Lista de prefixos e sufixos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sufixación e prefixación nas linguas do mundo.

O léxico técnico e científico utiliza adoito prefixos e sufixos na creación de palabras que denominen novos conceptos tomándoos habitualmente do latín ou do grego. Como é natural, este feito non se dá só no eido científico.

  • Prefixo é todo elemento que se coloca diante dunha palabra ou raíz para modifica-lo significado da palabra ou formar unha nova palabra cun significado diferente.
  • Sufixo é todo elemento que se coloca detrás dunha palabra ou raíz co mesmo obxectivo.

A[editar | editar a fonte]

  • a: ausencia, privación, negación. Ante vogal toma a forma an.
    • acromático, anemia, anestesia, anorexia, ápodo, ateísmo, atrofia, avitaminose
  • ab: separación
    • abdución, ablación
  • ad: dirección, proximidade, contacto
    • adrenal, adución, adverbio, adverso, adxacente
  • aero: aire
    • aerofaxia, aeronave, aeroporto
  • alo: diferente, variante
    • alóctono, alopatía, alopecia
  • alxia: dor
    • artralxia, neuralxia
  • anti: oposto, de propiedades contrarias
    • antibiótico, anticonceptivo, anticorpo, anticristo, antihistamínico, antimicrobiano
  • antropo: home
    • antropoloxía, antropomorfo
  • anxio: relativo ós vasos sanguíneos
    • anxiografía, anxioma
  • artro: articulación
    • artrite, artrose
  • auto: por un mesmo, propio
    • autobiografía, autoinmune, automático, automóbil, autosuxestión, autótrofo
  • axe: pode expresar acción, conxunto de obxectos ou dereitos que se pagan.
    • aprendizaxe, embalaxe
    • ramaxe
    • almacenaxe

B[editar | editar a fonte]

  • bi: dous, dúas veces. Pode tomala forma bis ou biz.
    • bicorne, bimensual, bisexual
    • bisavó

C[editar | editar a fonte]

  • cardio: corazón
    • cardiopatía, electrocardiograma, miocardio
  • cefalo: cabeza
    • cefalorraquídeo, cefalotórax
  • cida: matador, exterminador
    • bactericida, biocida, espermicida, insecticida, raticida
  • co, com e con: simultaneidade, unión, conxunto, participación ou cooperación
    • copiloto, coautor, coexistencia, compadre, convivir
  • coco: gran, redondeado
    • estafilococo, pneumococo
  • copro: excremento
    • coprofaxia, coprólito
  • cromo: cor
    • cromatografía, cromosoma
  • crono: tempo
    • cronoloxía, cronómetro, síncrono

D[editar | editar a fonte]

  • derma: pel. Pode adoptar tamén as formas derm, dermat ou dermato, e, como sufixo, dermia.
    • dermatite, epiderma, equinodermo, hipoderme, hipodérmico, paquidermo, taxidermia
  • des: privación, negación
    • desconformidade, descontinudo
  • dis: dificultade, anomalía. Tamén pode significar negación, contrariedade
    • disfaxia, disglosia, dislexia, dispepsia, dispnea
    • discordancia, desculpa
  • duto: (ductus) conduto
    • oviduto

E[editar | editar a fonte]

  • eco
    • ecocardiograma, ecografía, ecoloxía
  • ecto: fóra, por fóra, no exterior
    • ectoparasito, histerectomía
  • electro: electricidade
    • eléctrico, electrocardiograma, electrodoméstico, electroforese
  • endo: dentro, no interior
    • endocardio, endoscopia, endotelio, endóxeno
  • entero: intestino, tubo dixestivo
    • enterite, enteromorfo
  • epi: sobre
  • esperma: esperma, semente
    • espermicida, espermatoxénese
  • estoma: boca, abertura
    • estomatoloxía
  • eu: ben
    • eucalipto, eutanasia
    • eira
  • en/em: dentro de, no interior de
    • enterrar
    • embarcar

