Lingua telugúa
| Telugú (తెలుగు - tĕlugu) | |
|---|---|
| Falada en: | India, no estado de Andra Pradex e nos estados veciños, mais tamén en Bahrain, en Malaisia, na illa Mauricio, en Singapur, nas Fixi, en Arabia Saudí, nos Emiratos Árabes Unidos e na República de Sudáfrica |
| Rexións do planeta: | Asia (principal) |
| Total de falantes: | 75 millóns (primeira ou segunda lingua) |
| Posición: | 14a no mundo |
| Familia lingüística: | Linguas dravídicas Grupo do centro-sur Telugú |
| Estado oficial | |
| Lingua oficial de: | estado de Andra Pradex |
| Regulada por: | |
| Codificacións | |
| ISO 639-1 | te |
| ISO 639-2 | tel |
| Véxase tamén: Linguas do mundo – Lingua | |
O telugú (en telugú: tĕlugu / తెలుగు) é unha lingua do estado de Andra Pradex na India. Neste estado é a lingua oficial, e tamén se fala en Ianaon (unión territorial de Pondichery), na parte central do territorio tamil, ao leste de Carnataca, en Maharastra e en Orissa. Existe unha grande diáspora telugúa en Birmania, en Malaisia, na Illa Mauricio, en Arabia Saudí, nos emiratos do Golfo, na República de Sudáfrica, nas Illas Fixi, en América do Norte, no Reino Unido e en Francia. Uns 70 millóns de persoas fálana como primeira lingua.
O telugú escríbese por medio dun silabario parcial procedente do brâhmî. Forma parte, canda o támil, da familia das linguas dravídicas.
O telugú é unha lingua aglutinante e con declinacións. Pola súa sonoridade vocálica os colonizadores ingleses denominárona o "italiano de Asia". En telugú, a conxugación ten en conta na flexión non só o tempo senón tamén a negación e a interrogación.
Pódense distinguir tres grandes períodos na historia da lingua telugú: o arcaico, que comeza no século VII a. C. conforme os primeiros documentos escritos que se gardan, o medio, desde o século IX ata o século XVII e mais o telugú moderno.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |