Linguaxe mímica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe mímica:

  • forma de comunicación que utiliza as mans, xestos corporais e expresións faciais como soporte da linguaxe.

Pode utilizarse como apoio da linguaxe oral e, xeralmente, é utilizada en ausencia e substitución da linguaxe falada polos xordos, mudos e xordomudos, como medio de comunicación.

A linguaxe mímica presenta variacións en función dos grupos, zonas, comunidades etc. Poden distinguirse varios aspectos:

  1. a dactiloloxía ou alfabeto manual e
  2. a linguaxe de sinais.