Lino Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLino Pérez
Biografía
NacementoRibadeo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCelestino Pérez Andrade Editar o valor em Wikidata

Lino Pérez Fernández, nado en Ribadeo, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Celestino Pérez Andrade e Ramona Fernández Soto, emigrou sendo mozo a Arxentina, onde traballou no Banco de Boston. Casou coa irmá de Francisco Lanza. Integrouse na Sociedade Centro Ribadeo y Distritos e foi presidente da Federación de Sociedades da provincia de Lugo (1926). Foi o principal animador da Sociedade d'Arte Pondal que deu lugar á Sociedade Nazonalista Pondal e colaborou no seu voceiro A Fouce. Tamén colaborou en Céltiga e El Despertar Gallego. En 1927 integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales e deu clases de xeografía de Galicia na sede de Salta. Cando a escisión na Federación, permanece na nacionalista e integrouse como contador na Xunta Executiva. A fins de 1930 rompeu coa Sociedade Nazonalista Pondal e permaneceu na Federación converténdose nun dos principais redactores do Galicia, no que tamén asinaba unha columna como Xandomar. Foi elixido Secretario xeral da Federación (1931-1932) e redactou a nova Declaración de Principios e o Estatuto Federal. Colaborou en Opinión Galeguista. En 1936 participou no comité de apoio ás candidaturas da Fronte Popular española. En 1938 integrouse no Grupo Galeguista de Bos Aires e logo na Irmandade Galega. En 1943 recibiu unha homenaxe da colectividade na Casa de Galicia e en 1946 foi invitado especial no banquete das vodas de prata da Federación. En 1960 visitou Galicia e ao ano seguinte deu unha conferencia na Casa de Galicia na que afirmou que en España había liberdade. En 1962 foi expulsado da Irmandade Galega.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Opinión Gallega, 203, maio-1962, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]