Lingua ossetia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ossetio
Иронау
Pronuncia: Ironau
Outros nomes: Osetio, osseto, oseto
Falado en: Rusia, Xeorxia, Turquía
Rexións: Osetia do Norte, Osetia do Sur
Total de falantes: c. 700.000
Familia: Indoeuropea
 Indo-iraniana
  Iraniana
   Iraniana oriental
    Iraniana oriental do norte
     Ossetio
Escrita: Alfabeto cirílico
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Osetia do Norte, Osetia do Sur
Regulado por: non ten regulamentación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: os
ISO 639-2: oss
ISO 639-3: oss

O ossetio (Ирон ӕвзаг, Iron ævzhag ou Иронау, Ironau) é unha lingua iraniana falada por aproximadamente medio millóns de persoas, principalmente na Osetia.

Historia e clasificación[editar | editar a fonte]

O ossetio é a lingua falada e literaria dos ossetas, un pobo que habita a parte central do Cáucaso e constitúe a maior parte da poboación de Osetia do Norte, que pertence á Federación rusa, e da Osetia do Sur, que no 2008 declarouse independente da República da Xeorxia.

O ossetio pertence ao subgrupo norte do grupo iraniano oriental da familia das linguas indo-europeas. Así, posúe parentesco coas outras linguas iranianas orientais, como o pachto e o yaghnobi.

Desde a remota Antigüidade (séculos VII-VIII a.C.), as linguas do grupo iraniano espalláronse por un vasto territorio, que inclúe os actuais Irán (Persia), Asia Central, e o sur de Rusia. O ossetio é o único sobrevivente do ramo nordeste das linguas iranianas coñecido como cítico. O grupo cítico inclúe diversas tribos da rexión, coñecidas nas fontes antigas como citas, masáxetas, sacas, sármatas, alanos e roxolanos. Os corasmos e os sogdianos tamén eran parentes próximos, en termos lingüísticos.

O ossetio, xuntamente co curdo, o tat e o talyshi, é unha das linguas iranianas que ten unha comunidade grande de falantes no Cáucaso. Evolucionou a partir do alano, o idioma falado polos alanos, tribos medievais, descendentes dos antigos sármatas; e acredítase que sexa o único sobrevivente da lingua sármata. A lingua máis próxima, xeneticamente, é o yaghnobi, falado no actual Taxiquistán, único outro membro aínda existente do ramo iraniano oriental do norte.[1][2] O ossetio forma o plural a través do sufixo -ta, unha característica que comparte co yaghnobi, o sármata e o sogdiano; isto é interpretado como evidencia dunha continuidade dialectal das linguas iranianas nas estepas da Asia Central. Os nomes das antigas tribos iranianas, derivadas do grego, reflicten esta pluralización: por exemplo, sármatas (Σαρομάται, transl. Saromátai) e masáxetas (Μασαγέται, Massaguétai).[3]

Evidencias de ossetio medieval[editar | editar a fonte]

A mostra máis antiga do ossetio escrito é unha inscrición que data dalgún punto entre os séculos X e XII e foi encontrada preto do río Bolshoi Zelenchuk, en Arkhyz. O texto está escrito no alfabeto grego, con algúns dígrafos especiais:

ΣΑΧΗΡΗ ΦΟΥΡΤ ΧΟΒΣ
ΗΣΤΟΡΗ ΦΟΥΡΤ ΠΑΚΑΘΑΡ
ΠΑΚΑΘΑΡΗ ΦΟΥΡΤ ΑΝΠΑΛΑΝ
ΑΝΠΑΛΑΝΗ ΦΟΥΡΤ ΛΑΚ
ΑΝΗ ΤΖΗΡΘΕ

Que pode ser transliterado como:

Saxiri Furt Xovs
Istori Furt Bæqætar
Bæqætari Furt Æmbalan
Æmbalani Furt Lakani čirtī

Unha tradución aproximada seria "K., fillo de S., fillo de I., fillo de B., fillo de A.; [este é] seu monumento."[4]

O outro único rexistro existente do proto-ossetio son as dúas liñas de frases "alanas" que aparecen na Teogonía de Xoán Tzetzes, un poeta e gramático bizantino:

Τοῖς ἀλανοῖς προσφθέγγομαι κατά τήν τούτων γλῶσσαν
Καλή ημέρα σου αὐθεντα μου αρχόντισσα πόθεν εἶσαι

