Linguas aborixes de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Linguas australianas")
Falado en: Flag of Australia.svg Australia
Total de falantes: 25,000 -50,000
Familia:
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa das linguas en diferentes cores que representan as distintas familias lingüísticas      Linguas nyulnyulan      Linguas bunaban      Linguas wororan      Linguas djeragan      Linguas djamindjungan      Linguas daly      Lingua laragiya      Lingua tiwi      Linguas limilngan      Lingua umbugarla      Linguas giimbiyu      Linguas yiwaidjan      Linguas gunwingguan      Linguas west barkly      Garawa dentro das Linguas pama-nyunganas      Linguas pama-nyunganas

O termo linguas aborixes de Australia designa un conxunto de linguas faladas nunha extensión xeográfica determinada e non a unha familia lingüística propiamente dita, xa que se refire ó conxunto de idiomas autóctonos (arredor dunhas 200 linguas) que son faladas en Australia e pequenas illas adxacentes polos aborixes australianos e que se poden agrupar en diversas familias.

Situación[editar | editar a fonte]

Case todas estas linguas atópanse ameazadas por procesos de extinción, que se iniciaron cando o inglés comezou a imporse como idioma de comunicación xeralizado. Para facerse unha idea do precaria que é a súa situación chega con dicir que tan só 5 ou 6 destas linguas contan con máis de 1000 falantes e que practicamente a metade non son faladas por máis de 10 ou 20 persoas. Cada ano, un número importante e crecente de linguas aborixes pasa á listaxe de linguas extintas. Segundo os datos do ano 2008, quedaban vivas 220 linguas das que 25 contaban cunha única persoa falante.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, as linguas australianas téñense clasificado nunha ducia de familias e unhas poucas linguas illadas. A familia lingüística de maior distribución é a das linguas pama-nyunganas que se extenden por case todo o territorio australiano agás no norte. Por este motivo e para facer unha clasificación máis sinxela e cómoda, o resto das linguas agrúpanse baixo o termo de linguas non pama-nyunganas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]