Lingua usbeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Idioma uzbeko.png

A lingua usbeca ou Uzbeka (O'zbek tili en alfabeto latino, Ўзбек en cirílico) é unha lingua turca falada polos usbecos en Usbequistán e máis noutras partes da Asia Central. O seu parente máis próximo é o uighur. O persa e mailo ruso teñen tido unha influencia significativa no usbeco

É a lingua oficial do Usbequistán, con 18,5 millóns de falantes nativos. Foi escrita en cirílico ata o 1992, mais hoxe en día úsase o alfabeto latino. Os usbecos chineses escríbeno en alfabeto árabe.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua usbeca.