F[editar | editar a fonte]

  • fago, faxia
    • aerofaxia, coprofaxia, hematófago
  • fero: que leva, lleva, contén ou produce
    • mamífero
  • filia: afección, simpatía
    • bibliófilo, anglofilia
  • fito: planta, vexetal
    • fitoterapia, micrófito
  • fobia: temor (irracional)
    • agarofobia, claustrofobia, fotofobia
  • fono: voz, son
    • fonendoscopio, foniatría, lusofonía, teléfono
  • forese: migración de substancias
    • electroforese
  • foto: luz
    • fotofobia, fotografía

G[editar | editar a fonte]

  • gastr: estómago, zona ventral. Por veces toma as formas gastero e gastro.
    • gasterópodo, gástrico, gastrite, gastroscopia
  • glosa: lingua
    • disglosia, glosopeda
  • gnose: coñecemento
    • agnóstico, diagnose
  • grafos: descrición, escritura, representación fráfica
    • ecografía, fotografía, mecanografía, monografía, tomografía
  • grama: escrito, gráfico
    • diagrama, electrocardiograma, telegrama

H[editar | editar a fonte]

  • hemi: medio, metade
    • hemimandíbula, hemiplexia, hemisferio
  • hemo: sangue. Tamén pode adopta-las formas hema, hemat, hemato. Nalgún caso, o h desaparece.
    • anemia, hematocrito, hematoma, hematófago, hemorraxia, hipertermia, hemostaxe, uremia
  • hetero: outro, diferente
    • heterosexual, heterótrofo, heteroxéneo
  • hiper: superioridade, exceso
    • hiperactividade, hipertermia, hipertensión, hipertricose, hipertrofia
  • hipo: debaixo de, escaseza
    • hipoderme, hipodérmico, hipotiroidismo
  • hister: útero, matriz
    • histerectomía, histeria
  • histo: tecido orgánico
    • histoloxía, histocompatibilidade
  • homeo: semellante, parecido
    • homeopatía, homeostase
  • homo: igual
    • homófobo, homosexual

I[editar | editar a fonte]

  • iatría: rama da medicina que estuda a curación das enfermidades
    • pediatría, psiquiatría, xeriatría
  • infra: inferior, debaixo de
    • infrahumano, infraorde, infrascrito
  • inmuno: relacionado co mecanismo inmunitario
    • autoinmune, inmune, inmunidade, inmunodepresivo, inmunoloxía
  • inter: entre, en medio; neste caso pode adoptar a forma intro, intra. Tamén pode significar 'entre varios'.
    • intercostal, intramuscular, intravenoso
    • interdisciplinar, interespecífico
  • iso: igual
    • isotermo
  • ite: inflamación
    • dermatite, flebite, gastrite, nefrite
  • in: negación, carencia
    • inhumano, inédito

L[editar | editar a fonte]

  • logo
  • loxía
    • nefroloxía, reumatoloxía

M[editar | editar a fonte]

  • masto: mama, peito, teta
    • mastite, mastodonte, mastoloxía, mastoplastia
  • melas
    • melanoma
  • metr: matriz
    • metrite, metrorraxia
  • micro
    • microbio, microorganismo, microscópico, microscopio
  • mio: músculo
    • miocardio, mioma
  • morfo: forma
    • amorfo, morfoloxía

N[editar | editar a fonte]

  • nefro
    • nefrite
  • neuro: nervio, sistema nervioso
    • neuralxia, neurose, neurotomía

O[editar | editar a fonte]

  • oma: tumor ou outra alteración patolóxica
    • melanoma, mioma, osteosarcoma, papiloma
  • ose: dexeneración, enfermidade ou, ás veces, anomalía. Pode toma-las formas ase ou ese.
    • artrose, diurese, esclerose, estenose, micose, psoríase, silicose
  • osteo: relativo ós ósos
    • osteopatía, osteoporose, periósteo
  • ovi: ovo, óvulo
    • oviduto, ovíparo, ovopositor
  • or: oficio
    • profesor

