Lista de episodios de V, os visitantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é a lista de episodios da serie de televisión V, os visitantes, emitida orixinalmente polo canal estadounidense ABC e na Galiza pola TVG. A serie completa consta de dúas temporadas e un total de 22 episodios.

Xeral[editar | editar a fonte]

Temporada Episódios Emisión orixinal na ABC Emisión galega na TVG
Primeiro episodio Último episodio Primeiro episodio Primeiro episodio
1 12 3 de novembro de 2009 18 de maio de 2010 15 de xuño de 2010 1 de setembro de 2010
2 10 4 de xaneiro de 2011 15 de marzo de 2011 4 de xullo de 2011 5 de setembro de 2011

Primeira temporada[editar | editar a fonte]

# Título orixinal (arriba)
Título en galego (abaixo)
Director(es) Guionista(s) Data de estrea nos EUA (arriba)
Data de estrea en galego (abaixo)
11 "Pilot"
Piloto
Yves SimoneauHistoria: Kenneth Johnson & Scott Peters
Teleplay: Scott Peters
3 de novembro de 2009
15 de xuño de 2010

29 naves espaciais posiciónanse sobre as capitais máis importantes do mundo. Anna, a líder dos "Visitantes" (os V, como son chamados) transmite a súa mensaxe de unión e colaboración. Rapidamente, transfórmanse en fenómeno e atracción. Xorde unha polémica sobre as intencións desa estraña chegada, mais os V son hábiles e conseguen rebater calquera acusación. Erica Evans, a axente de antiterrorismo do FBI descobre un segredo gardado entre os Visitantes. O Padre Jack ten unha crise de fe e tenta encontrar unha solución fóra da Igrexa. 

22 "There Is No Normal Anymore"
Xa non existe a normalidade
Yves SimoneauScott Peters
Sam Egan
10 de novembro de 2009
22 de xuño de 2010

Anna, a comandante dos Visitantes, usa o xornalista Chad Decker para se comunicar co mundo. Erica e o Padre Jack serán perseguidos por un rastrexador doutro planeta. 

33 "A Bright New Day"
Amence un día luminoso
Fred ToyeDiego Gutierrez
Christine Roum
17 de novembro de 2009
29 de xuño de 2010

O goberno americano concede 100 visados aos alieníxenas residentes no país e Chad Decker informa do acontecemento. Con todo, algunhas persoas non fican contentas con esa información. Máis tarde, Erica é enviada para protexer as instalacións dos Visitantes e obrigada a traballar con eles. 

44 "It's Only the Beginning"
É só o principio
Yves SimoneauCameron Litvack
Angela Russo-Otstot
4 de novembro de 2009
6 de xullo de 2010

Erica unirá esforzos con Ryan para investigar unha ameaza bioterrorista. Na nave nai, Anna pide a Lisa que se presente a Tyler. Chad comeza a dubidar das intencións dos Visitantes. 

55 "Welcome to the War"
Benvido á guerra
Yves SimoneauScott Rosenbaum30 de marzo de 2010
13 de xullo de 2010

A vida de Erica será ameazada despois de ser atacada por un Visitante na súa propia casa. Máis tarde, a Resistencia entrará nunha situación perigosa ao tentar recrutar un dos criminais máis buscados dos Estados Unidos. Entrementres, Anna prepárase para a guerra que está por vir. 

66 "Pound of Flesh"
Unha libra de carne
Dean WhiteCharles Murray
Natalie Chaidez
6 de abril de 2010
20 de xullo de 2010

Un grupo de humanos é convidado para pasar a noite nas 29 naves. A gravidez de Valerie avanza de forma acelerada, preocupando aos pais da criatura. Tyler descobre un segredo de Erica. 

77 "John May"
John May
Jonathan FrakesGregg Hurwitz13 de abril de 2010
27 de xullo de 2010

Erica, Ryan e Jack saen nunha misión perigosa para encontrar o lendario John May e así poder rescatar a Georgie. Anna trae a Chad de volta á nave nai para que faga unha presentación ao vivo sobre o novo programa que desenvolveron. Tyler confronta a súa nai sobre o seu pasado misterioso. 

