Lisa the Iconoclast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Episodio de The Simpsons
"Lisa the Iconoclast"
Episodio número 144
Código de produción 3F13
Data orixinal da estrea 18 de febreiro de 1996
Produtor(es) executivo(s) Bill Oakley
Josh Weinstein
Escrito por Jonathan Collier
Dirixido por Mike B. Anderson
Gag do sofá A familia é retratada como The Brady Bunch[1].
Estrela(s) invitada(s) Donald Sutherland

"Lisa the Iconoclast" (en galego, "Lisa a iconoclasta") é o décimo sexto episodio da sétima tempada da serie animada The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 18 de febreiro de 1996. Neste episodio, conmemórase o bicentenario de Springfield, e Lisa escribe un ensaio sobre o fundador da cidade Jebediah Springfield. Ao realizar a súa investigación, atopa unha confesión que revela que Springfield foi un pirata asasino chamado Hans Sprungfeld e que nunca se preocupara da xente de Springfield. Lisa e Homer deciden contarllo ao pobo, pero provocan a ira dos veciños.

"Lisa the Iconoclast" foi escrito por Jonathan Collier e dirixido por Mike B. Anderson. A historia está inspirada nos acontecementos reais que ocorreron cando se exhumou ao presidente Zachary Taylor. Donald Sutherland púxolle a voz a Hollis Hurlbut, un personaxe que foi deseñado especificamente para el. O episodio inclúe diversas referencias á América colonial, entre as que está o retrato inacabado de George Washington feito en 1796 por Gilbert Stuart.

Argumento[editar | editar a fonte]

Lisa descobre neste episodio a verdade sobre o fundador da súa cidade, Jebediah Springfield. Dáse conta de que non foi un heroe americano como todos pensaban, senón que fora un sanguinario pirata. Ó principio ninguén a creu agás seu pai, aínda que finalmente Lisa pode demostralo, ensinando a "lingua de prata" que o mesmo Jebediah mandou fabricar despois de ter unha trifulca cun turco. Cando Lisa está a punto de dicir na festa do día de Springfield o que o seu fundador fixo, non se atreve e decide declarar que foi xenial, preservando así a ilusión do pobo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Martyn, Warren; Wood, Adrian (2000). "Lisa the Iconoclast". British Broadcasting Corporation. Consultado o 2009-03-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]