acontecemento decisivo para a chegada do estilo gótico internacional a Cataluña e a introdución da técnica da pintura ao óleo. Porén no conxunto da Coroa de Aragón, desde 1438 está asentado en Valencia un discípulo directo de Jan Van Eyck, Lluís Alimbrot, a través do cal recibiría Jacomart as leccións da escola flamenga.

Obras[editar | editar a fonte]

Malfadadamente só se conservan dúas obras de Dalmau, que consten con sostén documental:

Obra atribuída[editar | editar a fonte]

Tamén se atribúe a Dalmau a decoración da bóveda do nicho da tumba de Santa Ximenis de Cabrera na catedral de Barcelona. Ademais hai documentos que proban que contratou retablos para Santa María del Mar, para a capela de Sant Elm e o convento de Santa Clara en Barcelona e aínda outro máis para Mataró.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]