Lista de bandeiras de movementos nacionalistas e secesionistas de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista de bandeiras utilizadas por movementos rexionalistas, nacionalistas e secesionistas do Estado español.

Andalucía[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Bandeira independentista de Andalucía utilizada pola maior parte do nacionalismo andaluz. Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cunha estrela vermella de cinco puntas no centro.
Bandeira independentista de Andalucía utilizada polas Juventudes Andalucistas, xuventudes do Partido Andalucista. Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cun triángulo vermello á dereita no cal se atopa unha estrela branca de cinco puntas.
Bandeira independentista de Andalucía alternativa. Tres franxas horizontais do mesmo tamaño, a superior e a inferior de cor verde e a do medio branca, cunha estrela tartesa de oito puntas no medio.

Aragón[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A estrelada aragonesa, bandeira independentista de Aragón, utilizada pola maior parte do nacionalismo aragonés. Catro franxas vermellas e cinco amarelas, todas horizontais e do mesmo tamaño e unha estrela vermella de cinco puntas con bordo negro no centro.

Asturias[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A Asturina, bandeira independentista de Asturias, utilizada pola maior parte do nacionalismo asturiano. Cruz da Vitoria sobre fondo azul e unha estrela vermella de cinco puntas na esquina superior esquerda.

Illas Canarias[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A bandeira tricor canaria, bandeira nacionalista das Illas Canarias, utilizada pola maior parte do nacionalismo e independentismo canario. Tres franxas verticais do mesmo tamaño, branca a da esquerda, celeste a do medio e amarela a da dereita. No medio, sete estrelas verdes de cinco puntas e do mesmo tamaño en posición circular.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A Bandeira do Ateneo, primeira bandeira nacionalista das Illas Canarias, que era utilizada polo Partido Nacionalista Canario, agora integrado en Coalición Canaria, a partir de 1927. Sete estrelas brancas de cinco puntas sobre fondo azul escuro, na mesma posición que as sete illas do Arquipélago Canario.
Bandeira adoptada polo movemento Canarias Libre en 1964, e da que procede a actual Bandeira das Illas Canarias. Tres franxas horizontais, sendo a do medio de dobre tamaño que as outras dúas. A franxa da esquerda é branca, a do medio azul e a da dereita amarela.

Cantabria[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
O Lábaro cántabro, bandeira independentista de Cantabria, utilizada pola maior parte do nacionalismo cántabro. Lábaro amarelo sobre fondo borgoña.

Castela[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
O Pendón comuneiro, bandeira utilizada polo movemento castelanista. Castelo almendado de tres ameas en ouro, con cachotería en negro e azul celeste, sobre fondo púrpura.
O Pendón estrelado comuneiro, bandeira utilizada polos movementos castelanistas de esquerdas. Castelo con tres ameas en ouro, con cachotería en negro e azul celeste, sobre unha estrela vermella de cinco puntas que á súa vez está sobre fondo púrpura.

Castela-A Mancha[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A bandeira rexionalista manchega, utilizada polos grupos rexionalistas manchegos e en menos medida polos nacionalistas e independentistas manchegos. Dividida en catro cadros, os da dereita de dobre de tamaño que os da esquerda. O cadro superior dereito é borgoña, o superior esquerdo negro, o inferior dereito branco e o inferior esquerdo azul. Na intersección dos catro cadros, se atopa unha estrela de cor ouro de cinco puntas.

Cataluña[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A Estelada blava, utilizada polos grupos nacionalistas cataláns de centro e de dereita. É a primeira bandeira nacionalista que xurdiu en Cataluña, en 1918, inspirada na bandeira de Cuba. Catro franxas vermellas e cinco amarelas horizontais do mesmo tamaño, cun triángulo azul á dereita no que se atopa unha estrela branca de cinco puntas.
A Estelada vermella, utilizada polos grupos nacionalistas cataláns de esquerdas. Catro franxas vermellas e cinco amarelas horizontais do mesmo tamaño, cun triángulo amarelo á dereita no que se atopa unha estrela vermella de cinco puntas.

España[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Bandeira de España baixo o réxime de Franco, utilizada polos grupos nacionalistas españois de dereita e de estrema dereita. Tres franxas horizontais, a de arriba e a de abaixo vermellas, e a do medio amarela, do dobre de tamaño que as outras. Á dereita, o escudo franquista
Bandeira da Nova España, utilizada na actualidade polo carlismo. Unha Cruz de Santo André vermella con pólas de podado áspero sobre fondo branco.

Galiza[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A Estreleira, bandeira do nacionalismo galego de esquerdas. Unha franxa azul celeste dende a esquina superior esquerda até a esquina inferior dereita sobre fondo branco, cunha estrela vermella de cinco puntas no medio.

León[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
A bandeira do País Leonés, utilizada polos movementos leonesistas. O Escudo de León sobre fondo rosa escuro.

Murcia[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Bandeira do nacionalismo murciano, utilizada para representa-lo País Murciano, non coincidente coa Comunidade Autónoma de Murcia. Unha cruz branca cunha estrela azul de cinco puntas divide o fondo carmesí en catro cadros do mesmo tamaño, nos que atopamos catro castelos almenados en ouro, no ángulo superior esquerdo, distribuídos de dous en dous, e sete coroas reais no ángulo inferior dereito, dispostas en catro filas, con un, tres, dous e un elementos respectivamente.

País Valenciano[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Senyera valenciana preautonómica utilizada por unha parte do nacionalismo valenciano, e que xa fora oficial nos anos 1979 e 1980. Catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas, e no medio o escudo oficial da Comunidade Valenciana.
Estrelada valenciana, bandeira independentista valenciana Dividida en dous campos, á dereita atopamos catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas do mesmo tamaño, cortadas por unha vertical vermella. Na esquerda, unha estrela branca de cinco puntas en fondo azul.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Bandeira utilizada por Esquerra Valenciana durante a Segunda República e a guerra civil española. Dividida en dous campos, á dereita atopamos catro barras horizontais vermellas e cinco amarelas. Na esquerda, unha estrela vermella de cinco puntas en fondo azul.

País Vasco[editar | editar a fonte]

Bandeira Uso Descrición
Arrano Beltza, bandeira utilizada sobre todo, aínda que non exclusivamente, pola esquerda abertzale. Aguia negra sobre fondo amarelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]