Lingua tregamí
| Trigamí | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Trigamä, trigami, gambirí | |
| Falado en: | Afganistán | |
| Rexións: | Distrito de Pech, no val de Tregam, no Nuristán | |
| Total de falantes: | Preto de 3.000 (Richard F. Strand en 2000) | |
| Familia: | Indoeuropea Indoiranias Nuristanias Trigamí |
|
| Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Cooficiais (Constitución do Afganistán) | |
| Regulado por: | Non | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | - | |
| ISO 639-2: | - | |
| ISO 639-3: | trm | |
| SIL: | trm | |
| . | ||
O tregamí, trigami ou gambirí é unha lingua falada no val do río Trigam nas vilas de Gambir, Cathar e Devoz no distrito de Pech na provincia do Nuristán no Afganistán.
Características[editar]
Non se lle coñece un nome autóctono, a xente di falar gambirí ou devozí, dependendo da vila. Os lingüistas puxéronlle o nome do val do río Tregam por estar estas tres vilas nese mesmo val. O tregamí pertence á familia de linguas indoeuropeas, na rama indoirania e dentro desta no grupo nuristanio.
Segundo estimacións de Ethnologue o número de falantes é de 1.000 (datos de 1994), pero segundo Richard F. Strand, nos seus estudios sobre as linguas nuristanias, son uns 3.000 (datos de 2000). Ten un léxico similar ao Calaxa (Calasha pronunciado /kalaśa/ cun s retroflexo), entre 76% ao 80% de similitude.