Linguaxe telegráfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe telegráfica é unha expresión creada por Brown (1970) para designa-las emisións breves e incompletas propias dos nenos de dous anos de idade (18-24 meses).

Características[editar | editar a fonte]

Este tipo de linguaxe caracterízase por unha lonxitude de emisión reducida, as frases están constituídas por dúas palabras, coas que se expresa todo o significado, e estas son preferentemente nomes e adxectivos, por esta orde. En toda frase atópase un sintagma nominal e un sintagma verbal. Os elementos ausentes son as denominadas palabras función (artigos, preposicións, conxuncións, verbos copulativos, auxiliares, etc.) que o neno irá introducindo gradualmente a medida que avanza na adquisición da súa lingua. Unha obxección feita a esta expresión vén dada porque pode levar a entender que este tipo de linguaxe infantil é unha redución do modelo adulto e non creativa.