Lingua pintupi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Pintupi é unha lingua aborixe australiana. É unha das linguas Waiti da zona suroeste pertencente a unha rama da familia Pama-Nyungan. É unha das variedades das Linguas do Deserto Oeste (WDL nas suas siglas en inglés).

Pintupi é o nome comunmente usado para se referir a unha variedade das Linguas do Deserto Oeste faladas por aborixes da área oeste do Lago MacDonald e o Lago Mackay no Oeste da Australia. Esta xente moveuse (ou foi movida) das comunidades aborixes da Papunya e Haasts Bluff ao oeste do Territorio Norte entre 1940 e 1980 (os últimos pintupis deixaron o seu tradicional modo de vida no deserto en 1984). En décadas recentes volveron ao seu territorio de orixe, xuntándose aos Kintore (en Pintupi coñecidos como Walungurru) no Territorio Norte , e aos Kiwirrkura e Jupiter Well (en Pintupi Puntutjarrpa) no oeste da Australia.

Os rapaces que naceron en Papunya e Haasts Bluff medran falando unha nova variedade de Pintupi, agora coñecida como Pintupi-Luritja, consecuencia do seu próximo contacto con falantes de Arrernte, Warlpiri e outras variedades das WDL. Isto continuou mentres seguiron movéndose cara o oeste até o punto de que hoxe en día case todos os pintupi falan Pintupi-Luritja, malia que quedan claras distincións entre a maioría das variedades do oeste e o leste.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]