Linguas románicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Linguas neolatinas")

Temas indoeuropeos

Linguas indoeuropeas
Albanés · Anatolio · Armenio
Báltico · Céltico · Dacio · Eslavo
Frixio · Grego · Indoiranio · Itálico
Tracio · Tocario · Xermánico
 
Pobos indoeuropeos
Albaneses · Anatolios · Armenios
Bálticos · Celtas · Eslavos
Gregos · Indoarios · Indoiranios
Iranios · Itálicos · Tracios
Tocarios · Xermanos
 
Protoindoeuropeos
Lingua · Relixión · Sociedade
 
Hipóteses Urheimat
Hipótese anatolia · Hipótese armenia
Hipótese india · Hipótese Kurgan · TCP
 
Estudos indoeuropeos


As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 adC e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron al latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Maghreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

O termo[editar | editar a fonte]

Mapa do Imperio romano nos anos
-133 adC (vermello),
-44 adC (laranxa),
14 (amarelo), e
117 (verde).

Estas linguas falábanse ou continúanse falando nun territorio que cobre maioritariamente o sur europeo do antigo imperio romano. O primeiro escrito en que se atopa o termo romance, dunha forma ou outra, remóntase ao sínodo de Tours, no ano 813. A partir dese sínodo é cando se considera que a primeira lingua vulgar está separada do latín, e se designa en efecto como unha lingua á parte. Trátase dunha forma de proto-francés, que recibe o nome de romana lingua ou roman. Con todo, nos Cartularis de Valpuesta, hai un texto anterior que data do ano 804, e está escrito en castelán moi antigo.

A evolución do latín vulgar cara ás linguas románicas dátase grosso modo do xeito seguinte:

  1. entre -200 adC e 400 aproximadamente: diferentes formas de latín vulgar.
  2. entre 500 e 600: estas formas empezan a distinguirse entre si.
  3. a partir de 800: recoñécese a existencia das linguas románicas.

Tipos de romances[editar | editar a fonte]

Familias lingüísticas europeas. En verde, o territorio das linguas románicas

As linguas románicas divídense fundamentalmente en catro tipos segundo unha tipoloxía lingüística areal:

  1. iberorromances;
  2. galorromances;
  3. italorromances;
  4. dacorromances;

e en dous tipos segundo unha tipoloxía lingüística estrutural:

  • linguas que forman o plural en -s e que sonorizan as oclusivas intervocálicas (urtica >> ortiga);
  • linguas que forman o plural con vogal e manteñen o trazo xordo das oclusivas intervocálicas (urtica >> ortica);

Grosso modo e conxuntamente con outros trazos lingüísticos, os grupos 1 e 2 son as dúas primeiras estruturalmente mentres que o segundo grupo estrutural comprende ás do grupo 4. No caso das italorromances, aparece unha división en dúas: as meridionais son de plural sibilante e setentrionalmente son de plural vocálico. A isoglosa é coñecida en dialectoloxía como a liña La Spezia - Rimini, por ser as dúas localidades polas que pasa ó chegar ás costas do Adriático e do Mediterráneo.

Do latín clásico ao latín vulgar[editar | editar a fonte]

Algúns tipos de modificacións fonéticas propias do latín vulgar[editar | editar a fonte]

Os romanos vivían en situación de diglosia: a lingua de cada día non era o latín clásico, o latín dos textos literarios ou sermo urbanus (o 'discurso urbano', é dicir, refinado), que se atopaba estancado pola gramática (como xa o estaba o sánscrito na mesma época na India), senón unha forma distinta aínda que próxima, nun proceso de desenvolvemento máis libre, o sermo plebeius ('discurso plebeo'). Parece que o latín clásico era falado polas clases sociais elevadas, mentres que o sermo plebeius era a lingua do pobo plano, os comerciantes e os soldados. Sen posibilidade de acceder ao status de lingua literaria, o latín vulgar é por nós coñecido sobre todo grazas ós estudos de fonética histórica, ás citas e críticas pronunciadas polos falantes dun latín literario, así como por mor das numerosas inscricións, rexistros, contas e outros textos correntes. Doutra banda, o Satiricón de Petronio, unha especie de «novela» escrita probablemente no primeiro século da nosa era, é unha testemuña importante desta diglosia: segundo a súa categoría social, os personaxes exprésanse nunha lingua máis ou menos próxima á arquetipo clásico.

Entre os textos que censuraron as formas xulgadas decadentes e erróneas, é salientable o Appendix Probi, unha especie de compilación de «erros» frecuentes recompilados por un certo Probus que data do século III da nosa era.