"Ταπαγχὰς μέσφιλι χσινὰ κορθὶ κάντα" καὶ τ’άλλα
ἂν ὃ ἒχη ἀλάνισσα παπὰν φίλον ἀκούσαις ταῦτα
οὐκ αἰσχύνεσσι αὐθέντρια μου νὰ μου γαμὴ τὸ μουνί σου παπᾶς

"τὸ φάρνετζ κίντζι μέσφιλι καίτζ φουὰ σαοῦγγε"

[5]

Arriba, as porcións en itálico están en ossetio. Alén dunha transliteración directa do texto grego, os estudosos tentaron facer unha reconstrución fonolóxica utilizándose das pistas que o texto grego ofrece; así, en canto o "τ" (tau) normalmente tería o valor do "t" latino, neste caso este corresponde ao "d", que, se cre, seria a maneira que os antigos ossetas a pronunciaban. A transliteración académica das frases alanas é: "dæ ban xwærz, mæ sfili, (æ)xsinjæ kurθi kændæ" e "du farnitz, kintzæ mæ sfili, kajci fæ wa sawgin?"; posíbeis traducións no ossetio moderno serían "Dć bon xwarz, me’fšini ‘xšinć, kurdigćj dć?" e "(De’) f(s)arm neč(ij), kinźi œfšini xœcc(œ) (ku) fœwwa sawgin". A pasaxe, traducida para o galego, sería:

Os alanos, saúdoos nas súa lingua:
"Bo día a vostede, señora de meu amo, de onde son?"
"Bo día a vostede, señora do meu amo, de onde son?" e outras cousas:
Cando unha muller alana toma un padre como amante, oirás isto:
"Non ten vergoña, miña señora, que un padre estea a foder a súa cona?"
"Non ten vergoña, miña señora, de ter un caso amoroso cun padre?"

Teorízase que, durante a fase do proto-ossetio, o idioma pasou por un proceso de mudanzas fonolóxicas condicionadas por un Rhythmusgesetz, ou "lei de ritmo", a través da cal os substantivos foron divididos en dúas categorías, os que posuían acentos tónicos forte e os que posuían acentos tónicos fracos. Os substantivos que tiñam acentos fortes posuían unha vogal longa "pesada", e eran acentuados na primeira sílaba deste tipo a ocorrer na palabra; xa os substantivos de acento tónico fraco eran acentuados na súa sílaba final. Esta é precisamente a situación observada nos primeiros rexistros do ossetio, presentados arriba.[6] O mesmo ocorre no ossetio moderno, aínda que nel o acento tónico sexa influenciado pola "abertura" da vogal. O fenómeno tamén é notado nun glosario iássico datado de 1422.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Existen dous dialectos importantes do ossetio: o iron e o digor, sendo o primeiro máais falado. O ossetio escrito é imediatamente recoñecido polo seu uso do æ, unha letra que non é utilizada por ningún outro idioma que adopta o alfabeto cirílico. Un terceiro dialecto do ossetio, o iássico, xa foi falando na Hungría polo pobo iássico. A inmensa maioría dos ossetas fala o dialecto iron, e o idioma literario está baseado nel. O creador do idioma literário osseta é o poeta nacional Kosta Xetagurov (1859-1906).[1]

Gramática[editar | editar a fonte]

De acordo co investigador osseta Vasily Abaev,

No decorrer dos séculos, a influencia e o intercambio cas linguas caucasianas, o osseto tornouse similar a elas nalgúns aspectos, especialmente na súa fonética e léxico. No entanto, o idioma mantivo a súa estrutura gramatical e seu vocabulario básico; o seu parentesco coas familias lingüísticas iranianas, a pesar de considerábeis diferenzas con elas, non pode ser posto en dúbida.[1]

O ossetio preserva diversos aspectos arcaicos do antigo iraniano, tales como oito casos e prefixos verbais.[7] Os oito casos non son, no entanto, os casos indo-iranianas orixinais, que acabaron erodindo debido ás mudanzas na fonoloxía. Os casos modernos do ossetio, coa excepción do nominativo, derivan todos dun único caso obliquo que sobreviviu do antigo iraniano e acabou fragmentándose en sete novos casos polos falantes de ossetio. Isto sería unha reminiscencia do tocariano.

Sistema de escrita[editar | editar a fonte]

Primeira páxina da primeira edición do xornal Ræstdzinad, en ossetio (1923).

Despois da conquista rusa, o ossetio, que até entón non posuía unha forma escrita, pasou a ser grafado no alfabeto cirílico; o primeiro libro en ossetio en cirílico foi publicado en 1798. Ao mesmo tempo, o alfabeto xeorxiano era utilizado nalgunhas rexións ao sur do Cáucaso: en 1820 unha apostila foi publicada onde o alfabeto xeorxiano era modificado por tres letras especiais; esta escrita estivo en uso no territorio de Osetia do Sur de 1937 a 1954.

