Lista de episodios de Falcóns do espacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha guía de episodios da serie de televisión Falcóns do espacio, creada por Anderson Burr Pictures Ltd., transmitida por primeira vez na ITV en 1983. Son un total de 39 episodios, propoñendose nesta lista unha orde de transmisión (non hai por que cinguirse estritamente a esta lista), foron filmadas en dous bloques de produción nos Bray Studios de Berkshire dende xaneiro de 1983 ata agosto de 1984, cun orzamento combinado de 6,4 millóns £ da época. Os 26 episodios do primeiro bloque de produción emitíronse como dúas tempadas, de outubro a decembro de 1983 e de setembro a decembro de 1984; a terceira tempada, que comprende os 13 episodios finais, foi emitida de maio a xullo de 1986[1].

Primeira tempada[editar | editar a fonte]

Esta serie de ciencia ficción aparece por primeira vez na televisión rexional Central Television os sábados pola mañá, logo noutras televisións rexionais da ITV, como a London Weekend, nas tardes do domingo. Os dous últimos episodios, "A Christmas Miracle" e "To Catch a Tiger", foron transmitidos en toda a rede nacional nas mañás do sábado[1].

Ep. # Título Director Guión[2] Data da primeira emisión[3] Código de produción
1 "Expect the Unexpected (Parte 1)" Alan PattilloGerry Anderson8 de outubro de 1983 (Central Television)
13 de outubro de 1983 (Tyne Tees Television)
23 de outubro de 1983 (Granada Television)
01

Zelda ataca a base da NASA en Marte establecéndose no planeta, axiña monta un ataque contra a Terra, forzando os Falcóns do espacio a entrar en batalla. 

2 "Expect the Unexpected (Parte 2)" Alan PattilloGerry Anderson15 de outubro de 1983 (Central Television)02

Os Falcóns do espacio loitan para defenderse contra estraños poderes dos extraterrestres; o Doutor Ninestein está disposto a arriscar a súa propia vida para lograr o cesamento das hostilidades. 

3 "Thunder-Roar" Alan Pattillo"Cubby Dreistein"22 de outubro de 1983 (Central Television)03

Zelda desconxela un dos seus monstros, Sram, que desencadea o seu devastador berro contra os Falcóns do espacio

4 "Happy Madeday" Tony Lenny"Kit Tenstein"29 de outubro de 1983 (Central Television)09

Zelda envía a Moid, "Mestre do disfrace infinito", que secuestra a Hiro e faise pasar por el. 

5 "The Ugliest Monster of All" Tony Lenny"P. U. Mastein"5 de novembro de 1983 (Central Television)11

Os Falcóns do espacio atopan un alieníxena á deriva con aparencia de oso de peluche nunha cápsula espacial, lévano á Hawknest, mais trátase dun dos monstros de Zelda e comeza a causar estragos na base. 

6 "Close Call" Desmond Saunders"Cubby Dreistein"12 de novembrode 1983 (Central Television)05

O Overlander é secuestrado. O secuestrador, un reporteiro chamado Darrel, supón un risco potencial de seguridade para os Falcóns

7 "The Gun" Tony Bell"Koo Garstein"19 de novembro de 1983 (Central Television)12

Yung-Star desenvolve unha forma de facer os Cubos máis poderosos, combinándose varios á vez. Zelda crea unha arma con varios Cubos e pretende destruír un dique construído recentemente. 

8 "Gunfight at Oaky's Corral" Tony Bell"T. I. Gerstein"26 de novembro de 1983 (Central Television)10

Ninestein entra nun duelo, coma se se tratase do antigo oeste, contra un dos Cubos de Zelda no deserto de Arizona. 

9 "Thunder Path" Tony Lenny"Effie Linestein"3 de decembro de 1983 (Central Television)13

Zelda dálle a Sram outra oportunidade de derrotar os Falcóns do espacio, mándalle secuestrar o Overlander, un transporte que proporciona subministracións vitais para a Hawknest. 

10 "From Here to Infinity" Alan Pattillo"Katz Stein" (Donald James)10 de decembro de 1983 (Central Television)06

Unha vella sonda espacial achégase á Terra, os Falcóns comezan a preocuparse, posto que nunca foi pensada para regresar. 

11 "Mind Monster" Tony Bell"Tom Katstein"17 de decembro de 1983 (Central Television)14

Os Falcóns do espacio interceptan unha cápsula no espazo que soamente parece conter un vapor estraño. Porén trátase dun monstro gasoso que se mete coas súas mentes. 

12 "A Christmas Miracle" Tony Lenny"Kate Noweestein"24 de decembro de 1983 (ITV Network)20

Zelda ataca a Terra na véspera de Nadal, convencida de coller por sorpresa os Falcóns. Con todo, Ninestein anticípase ó seu movemento desencadeándose unha contenda. Quizais o espírito do Nadal poida entrar no corazón de alguén coma Zelda... (emitido só no Reino Unido, nas vésperas do Nadal de 1984 e excluído de tódalas reposicións de Falcóns do espacio na década de 1980.) 

