Lingua wólof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wólof
Wolof
Outros nomes: Ouolof, volof, walaf, yallof
Falado en: Senegal, Gambia, Mauritania
Rexións: África Occidental
Total de falantes: 13.295.200 [Cómpre referencia]
Familia: Linguas níxero-congolesas
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún sitio
Regulado por: CLAD (Cente de linguistique appliquée de Dakar)
Códigos de lingua
ISO 639-1: wo
ISO 639-2: wol
ISO 639-3: wol
Idioma wólof.png

O wólof é unha lingua da familia das linguas níxero-congolesas. É o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wólofs.

No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wólof como lingua materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia, aproximadamente un 15% da poboación (unhas 200.000 persoas) tena como lingua materna, pero na capital, Banjul, un 50% emprégaa como primeira lingua. En Mauritania, aproximadamente un 7% (185.000 persoas) da poboación fala wólof, sobre todo nas zonas costeiras do leste.

Nome dos países de Europa en wólof

Pequeno vocabulario en wólof

  • Ola - nagalef
  • Que tal? - numu demé
  • Moi ben - mangui fi
  • Como te chamas? - no tu du ?
  • Chámome… - … la tu du
  • Es xenial - da ga ma neh
  • Quérote - da ma la buge
  • Dáme un bico - fone ma
  • Adeus - magedem

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • M. Orozco e F. Roca, 2006, El Fula i el Wòlof:Estudi comparatiu entre les gramàtiques del Fula i el Wòlof i del català, Barcelona, ISBN 84-393-7034-2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua wólof.