Lingua finesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua finlandesa")
Finés
'suomi'
Falado en: Finlandia, Suecia, Noruega, Rusia, Estonia
Rexións: Finlandia
Total de falantes: 6.500.000
Posición: Non está entre os 100 primeiros [1]
Familia: Linguas urálicas
 Linguas ugrofinesas
  Finés
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Finland.svg Finlandia
Flag of Europe.svg Unión Europea
Regulado por: Instituto de estudios de linguas de Finlandia
Códigos de lingua
ISO 639-1: fi
ISO 639-2: fin
SIL: fin[2]
Idioma finlandés.png

O finés[1] é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.

Ortografía e fonoloxía: harmonización[editar | editar a fonte]

Debido á súa tardía normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (a, o, u) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:

  • cando se aplica á palabra Suomi, 'Finlandia', resulta suomalainen, 'finlandés';
  • cando se aplica á palabra meri, mar, dá meriläinen, 'mariñeiro';

Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O DRAG só admite finés para o idioma. E finlandés, xunto con finés, para relativo ou pertencente a Finlandia.
    Definición de finés e Definición de finlandés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua finesa.