13 "To Catch a Tiger" Tony Lenny"Claude Backstein"31 de decembro de 1983 (ITV Network)15

Zelda atrae a Ninestein tras capturar dúas persoas dedicadas ó transporte espacial de mercancías. Cando os Falcóns rescatan os homes e se illan electronicamente, Kate debe informar a Ninestein que a misión para traelo de volta debe facerse antes do previsto. 

Segunda tempada[editar | editar a fonte]

Os episodios de Falcóns do espacio foron transmitidos na súa maioría en toda a rede nacional, emitidos en Anglia, Border, Central, Granada, London Weekend e Tyne Tees. Tamén se emitiron na cadea rexional Yorkshire Television, á vez que nas outras cadeas, pero nas tardes do domingo (sendo a programación ás veces diferente nalgunhas cadeas rexionais como a Grampian Television)[1].

Ep. # Título Director Guión[2] Data da primeira emisión[3] Código de produción
1 "Operation S.A.S." Tony Lenny"Tom Angeristein"30 de setembro de 1984 (ITV Network)17

Zero e Dix-huit acoden ó rescate de Kate Kestrel tras ser secuestrada por Yung-Star e Yuri. 

2 "Ten Top Pop" Tony Bell"L. Inkstein"7 de outubro de 1984 (ITV Network)18

Kate é tomada como refén polo empregado de Andeburr Records Stuart "Stew" Dapples, quen se atopa baixo control de Zelda. 

3 "Play It Again, Sram" Tony Bell"B. O. Garstein"14 de outubro do 1984 (ITV Network)22

Kate Kestrel gaña o concurso mundial da canción, clasificándose para competir no concurso da canción interestelar. Zelda alega que como residente no Sistema Solar tamén ten dereito a participar, e para decidir cal é a mellor, desafía a Kate a cantar nun planetoide neutral. Zelda leva a súa familia e a Sram como integrantes da súa banda. 

4 "The Ultimate Menace" Tony Lenny"Ivor Purstein"21 de outubro de 1984 (ITV Network)25

Zelda e os Falcóns do espacio únense para deter o Zyklon, unha nave espacial xigantesca capaz de destruír toda a vida no universo. 

5 "Midnight Blue" Tony Lenny"Andre Le Chatstein"28 de outubro de 1984 (Grampian Television)21

Mentres perseguían un ZEAF, a nave Hawkwing voa moi alto quedando á deriva no espazo exterior. 

6 "My Kingdom for a Zeaf" Tony Lenny"Sheik Spearstein"4 de novembro de 1984 (ITV Network)23

Zelda manda a Yung-Star cun novo monstro, Lord Tempo, para encontrar a Hawknest. Durante a viaxe atrás no tempo, para evitar o Spacehawk, recollen o rei Ricardo III

7 "Zero's Finest Hour" Tony Bell"Otto Von Lowstein"11 de novembro de 1984 (ITV Network)24

Os Falcóns do espacio caen nun estado catatónico por mor dunhas flores do espazo. Zero ten que atopar unha cura pola súa conta. 

8 "Cold Finger" Tony Bell"I. C. Bergstein"18 de novembro de 1984 (ITV Network)38

Zelda recorre Cold Finger, un extraterrestre que usa a auga e o xeo como armas. 

9 "Unseen Menace" Tony Bell"Felix Stein"25 de novembro de 1984 (ITV Network)19

MOID perfecciona o maior disfrace de todos: o home invisible. 

10 "Space Giant" Tony Lenny"Manny Pheakstein"2 de decembro de 1984 (ITV Network)37

Un par de mineiros encontran e capturan un Sporilla, pretenden vendelo na Terra como atracción para espectáculos. Unha vez na Terra, Zelda usa os seus poderes para agranda-lo monstro converténdoo nun xigante imparable. 

11 "Cry UFO" Tony Bell"Ewan Istein"9 de decembro de 1984 (ITV Network)34

Stew Dapples convértese en testemuña ocular do último plan de Zelda cando ve un ovni. 

12 "The Midas Touch" Alan PattilloTrevor Lansdown & Tony Barwick16 de decembro de 1984 (Grampian Television)16

Zelda envía un dos seus monstros para facer estourar o "Space Fort Knox" tentando provocar o caos económico. 

13 "Ma's Monsters" Tony Bell & Tony Lenny"Rory Peetstein"23 de decembro de 1984 (Border/Grampian)26

Zelda reflexiona sobre as fazañas dos seus monstros, que non conseguiron derrotar os Falcóns do espacio. Revela que ten un novo almacén con criaturas conxeladas con poderes aínda máis devastadores. Cy-Star ten novas: ela vai ter un bebé. (Marcando a fin do primeiro bloque de produción rememorando os capítulos transcorridos ata o momento, con imaxes dos episodios "Thunder Path", "The Sporilla" e "Operation S.A.S.".) 

Terceira tempada[editar | editar a fonte]

Os 13 episodios do segundo bloque de produción foron transmitidos en toda a rede de canles da ITV. Tamén nas canles rexiónais simultaneamente, as mañás do sábado. Antes de facer a súa primeira aparición na televisión británica, a terceira tempada foi emitida no Xapón, con oito episodios, ó igual que nos Estados Unidos[1].