O alfabeto moderno utilizado polo ossetio, baseado no cirílico, foi creado por un científico ruso de orixe finlandesa, Andreas Sjögren, en 1844; presentaba letras individuais para cada son (como o alfabeto abecasio moderno). Despois dunha breve experimentación co alfabeto latino tras a caída do Imperio Ruso, as autoridades soviéticas retornaron ao cirílico, incluíndo dígrafos para substituír a maioría dos diacríticos.

Esta é a versión do alfabeto cirílico utilizada desde 1937:

А Ӕ Б В Г Гъ Д Дж Дз Е Ё Ж З И Й К Къ Л М Н О П Пъ Р С Т Тъ У Ф Х Хъ Ц Цъ Ч Чъ Ш Щ Ъ Ы Ь Э Ю Я
a ӕ б в г гъ д дж дз е ё ж з и й к къ л м н о п пъ р с т тъ у ф х хъ ц цъ ч чъ ш щ ъ ы ь э ю я

Este é o alfabeto latino que foi utilizado entre 1923 e 1937:

A Æ B C Č D E F G H I J K L M N O P Q R S Š T U V X Y Z Ž
a æ b c č d e f g h i j k l m n o p q r s š t u v x y z ž

Os dígrafos que representaban un só fonema tamén eran utilizados no alfabeto latino (ch, čh, th, dž e outros). O son æ (AFI: /æ/) é extremamente común no idioma, un aspecto que comparte co persa.

Uso do idioma[editar | editar a fonte]

O primeiro libro impreso en ossetio foi publicado en 1798. O primeiro xornal, Iron Gazet, foi publicado en 1906, na cidade de Vladikavkaz.

Aínda que agora o ossetio sexa a lingua oficial tanto en Osetia do Norte como en do Sur (xuntamente co ruso), o seu uso oficial limítase á publicación das novas leis nos xornais publicados no idioma.

Existen, hoxe en día, dous xornais diarios en ossetio: Ræstdzinad (Рæстдзинад, "Verdade"), en Osetia do Norte, e Xurzærin (Хурзæрин, "O Arco da Vella"), en Osetia do Sur. Algúns xornais menores, como xornais distritais, utilizan o ossetio para artigos illados. Existe unha revista mensual, Max dug (Мах дуг, "A nosa era"), dedicada principalmente á ficción e á poesia en ossetio.

O ossetio é ensinado nas escolas secundarias para todos os alumnos. Os falantes nativos do idioma tamén poden facer cursos de literatura oseta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Abaev, V. I. A Grammatical Sketch of Ossetic translated by Stephen P. Hill and edited by Herbert H. Paper, 1964 [1]
  2. Thordarson, Fridrik. 1989. Ossetic. Compendium Linguarum Iranicarum, ed. by Rudiger Schmitt, 456-79. Wiesbaden: Reichert. [2]
  3. Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Xan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 69
  4. op. cit., pp. 55-6. O orixinal traduce apenas as iniciais; presumiblemente, isto sería porque aínda que as formas non declinadas poden ser deducidas, ningún rexistro escrito delas foron encontrados.
  5. Ladislav Zgusta, "The old Ossetic Inscription from the River Zelenčuk" (Veröffentlichungen der Iranischen Kommission = Sitzungsberichte der österreichischen Akademie der Wissenschaften. Philosophisch-historische Klasse 486) Wien:Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften, 1987. ISBN 3-7001-0994-6 em Kim, op.cit., 54.
  6. Ronald Kim, "On the Historical Phonology of Ossetic: Origins of the Oblique Case Suffix,"Journal of the American Oriental Society, Jan-Mar2003, Vol. 123 Issue 1, p. 47
  7. Ossetic language. (2006). Na Encyclopædia Britannica. Visitado a 15 de xaneiro de 2006, Encyclopædia Britannica Premium Service

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abaev, V.I. A grammatical sketch of Ossetic (en inglés) (versión rusa)
  • Abaev, V.I. Ossetian Language and Folklore, USSR Academy of Sciences, Moscow-Leningrad, 1949
  • Arys-Djanaieva, Lora. Parlons Ossète. Paris: L'Harmattan, 2004, ISBN 2-7475-6235-2.
  • Nasidze et al., Genetic Evidence Concerning the Origins of South and North Ossetians. Annals of Human Genetics 68 (6), 588-599(2004)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua ossetia.