Lingua klingon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klingon
tlhIngan Hol
Pronuncia: ˈt͡ɬɪŋɑn xol
Creado por: Marc Okrand 1984
Emprego e uso: No mundo Star Trek
Total de falantes: Unha ducia de falantes expertos (1996)[1][2]
Categoria (propósito): Lingua artística
Categoria (fontes): Lingua artificial a priori
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún sitio
Regulado por: Sen regulador oficial, aínda que existe o Instituto da Lingua Klingon
Códigos de lingua
ISO 639-1: Ningún
ISO 639-2: tlh
ISO 639-3: tlh
SIL: tlh

A lingua klingon (tlhIngan Hol, pronunciado fonéticamente como /ˈt͡ɬɪŋɑn xol/) é unha lingua artificial e artística, creada por Marc Okrand para os estudios Paramount Pictures, como idioma vernáculo da raza klingon no universo de Star Trek.

Este idioma foi deseñado cunha orde de palabras tipo Obxecto Verbo Suxeito (OVS).

Os sons básicos, xunto con unhas poucas verbas, foron orixinalmente creados polo actor James Doohan para o primeiro filme baseado na serie orixinal, Star Trek: The Motion Picture. Este filme foi a primeira ocasión na que a lingua puido ser oída, xa que nas aparicións anteriores na serie orixinal os klingon falaran sempre en inglés propio no que se rodou a serie. Foi Marc Okrand quen ampliou o escaso vocabulario creado por Doohan, creando un amplo léxico e unha gramática completa, para Star Trek III: The Search for Spock e as producións posteriores.

O idioma klingon é denominado ás veces como klingonese (traducible como "klingonés"), se ben esta denominación refírese a outra lingua dos klingon que aparece nas novelas de John M. Ford baseadas no mundo de Star Trek, o klingonaase.

Anecdotario[editar | editar a fonte]

  • No primeiro episodio da primeira tempada de The Big Bang Theory, os protagonistas mencionan que xogan ao Boggle pero en idioma klingon.
  • No sexto episodio da décima temporada de Frasier ("Star-Mitzvah"), o protagonista Frasier le unha curta beizón en klingon no Bar Mitzvah do seu fillo, sendo enganado e crer que o facía en hebreo.
  • No episodio dos Simpsons titulado "My Big Fat Geek Wedding", o tipo da tenda de cómics celebra unha voda klingon cun sacerdote que oficia nesa lingua.
  • Na película Daddy Day Care, protagonizada por Eddie Murphy, un dos nenos que coida só se expresa nunha estraña lingua que ninguén entende e que resulta ser o klingon.
  • A edición do cómic web Tao of Geek no April Fools do 2006 foi redactada completamente en klingon
  • Google está dispoñible en klingon
  • Existe unha linguaxe de programación inspirada no klingon, chámase var'aq.
  • O maior insulto que se pode dicir en klingon é Hab SoSLl'Quch!, que significa "Túa nai ten a fronte lisa".
  • taH pagh taHbe', DaH mu'tlheghvam vIqelnIS é o equivalente klingon da frase de Hamlet "ser ou non ser, velaí a cuestión".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wired 4.08: Dejpu'bogh Hov rur qablli! - Lawrence Schoen, director do Klingon Language Institute (KLI), calculou en agosto de 1996 nunha ducia o número de falantes de klingon fluído. Tamén estima nuns mil os membros do KLI.
  2. En 1999, a revista satírica The Onion publicou un artigo no que afirmaba que o número total de falantes de klingon superaba aos que falan navajo con fluidez, citando datos da Modern Language Association. Mais o número total de falantes de navajo é de case 150 mil, unha cifra moi afastada das estimacións máis optimistas respecto aos falantes de klingon, que a revista estimaba en 7.500.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]