Lluís Claret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lluis Claret
Nome completoLluis Claret i Serra
Data nacemento1951
Nado enAndorra la Vella, Andorra
IrmánsJoan Claret, Andreu Claret i Serra e Gerard Claret
OcupaciónViolonchelista
Instrumento(s)Violoncello
Na rede
Sitio web oficial
IMDB: nm1178336 Musicbrainz: 4deddce5-9dc9-4aec-a660-024a314c4c91 Allmusic: mn0002191268 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lluís Claret, nado en Andorra la Vella en 1951, é un violonchelista andorrano.

Biografía[editar | editar a fonte]

Lluís Claret naceu en Andorra a Vella en 1951, fillo de pais cataláns exiliados. Aos nove anos empezou a súa educación musical na súa localidade natal. En 1964 trasladouse a Barcelona, obtivo grandes recoñecementos no Conservatorio do Liceu e comezou a traballar con Enric Casals, irmán de Pau Casals. Claret continuou os seus estudos en Francia, Italia e os Estados Unidos, tendo contacto con grandes profesores como Maurice Gendron e Radu Aldulescu.

Ao longo da súa carreira dedicouse especialmente á Música de Cámara. Gañou primeiros premios en varios concursos internacionais de prestixio. É membro fundador do Trío de Barcelona e frecuentemente colabora con músicos de renome.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]