88 "We Can´t Win"
Non podemos vencer
David BarrettChristine Roum
Cameron Litvack
20 de abril de 2010
3 de agosto de 2010

Chad e Anna encóntranse en Xenebra no Cumio da ONU, onde Anna vai presentar un presente tecnolóxico que fai ao mundo. É alí onde o Secretario Xeral revela a Chad as súas sospeitas de que os Visitantes non están só de visita. Erica decátase de que o Grupo de Traballo V está a investigar sobre a Quinta Columna. Valerie repara en que hai algo diferente no seu bebé e comeza a dubidar na confianza depositada en Ryan. Lisa parece ser que ten indicios de ter sentimentos, como os humanos. 

99 "The Heretic´s Fork"
Forcada de herexes
Fred ToyeAngela Russo-Otstot
John Wirth
27 de abril de 2010
10 de agosto de 2010

Erica, o Padre Jack e Hobbes decátanse de que os Visitantes coñecen os nomes e enderezos dos membros da Quinta Columna e deben tomar medidas drásticas para protexelos. Ryan decide contar a Valerie que é realmente un visitante. Na nave nai comezan a facer un programa de convivencia con humanos chamado "Vida a bordo". Chad comeza a facer unha reportaxe dentro da nave desde o centro médico onde eliminaron o seu aneurisma. Pouco despois, Chad comeza a simpatizar máis con Anna e expresa o seu desexo de investigar sobre os terroristas da Quinta Columna. 

1010 "Hearts and Minds"
Corazóns e mentes
Bobby RichGregg Hurwitz4 de maio de 2010
17 de agosto de 2010

Erica, Ryan, padre Jack e Hobbes descobren que Anna enviou un transporte cheo de Vs mortais para encontralos e deben impedir que aterren. Entrementres, Anna convida a Tyler a formar parte do programa para morar a bordo da nave nai. Chad confronta o padre Jack sobre o que sabe a respecto da Quinta Columna. 

1111 "Fruition"
Consumación
Bryan SpicerJohn Wirth
Natalie Chaidez
11 de maio de 2010
24 de agosto de 2010

Despois dun ataque violento a alguén ben próximo de Anna, ela transmite a mensaxe de que os Vs non se senten a salvo e que partirán. Anna tamén dá a Chad unha lista de posíbeis membros da Quinta Columna para que investigue e axude a encontralos. Entrementres, Erica e o seu equipo tentan localizar un científico que pode haber creado unha arma ante a que os visitantes teñen medo. 

1212 "Red Sky"
Ceo vermello
Robert Duncan McNeillGregg Hurwitz
Scott Rosenbaum
18 de maio de 2010
31 de agosto de 2010

Valerie, que acaba de romper augas, é secuestrada por soldados de Anna e levada á nave nai, onde é utilizada por Anna como engado para capturar a Ryan. Erica acepta o convite que lle ofrece Anna e Lisa para cear vendo que pode ser unha oportunidade para destruír os ovos-soldados de Anna. Chad comeza a ser popular pola forma en que está a ser utilizando. Marcus tenta convencer a Kyle para que traballe para os Visitantes ao coñecer unha sorprendente verdade acerca das últimas experiencias de Kyle. Anna inxecta a Valerie unha substancia letal após o nacemento do seu bebé. A Quinta Columna gaña un novo aliado. Os ovos-soldados de Anna son conxelados por unha granada de enerxía azul, esnaquizando todos excepto a doce. Joshua ordena a Erica que o mate para así facela parecer inocente. Anna está horrorizada ao ter un sentimento humano cos seus ovos perdidos. Unha anoxada Anna dá permiso para que apareza a enorme frota que se encontra camuflada á espera das súas ordes desde o espazo. Os ceos da Terra tórnanse dunha cor encarnada como o sangue, marcando así o comezo dun evento que aínda está por chegar. Joshua é resucitado polos Visitantes. 

Segunda temporada[editar | editar a fonte]

# Título orixinal (arriba)
Título en galego (abaixo)
Director(es) Guionista(s) Data de estrea nos EUA (arriba)
Data de estrea en galego (abaixo)
131 "Red Rain"
Chuvia vermella
Bryan SpicerScott Rosenbaum
Gregg Hurwitz
4 de xaneiro de 2011
4 de xullo de 2011

O primeiro episodio da segunda temporada dá continuidade á acción do episodio final da primeira, cando Anna liberou o ceo vermello sobre a Terra. Co mundo correndo risco dunha guerra e co caos por todas partes, será alguén capaz de ficar no camiño de Anna? Entrementres, Ryan está a ser mantido en isolamento na nave nai, lonxe do bebé híbrido para que Anna poida facer experimentos con ela. Chad, buscando redención por ter sido usado por Anna, agora quere loitar ao lado da Quinta Columna. Erica inicia unha busca para encontrar un científico capaz de explicar o ceo vermello e descobre cal é o terríbel plan dos Vs para o noso planeta. 