Ep. # Título Director Guión[2] Data da primeira emisión na ITV[4] Código de produción[5]
1 "Two for the Price of One" Tony Lenny"Kay Itstein"3 de maio de 198627

Os extraterrestres están preocupados co nacemento do fillo de Cy-Star, mentres, os Falcóns do espacio preparan un ataque sorpresa. 

2 "First Strike" Tony Lenny"Polly Phillestein"10 de maio de 198631

Os Falcóns do espacio planifican o ataque á base de Zelda en Marte con sumo coidado. Ninestein intenta futilmente conciencialos de que Zelda e os seus monstros son poderosos de máis para entrar en combate directo. Zelda prepara un equipo de contraataque con Sram, Yuri, Lord Tempo e Yung-Star. 

3 "Terratomb" Tony Bell"Edward E. Barestein"17 de maio de 198632

Yuri efectúa unha sabotaxe no Niño do falcón. Por outra banda o Battletank investigaba un ZEAF. (Derradeiro episodio que se transmitiu nos Estados Unidos, o 24-1-1985.) 

4 "Space Cyclops" Tony Lenny"Lita Beerstein"24 de maio de 198635

Zelda envía un ovo enorme á lúa do que xorde un monstro dun só ollo. 

5 "Doppelganger" Tony Lenny"Albert Zweistein"31 de maio de 198633

Unha estatua de Yung-Star aparece nun museo da Terra. 

6 "Child's Play" Tony Bell"Sue Donymstein"7 de xuño de 198628

It-Star idea o seu primeiro ataque, intentando destruír os Falcóns do espacio cunha bomba. 

7 "Jolly Roger One" Tony Lenny"Fred Barestein"14 de xuño de 198629

Yung-star e mais It-star son enviados co Captain Goat para poñer a andar unha radio pirata dunha nave, coa intención de atraer os Falcóns do espacio a unha trampa. 

8 "Runaway" Tony Bell"Frank Instein"21 de xuño de 198630

Yung-Star foxe, pero sen el sabelo leva consigo un 'virus' en forma de po no seu interior. 

9 "Space Samurai" Desmond Saunders"Cubby Dreistein"28 de xuño de 198607

Tamura, un Samurai do espazo, implica a Zelda e o Doutor Ninestein para manter conversas en lugar neutral, a fin de resolve-lo conflito amigablemente. (Transmitido previamente o 10-1-1985 nos Estados Unidos e o 16-7-1985 no Xapón.) 

10 "Timewarp" Tony Bell"Major Daystein"5 de xullo de 198636

Lord Tempo fai un salto no tempo para minguar capacidade na ofensiva dos Falcóns do espacio, coa fin de poder reaccionar ante o ataque a grande escala que están a sufrir. 

11 "Operation Zero" Tony Lenny"Ann Teakstein"12 de xullo de 198639

Zero decátase de que algo está a acontecer, vai pescudar, descubrindo algo desolador; Zelda e a súa familia infiltráronse no Niño do falcón

12 "The Sporilla" Tony Bell"Leo Pardstein" (Donald James)19 de xullo de 198608

Zelda atrae os Falcóns do espacio ó satélite de Xúpiter Calisto tras sabotar alí un posto de escoita. Cando chegan, atópanse fronte ó temible Sporilla. (Transmitido previamente o 4-1-1985 nos Estados Unidos e o 14-5-1985 no Xapón.) 

13 "GOLD" Desmond Saunders"Cubby Dreistein"26 de xullo de 198604

Os Zeroides atopan un meteorito que os Falcóns confunden con ouro. Zero interpreta que é o deus que os humanos adoran ('God' por 'gold'). Este meteorito resultará ser mortífero. (Emitido como o 4º episodio orixinalmente; o 23-4-1985 no Xapón, mais como o 39º e derradeiro episodio, o 26-7-1986 no Reino Unido.) 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Bentley, Chris (2008): The Complete Gerry Anderson: The Authorised Episode Guide (4 ed.). Reynolds and Hearn (Richmond, Londres). ISBN 978-1-905287-74-1
  2. 2,0 2,1 2,2 Coa excepción do episodio piloto, dividido en dous capítulos; "Expect the Unexpected" (escrito por Gerry Anderson), o episodio 10 da primeira tempada; "From Here To Infinity" e o 12 da terceira tempada; "The Sporilla" (escritos por Donald James baixo distintos pseudónimos) e mais o episodio 12 da segunda tempada; "The Midas Touch" (escrito por Tony Barwick e Trevor Lansdown), tódolos episodios de Falcóns do espacio foron escritos por Tony Barwick baixo distintos pseudónimos.
  3. 3,0 3,1 Todas elas cadeas propiedade da ITV.
  4. A terceira tempada foi emitida previamente no Xapón, con oito episodios, ó igual que nos Estados Unidos, antes de ser transmitida en toda a rede da ITV (ITV Network).
  5. Os Códigos de produción comezan en 27 para resolver a incoherencia na numeración que se produce ó dividir en dous o episodio piloto; "Expect the Unexpected", mostrando deste modo o número de episodios distintos que se fixeron para o primeiro bloque de produción.