P[editar | editar a fonte]

  • para: xunto a, á marxe de
    • paradoxo, parasimpático
  • paro: que pare, que se reproduce
    • multípara, primípara
  • pato: enfermidade, doenza, afección
    • cardiopatía, patoloxía, patóxeno
  • peri: ó redor de
    • pericarpio, perímetro, periodental, periósteo, periscopio, perístilo
  • plastia: reconstrución
    • mastoplastia, rinoplastia
  • plexia
    • apoplexía, hemiplexía, paraplexía
  • pneumo: pulmón
    • pneumático, pneumococo, pneumonía, pneumotórax
  • podo: pé
  • poli: varios
    • polideportivo, polisémico
  • pre: con anterioridade, prioridade
    • prebiótico, precongresual, precordial, prefixo, prehistoria, prenatal, preposición
  • pro: antes, diante, ou movemento cara a diante. Tamén, 'en vez de'
    • probiótico, prólogo, promover, proxenitor
    • procónsul, pronome
  • proto: prioridade, superioridade
    • proteína, prototipo
  • pseudo: falso
    • pseudópodo
  • psico
    • psicólogo, psicosomático, psiquiatría
  • ptero: ala
    • áptero, coleóptero, himenóptero, quiróptero

R[editar | editar a fonte]

  • raxia: fluxo
    • hemorraxia, metrorraxia
  • renal: relativo ós riles
    • adrenal, adrenalina
  • retro: cara a atrás
    • retrotraer

S[editar | editar a fonte]

  • sarco: carne
    • sarcoidose, sarcoma
  • scopia: exame, vista, exploración
    • fonendoscopio, gastroscopia, microscópico, rinoscopia.
  • semi: medio, case
    • semiesférico, semitransparente
  • sobre: aumento, exceso, posterioridade no tempo, enriba de
    • sobrenatural
  • soma: corpo
    • cromosoma, somático
  • sub: baixo, debaixo de. Pode toma-las formas so, sos, su ou sus. Tamén pode te-lo significado de inferior, secundario.
    • subcutáneo, subdural, subsolo, suburbano, suburbio, sufixo
    • sorrir, subarrendar, subdelegado
  • super: encima de, máis alá, en exceso
    • supermercado

T[editar | editar a fonte]

  • tanato: morte
    • eutanasia, tanatoloxía, tanatorio
  • taxis: ordenación, clasificación
    • taxonomía
  • tele: a distancia
    • teléfono, telemedicina, telepatía, televisión
  • telio: mamila
    • endotelio, epitelio
  • terapia: tratamento (dunha enfermidade)
    • inmunoterapia, quimioterapia, terapeuta, terapia
  • termo: calor, quente, temperatura
    • homeotermo, isotermo, termodinámica, termómetro
  • tomo, tomía: que corta ou divide; que se corta ou divide en partes
    • átomo, microtomo, tomografía
  • torax
    • cefalotórax, pneumotórax, toracotomía
  • trans
    • transfusión, transmitir
  • trico
    • hipertricose
  • trofo: que se alimenta
    • atrofia, autótrofo, heterótrofo, hipertrofia
  • tropos: movemento
    • fototropismo

U[editar | editar a fonte]

  • uro
    • uremia, urolitíase, uroxenital

V[editar | editar a fonte]

  • vascular: relativo ós vasos (sanguíneos)
    • intravascular, vascularización

X[editar | editar a fonte]

  • xeno: que xera, produce ou é producido
    • antíxeno, endóxeno, lacrimóxeno, patóxeno
  • xeno: alleo, estranxeiro
    • xenofobia, xenolito
  • xeria: vellez
    • xeriátrico
  • xino: feminino
    • andróxino, xinecoloxía

Z[editar | editar a fonte]

  • zoo: animal