142 "Serpent's Tooth"
O dente da serpe
Steve ShillGregg Hurwitz11 de xaneiro de 2011
11 de xullo de 2011

Comeza unha serie de atentados suicidas nos centros de curación de 29 cidades. Os visitantes atribúen estes atentados á Quinta Columna. Erica e Hobbes investigan os responsábeis, cando descobren que o obxectivo, á parte de destruír infraestruturas dos visitantes, era matar a Chad Decker. A Quinta Columna tamén investiga e descobre que os responsábeis son unha serie de persoas que se unen á causa a través de Internet. 

153 "Laid Bare"
Laid Bare
David BarrettGwendolyn M. Parker18 de xaneiro de 2011
18 de xullo de 2011

Erica descobre que a súa compañeira, Malik, é unha Visitante e debe loitar pola súa vida para impedir que Anna descubra que é parte da Quinta Columna. Entrementres, Anna descobre que Malik está desaparecida e ordena a Ryan que a encontre. Lisa decátase de que o seu corpo comezou a mudar, deixándoa cada vez máis parecida á nai. 

164 "Unholy Alliance"
Alianza perigosa
Dean WhiteRockne S. O'Bannon1 de febreiro de 2011
25 de xullo de 2011

Erica, que agora ten un novo compañeiro, vai atrás do líder da rama radical da Quinta Columna cando eles asasinan a tres Embaixadores da Paz. En canto os padres de todo o mundo se manifestan contra os Visitantes, Anna e Chad van até o Vaticano para convencer a líderes de organizacións mundiais de que viñeron en paz. 

175 "Concordia"
Concordia
Jesse WarnDavid Rambo8 de febreiro de 2011
1 de agosto de 2011

Anna presenta o proxecto de concordia, o cal consiste en construír unha cidade completa nun megaedificio. Este contaría con avances tecnolóxicos e non contaminantes. Obviamente a Quinta Columna non cre en que sexan verdadeiras as intencións de Anna. 

186 "Siege"
Asedio
John BehringDean Widenmann8 de febreiro de 2011
8 de agosto de 2011

Erica é tomada falsamente como refén polo líder da Quinta Columna Erik Cohen. Despois dun tiroteo o pai de Tyler é asasinado e Kyle, chantaxeado, causa unha explosión que asasina a toda a xente do edificio, incluíndo Ryan e Erik. Lisa encóntrase coa avoa e forman unha alianza para destruír a Ana. 

197 "Birth Pangs"
Dores de parto
David BarrettCathryn Humphris22 de febreiro de 2011
15 de agosto de 2011

Erica quere vingarse de Anna durante unha misión en Hong Kong. Tyler pode ser inútil para Anna despois de que descobre que os niveis de fósforo non son altos abondo. Lisa e Diana asinan unha alianza. 

208 "Uneasy Lies the Head"
Quen manda non ten acougo
Jeff WoolnoughCameron Litvack
Gregg Hurwitz
1 de marzo de 2011
22 de agosto de 2011

Erica prepara a Quinta Columna en todo o mundo para un ataque arriscado a Anna. Un dos integrantes do proxecto Vivir a Bordo tórnase o maior obstáculo para o plan de Anna. Ryan tenta rescatar a súa filla. 

219 "Devil in a blue dress"
O demo vestido de azul
Ralph HemeckerHans Tobeason8 de marzo de 2011
29 de agosto de 2011

A Quinta Columna tenta descubrir o que Anna vai facer agora que está pronta para activar o primeiro reactor de Enerxía Azul da Terra. Diana aconsella a Lisa que desafíe á nai e cumpra o seu destino de salvar a raza humana. 

2210 "Mother's day"
O día da nai
Bryan SpicerScott Rosenbaum
Gregg Hurwitz
15 de marzo de 2011
5 de setembro de 2011

Para garantir a evolución dos Vs, Anna continúa coa teima de facer que Lisa enxendre un fillo de Tyler. Entrementres, tanto Erica como Diana imploran a Lisa para salvar a humanidade retirando a Anna do poder. Mais mesmo coa axuda da Quinta Columna un levantamento liderado por Lisa ten resultados devastadores.