Transformacións en profundidade do sistema morfosintáctico[editar | editar a fonte]

Sistema nominal[editar | editar a fonte]

A caída do /m/ final, consoante que se atopa a miúdo na flexión, crea unha ambigüidade: Romam pronúnciase como Roma, non se pode saber se o vocábulo está en nominativo, en acusativo ou en ablativo. Así, as linguas románicas teñen que utilizar preposicións para evitar tal ambigüidade. Convén lembrar que se xa, en latín clásico, desde a época imperial, o /m/ ao final de palabra se omitía, Roma sum e Roma(m) eo non podían ser confundidas: no ablativo (Roma sum), o /a/ final é longo e é breve en acusativo. Porén, o latín vulgar non deixa de empregar o sistema vocálico baseado na cantidade polo que ámbalas formas pasan a ser confundidas.

Do mesmo xeito, os adverbios e as preposicións simples son ás veces reforzadas: diante de, «antes», xa non basta; fai falta poñer ab ante de en vulgar para explicar o francés avant, o catalán abans e o occitano avans, ou ben in ante de para o romanés înainte, etc.; igualmente avec provén de apud hoc, dans de de intus, etc. O caso límite parece o francés aujourd'hui, noción que se dicía simplemente hodie en latín clásico. O composto aglutinado resultante é redundante, posto que significa «no día de hoxe». Certas linguas conservadoras, mentres tanto, mantiveron adverbios e preposicións simples: o galego con e o romanés cu veñen de cum, igualmente ca en ou în (romanés) son herdados de in. Vese tamén este fenómeno cos termos simples herdados de hodie

Pasou dunha lingua flexional de sintaxe áxil (a orde dos termos non conta moito para o sentido senón principalmente para o estilo e a énfase) a un latín vulgar que empregaba moitas preposicións, nas cales a orde dos termos é fixa: se é posible dicir en latín Petrus Paulum amat ou amat Petrus Paulum ou Paulum Petrus amat ou aínda amat Paulum Petrus para querer dicir que 'Pedro ama a Paulo', isto non é posible nas linguas románicas, que abandonaron máis ou menos rapidamente as declinacións; así, en galego 'Pedro ama a Paula' e 'Paula ama a Pedro' teñen un sentido oposto, só a orde dos vocábulos indica quen é suxeito e quen é obxecto.

latín clásico francés antigo francés
singular plural singular plural singular plural
nominativo murus muri caso suxeito murs mur  ?  ?
acusativo murum muros caso obxecto mur murs mur murs

O romanés, no entanto, conserva un sistema flexional que exerce con tres casos sincréticos: caso directo (nominativo-acusativo), caso oblicuo (xenitivo-dativo) e vocativo. Estes casos distínguense principalmente cando o nome está marcado polo artigo definido. En caso contrario, teñen tendencia a ser confundidos.

Cómpre salientar que, excluíndo o romanés, os tres xéneros, masculino, feminino e neutro, fican reducidos a dous pola eliminación do neutro; así, o vocábulo latín folia, nominativo e acusativo neutro plural de folium, «folla», é reinterpretado como un feminino: en francés, baixo a forma feuille, en castelán hoja, en italiano foglia, romanche föglia, valón fouye, portugués folha, occitano fuèlha, etc., todos femininos. Ademais, as linguas románicas desenvolveron un sistema de artigos determinados, descoñecidos en latín clásico. Así, en galego, o e a proveñen respectivamente dos pronomes e adxectivos demostrativos ille e illa; igualmente en italiano para il e a (así como o < illum), en francés para lle e a dos demostrativos illum e illa respectivamente, etc. O romanés distínguese para ser a única lingua románica na cal o artigo vai tras do nome: om, «home», omul, «o home». Os artigos indeterminados, pola súa banda, proveñen simplemente do numeral unus, una (e unum no neutro), que, en latín, poderían servir con este uso.

Finalmente, o sistema do adxectivo é revisado: Mentres que os graos de intensidade eran marcados por sufixos, as linguas románicas non se servían máis que dun adverbio diante do adxectivo simple, xa sexa magis (que deu "máis" en galego, mais en portugués més en catalán, mai en occitano e en romanés, más en castelán, etc.) xa sexa plus (più en italiano, plus en francés e en occitano, pus en valón, plu en romanche, chus no galaico-portugués medieval, etc.): Así, para dicir máis grande (comparativo de superioridade) en latín clásico era suficiente grandior; en catalán fai falta més grand, en italiano più grande, etc. Igualmente, o superlativo absoluto o máis grande dicíase grandissimus en latín clásico, pero o mais grande en portugués e il più grande en italiano.

Sistema verbal[editar | editar a fonte]

As conxugacións latinas modificáronse profundamente, principalmente pola creación de tempo compostos: así o francés j'ai chanté ou castelán he cantado veñen dun habeo cantatu(m) vulgar, que non existe en latín clásico. O uso de verbos auxiliares ser e haber, é notable: o latín xa usaba ser na súa conxugación, pero non de forma tan sistemática como nas linguas románicas que xeneralizaron o seu uso para crear un xogo completo de formas compostas respondendo ás formas simples. Xeralmente as formas compostas marcan o aspecto finalizado da acción.

