Lista de vías romanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vías romanas de Italia[editar | editar a fonte]

Mapa das vías romanas de Italia.
A Via Appia.

Estradas principais[editar | editar a fonte]

Vías romanas da Galia[editar | editar a fonte]

  • Via Agrippa (-118) desde Arles polo val do Ródano, por Orange e Valence cara Lión (Lugdunum) logo por Amiens cara Boulogne-sur-Mer, corresponde as actuais estradas RN 7 e RN 1.
  • Via Aquitania desde Narbona (ramal da Via Domitia) por Tolosa e Bordeos (Burdigala) cara a costa atlántica.
  • Via Domitia (-118 Gaio Domicio Ahenobarbo) prolonga a Via Augusta (procedente de Hispania) ao Col de Panissars, preto do actual Col du Perthus (Pireneos), por Narbona (Narbo) e Béziers cara Nîmes (Nemausus), por Pont du Gard, Beaucaire, Cavaillon, Apt, Sisteron, Gap, Embrun cara Briançon con empate cara o Col de Montgenèvre (Ver tamén : Via Fenollentis – Via Confluentana – Via Vallespiri).
  • Via Iulia Augusta (-13 Augusto) Prolongación da Via Aurelia e da Via Postumia desde Genova por Vado Ligure (Vada Sabatia), ao longo da costa lígur por Albenga (Albigaunum) e Ventimiglia (Albintimilium), atravesa os Alpes marítimos cara o Oeste, en dirección a Arles (Arelate) e Tarascon (enlace con a Via Domitia).

Vías romanas de Córsega[editar | editar a fonte]

  • Via Corsica desde Mariana por Aleria, Praesidium, Portus Favonius cra Pallas (costa oriental da illa).

Vías romanas de Hispania[editar | editar a fonte]

Vía XIX.

Vías romanas de Gran Bretaña (Britannia)[editar | editar a fonte]

  • Akeman Street Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Alchester - Cirencester (Corinium)
  • Ermine Street Cirencester (Corinium) - Swindon (Durocornovium ?) - Silchester (Calleva Atrebatum)
  • Fen Causeway Denver a Peterborough - Water Newton (Durobrivae)
  • Fosse Way Exeter (Isca Dumnonum) - Ilchester (Lindinis) - Bath (Aquae Sulis) - Cirencester (Corinium) - Leicester (Ratae)
  • King Street Peterborough - Water Newton (Durobrivae) - South Kesteven, Lincolnshire
  • London-West
  • Peddars Way ruta do Norfolk
  • Stanegate ao longo da muralla de Hadriano, desde Carlisle (Luguvallium) a Corbridge (Coria).
  • Watling Street Dover (Dubris) - Canterbury (Durovernum) - Londres (Londinium) - St. Albans (Verulamium) - Lichfield (Letocetum) - Wroxeter (Virconium)

Vías romanas transalpinas[editar | editar a fonte]

Estas estradas unen Italia con Alemaña (Germania), Austria e a actual Eslovenia.

  • Via Claudia Augusta (15 Nero Claudius Drusus) desde Véneto por Verona, Bolzano (Pons Drusi), Merano (Statio Maiensis), polo Reschenpass, Finstermünz e o Fernpass por Füssen (Foetes) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).
  • Via Claudia Augusta Altinate (47) desde Altino, no mar Hadriático, por Feltre, o val de Valsugana, Trento e o porto do col do Brenner ata Innsbruck (e logo cara Donauwörth).
  • Via Decia (250, Decio) desde Zirl (Teriolis) preto de Innsbruck sobre o novo ramal da Via Claudia Altinate polo Zirler Berg, ao val Leutasch, por Lermoos, através do val do Lech ata o val de Tannheim, polo Oberjoch ata Bregenz (Brigantium).
  • Via Gemina desde Aquileia a Ljubljana (Aemona), en Eslovenia.
  • Via Iulia Augusta (II) desde Aquileia cara o Norte, por Zúglio (Iulium Carnicum) e o Plöckenpass ata Drautal, sepárase en Irschen (castrum Ursen) cara Aguntum (preto de Lienz/Tirol oriental), Innichen (Littamum) e Veldidena (Wilten/Innsbruck), ou ben por Teurnia (preto de Spittal sur la Drau) e Virunum (preto de Klagenfurt) ata Iuvavum (Salzburg).
  • Via Mala de Milano (Mediolanum) polo paso de San-Bernardino através do val de la Via-Mala cara Lindau, e despois ata Basel e Strasbourg (Argentoratum).
  • Via Raetia (arredor do ano 200, Septimio Severo) desde Verona por Bolzano, Vipiteno, o Brenner e Matreio cara Wilten, preto de Innsbruck (Veldidena) e cara Zirl (Teriolis) e Mittenwald (Scarbia), Partenkirchen (Parthanum), Coreliacus e Epfach (Avodiaco) ata Augsburgo (Augusta Vindelicorum).

Vías romanas en Germania[editar | editar a fonte]

Vía romana no Eifel
Porta Nigra en Tréveris, Alemaña

Vías romanas cara Dalmacia e Grecia[editar | editar a fonte]

  • Via Flavia (78) desde Aquileia, Trieste e Pula, a través da península de Istria, por Rijeka, ata seguir a Dalmacia.
  • Via Egnatia (146, Gaius Egnatius) Prolongación da Via Appia cara Grecia, a partir de Durrës (Apollonia) por Ohrid, Thessaloniki, Amphipolis e Alexandroupolis ata Constantinopla.

Vías romanas en Asia Menor e Próximo Oriente[editar | editar a fonte]

  • Via Maris, trátase dunha estrada histórica litoral, con dirección Norte-Sur, que unía Europa e o Norte de África, diríxíase desde Grecia percorrendo a costa para continuar através de Asia Menor, por Beirut, no Líbano, ata Gaza, desde aí ata o Delta do Nilo e o que hoxe é o Cairo, xa en Exipto.
  • Via Nova Traiana (114 d.C.), na provincia de Arabia: ía de Bostra (en Arabia) a Siria e logo ata Aila, no golfo de Aqaba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]