Linguas iberorrománicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As linguas iberorrománicas[1] son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes. [2]

Características principais das linguas iberorrománicas[editar | editar a fonte]

  • A principal característica é que non perden as vogais latinas finais, a diferenza das linguas galorrománicas. O aragonés perde o último (e), sendo a excepción nas linguas iberorrománicas.
  • O infinitivo está formado con (r) e non se perde como ocorre coas linguas galorrománicas.
  • Evolución dos grupos latinos (cl, fl, pl) ao /ʎ/ /t͡ʃ/ (ll) (ch).
  • Evolución dos grupos latinos (ci, ti, ce, te) ao (/θ/, /z/, /s/)
  • Sonorización das oclusivas xordas intervocalicas /k, p, t/, por exemplo (formica - formiga, sapere - saber, totus - todos)
  • Forman digonygo fronte (e, o) breves latinas, exceptuando ao galaico-portugués. Por exemplo en castellán (ventum - viento, ponte - puente) e en aragonés (folia - fuella).
  • Betacismo: non hai distinción entre b e v, excepto o portugués onde se conserva a distinción.
  • Forman os plurais con (s).
  • Cambio do (f) latino a (h). Este fenómeno ocorreu no castelán, estremeño, cántabro e asturiano oriental pola influencia do éuscaro. Esta característica tamén se comparte co occitano gascón. [4]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Iberorromance nuclear[editar | editar a fonte]

As linguas iberorrománicas occidentais (Grupo Ibero-Occidental) son: [5]

Grupos de transición[editar | editar a fonte]

Noutra clasificación máis ampla, as linguas iberorrománicas poden incluír o seu grupo de linguas principais e os seus grupos de transición.

Iberorromance pirenaico-mozárabe (grupo controvertido)[editar | editar a fonte]

A clasificación de Ethnologue inclúe un grupo de linguas románicas da Península Ibérica dubidoso, formado polo navarroaragonés e polo mozárabe: o Grupo Pirenaico-Mozárabe, aínda que moitos especialistas consideran que dita división non é un grupo válido, nin atopan demasiados argumentos para postular unha relación especial entre o aragonés e o mozárabe.

  • Navarroaragonés (†):
    • Navarro (†)
    • Riojano precastelán (†)
    • Aragonés
      • Aragonés occidental: Aragüesino, Ansotano, Cheso, Aisino
      • Aragonés central: Belsetano, Aragonés do val de Vió, Panticuto
      • Aragonés oriental: Patués ou Benasqués
      • Aragonés meridional ou Somontanés
      • Xudeoaragonés (†)
  • Mozárabe (†)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carsten Sinner (29 de outubro de 2015). revistas.usc.gal, ed. "O galego como lingua de contacto co castelán riopratense: unha relación esquecida". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2018. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xullo de 2018. Consultado o 06 de marzo de 2019. 
  4. Penny, Ralph (2002). A History of the Spanish Language. Cambridge University Press. p. 8. ISBN 978-0-521-01184-6
  5. https://www.ethnologue.com/subgroups/ibero-romance