Un modo novo aparece, o condicional (testemuñado por primeira vez nunha lingua romance na Secuencia de santa Eulalia / Séquence de sainte Eulalie), construído a partir da infinitivo (ás veces modificado) seguido das desinencias de imperfecto: vivir -iaviviría en galego, así vivrais en francés, viuriá en occitano, etc. Do mesmo xeito, o futuro clásico é abandonado por unha formación comparable á do condicional, é dicir, o infinitivo seguido do verbo haber (ou precedido, como no caso sardo): así cantar habeo ("eu teño que cantar") dá cantarei en galego, cantarai en occitano, je chanterai en francés, etc.

A forma pasiva elimínase a favor dun sistema composto que xa existía en latín (cantatur, "é cantado", en latín clásico convértese en este cantatus, que en latín clásico significa "foi cantado"). Finalmente, algunhas conxugacións irregulares (como a volle en francés "vouloir") son rectificadas, aínda que moitas manteñen o seu carácter irregular nas linguas románicas, e os verbos depoñentes deixan de ser utilizados.

O léxico do latín vulgar[editar | editar a fonte]

O latín vulgar e o latín clásico non difiren só en aspectos fonolóxicos e fonéticos, senón que tamén polo léxico; as linguas románicas, de feito, non usan máis que en proporción variable o vocabulario clásico. A miúdo retéñense termos populares, eliminando os propios da lingua máis culta.

Algunhas palabras latinas desapareceron completamente e foron reemprazadas polo seu equivalente popular: cabalo, equus en latín clásico, pero caballus (talvez de orixe celta) en latín vulgar. A palabra atópase en todas as linguas románicas: cheval en francés, caval en occitano, cabalo en catalán, cavallo en italiano, tchvå en való, chavagl en romanche, etc.

Doutra banda, se certos termos clásicos desapareceron, non sempre foron reemprazados necesariamente pola mesma palabra en latín vulgar. O termo culto para "falar" é loqui en latín clásico, substituído por:

  • parabolare (palabra presa da liturxia cristiá e de orixe grega; literalmente "falar con parábolas"): francés parler, italiano parlare, catalán e occitano falar, galego parolar etc. ;
  • fabulare (literalmente: "fabular") : galego e portugués falar, castelán hablar, sardo faedhàre, etc.

Finalmente, algunhas linguas románicas continuaron usando as formas clásicas, mentres outras denominadas menos "conservadoras", servíronse das formas vulgares. O exemplo empregado tradicionalmente é o do verbo "comer":

  • latín clásico edere: atópase en forma composta e polo tanto menos "nobre" en castelán e portugués comer (de comedere) ;
  • latín vulgar manducare (literalmente "mastigar"): en francés manger, occitano comer, italiano mangiare, catalán comer, ou en romanés a mânca, por exemplo.

As razóns da diversidade das linguas románicas[editar | editar a fonte]

A evolución fonética natural das linguas, á cal o latín naturalmente non escapou, explica en gran parte as importantes diferenzas entre algunhas linguas románicas. A este proceso tamén se xunta a diversidade léxica do que se denomina latín vulgar: o tamaño do Imperio Romano e a ausencia dunha norma literaria e gramatical resultaron nunha lingua vernácula non fixada.

De forma que cada zona do Imperio utilizou un xeito particular do latín vulgar (deberíase de dicir mesmo "dos latíns vulgares"), como se viu máis arriba, preferindo unha lingua un termo para dicir "casa" (latín casa en galego, castelán, catalán, italiano, portugués, romanés) e outra lingua preferindo un termo diferente (mansio para o mesmo sentido en francés maison), por exemplo.

A estas dúas razóns xúntase a presenza de substratos: linguas faladas inicialmente nunha zona e recubertas doutra, non deixando máis que trazos dispersos, tanto no vocabulario como na gramática ou na pronunciación na lingua de chegada. Así, o substrato galo en francés deixa unhas 180 palabras como braies, char ou pico e estaría na orixe do paso do son /u/ (do latín luna) a /y/ (de lune).

Naturalmente, a influencia do galo non se limitou só a Francia: o portugués ou os dialectos da Italia do norte, por exemplo, tomaron algúns termos. Igualmente algúns estudosos consideran que un idioma que serviu de substrato para as linguas iberorrománicas foi o vasco, que posiblemente aportou o cambio /f/ ao /h/ ao comezo das palabras en castelán e gascón (o latín farina converteuse en "harina" en castelán e "haria" en gascón), e palabras como "esquerda" en galego ou "esquerra" en catalán (vasco ezker).

Ou mesmo o etrusco para o dialecto italiano da Toscana, que lle debería a súa gorgia toscana, é dicir, a pronunciación dos sons /k/ como /h/ (inglés home).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galilibros
O Galilibros ten un manual sobre: Linguas románicas
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Linguas románicas.