Linguas formosanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distribución das linguas formosanas antes da colonización chinesa.

As linguas formosanas son un grupo de linguas austronesias faladas polos habitantes aborixes de Taiwán. Actualmente só un 2% da poboación taiwanesa fala algunha destas linguas, polo que encontra en perigo de extinción.

As linguas formosanas considéranse actualmente un grupo parafilético que conforma a base da familia austronesia, e suxírese que do grupo paiwánico se derivaron as linguas malaio-polinesias.

Así pois, pódense considerar as linguas formosanas como orixinarias das demais linguas austronesias. A poboación moderna de orixe chinesa comezou a súa inmigración polo 1650, falaban dialectos hakka e min do sur, os cales evolucionaron até converterse no actual taiwanés, pertencente á familia sino-tibetana.

Familia austronesia[editar | editar a fonte]

As subfamilias austronesias pódense considerar formosanas. A seguinte clasificación segue o establecido pola Austronesian Basic Vocabulary Database[1] e as subfamilias identifícanse coas cores do mapa:      Kavalánico

     Formosano setentrional Cun 97% de confiabilidade na unidade do grupo.

  • Thao (ou sao, brawbaw, shtafari)
  • Chairego occidental
    • Babuza (ou favorlang, taokas, poavosa)
    • Popora-Hoanya
  • Saisiyat
  • Pazeh (ou kulun)
  • Atayálico

     Ami

  • Sakizaya
  • Nataorano (Amis Norte)
  • Amis

     Bunun

     Tsou-Rukai (85%)

     Siraya

     Puyuma

     Paiwánico O grupo malaio-polinesio e o paiwán forman unha unidade cunha confiabilidade do 75%.

Notas[editar | editar a fonte]