Lingua digoriana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Digoriano
Дигоронау, digoronau'
Pronuncia: /digoro'naw/
Falado en: Rusia
Rexións: Cáucaso
Total de falantes: Uns 15.500
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Oriental
    Oriental setentrional
     Escita
      Escito-sármata
       Alano
        Digoriano
Escrita: Alfabeto cirílico iriano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Cooficial [1].
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: -
SIL: -
Distrito de Digoria no mapa de Iristán Norte-Alania

O digoriano, Дигоронау (digoronau) para os nativos, (falado ao oeste de Iristán do Norte ("Osetia"), no distrito de Дигорæ (Digoria, en ruso Digorá), é unha variante lingüística da lingua alana antiga, é ás veces considerada lingua autónoma e de seu. A outra variante principal é o iriano (chamado polos nativos "irón" ou "ironau") que é ademais a variente máis amplamente falada e a lingua literaria, e que é como se lle coñece á lingua "oseta" moderna.

É por tanto xunto co iriano e o xásico un descendente directo da lingua escita falada polo pobo escita, rama occidental ou escito-sármata.

O digoriano ten tamén tradición literaria de seu pero pouca, aínda que está a crecer máis nestas últimas décadas. Os nenos apréndeno na escola, e os medios de comunicación úsana hoxe en día.[2]

As diferenzas entre ámbalas dúas variantes son moitas, tanto a nivel fonético, coma morfolóxico, sintáctico e semántico. Algúns iranistas rusos considérana lingua de seu:

  • Fedar Takazov, no recente Diccionario digoriano-ruso, fala sempre de lingua digoriana, mentres o seu editor refírese a ela coma dialecto digoriano.
  • O propio М. I. Isaev no seu traballo sobre o digoriano Дигорский диалект осетинского языка (Digorskij dialekt osetinskogo jazika = O dialecto digoriano da lingua oseta), tamén ás veces fala de lingua e ás veces de dialecto.

O nome[editar | editar a fonte]

O adxectivo digoriano fai referencia ao relacionado cos habitantes de Digoria (en digorés Дигорæ e iriano Дигор, en ruso díse Digorá (Дигорa)), distrito de Iristán Norte-Alania (nome autóctono), coñecido como Osetia do Norte-Alania. Os digorianos chaman á súa lingua Дигоронау (digoronau) ou Дигорон æвэаг (digoron ævzag, que quere dicir lingua digoresa) e asimesmos digoron ou дигорæттæ (digorættæ, que quere dicir pobo digoriano. A terminación -on fai relación a pertenza dun pobo e -au á lingua que fala un pobo.

Pode que atopemos escrito digor, pero esta palabra non é a correcta. En inglés aparece tanto coma digorian (correcto, xa que fai mención a que é relativo ao pobo de Digoria) coma digor (incorrecto, é un calco do ruso pero que está moi estendido) e desta última palabra, por culpa dos medios de comunicación, pasa á moitísimas linguas. Facer calcos do inglés ou incluso do francés pódese acabar facendo verdadeiros e curiosos erros fonéticos[3]

Diferenzas entre o digoriano e o iriano ou literario[editar | editar a fonte]

  • No sitema vocálico, exemplos:
  1. irano [ɨ] digoriano [i] : фыд / фидæ - pai
  2. irano [i] digoriano [e] : хид / хед - ponte
  3. irano [u] digoriano [o] : æрду / æрдо - cavelo, pelo
  4. irano [Co] digoriano [Cʷæ] : хо / хуæрæ - irmá
  5. irano -Ø digoriano -æ : æхсæв / æхсæвæ - noite
  6. irano [ʤ] digoriano [ɡ] : джитын / игетун - dubidar, vacilar
  • Na morfoloxía:
Uso do artigo determinado fronte a carencia deste no iriano (aínda que este ten certas peculiaridades fonéticas, que indican que antigamente puido terse usado).
Non fai uso do caso gramatical comitativo.
  • No léxico:
O digoriano e moito máis arcaizante, conserva unha sílaba máis có iriano.

O alfabeto[editar | editar a fonte]

Usa o mesmo alfabeto ca súa lingua irmá, o iriano.

Oseto cirílico IPA Exemplo en oseto Transliteración

(Academia das Ciencias)

Alfabeto latino

(1923-1937)

Similitude co Galego
А а [a] арв, кад A a (arv, kad) A a (arv, kad) arte
Æ æ [æ] æмбал, сæр Æ æ (æmbal, sær) Æ æ (æmbal, sær) inglés bag
Б б [b] балц, саби B b (balc, sabi) B b (balc, sabi) balón
В в [v] вæййы, тæвд V v (væjy, tævd) V v (væjjy, tævd) port."viver"
Г г [g] гал, нæмыг G g (gal, næmyg) G g (gal, næmyg) gol
Гъ гъ [gʔ] æгъдау, сагъæс Gh gh (æghdau, saghæs) H h (æhdau, sahæs) non existe
Д д [d] дис, фæд D d (dis, fæd) D d (dis, fæd) dado
Дж дж [dʒ] фыдджын Dx dx (fyddxyn) Dž dž (fyddžyn) inglés "John"
Дз дз [dz] дзул, кудз Dz dz (dzul, kuydz) Dz dz (dzul, kuydz) non existe
Е е [e] бел, денджыз E e (bel, dendxyz) E e (bel, dendžyz) cera
Ё ё [jo:] слёт, ёлкæ E e (sljot, jolkæ) non había iónico
Ж ж [ʒ] жакет, жанр Jx jx (jxaket, jxanr) --- non existe, port. gear, inglés pleasure
З з [z] зын, фæз Z z (zyn, fæz) Z z (zyn, fæz) port. "mesa,casa", inglés "zoo"
И и [i] Ирон, бирæ I i (Iron, biræ) I i (Iron, biræ) Iria, Iristán
Й й [j] миййаг, йæхи J j (mijjag, jæhi,) J j (mijjag, jæxi) pai
К к [k] ком, бæркад K k (kom, bærkad) K k (kom, bærkad) cousa
Къ къ [kʔ] къах, фæткъуы Kh kh (khah, fætkhuy) Kh kh (khax, fætkhuy) non existe
Л л [l] лæг, бал L l (læg, bal) L l (læg, bal) val, león
М м [m] мад, сымах M m (mad, symah) M m (mad, symah) mes, mar
Н н [n] ном, æнус N n (nom, ænus) N n (nom, ænus) nove, nome
О о [o] хох, дон O o (hoh, don) O o (xox, don) dono
П п [p] пыл, æппæлгæ P p (pyl, æppælgæ) P p (pyl, æppælgæ) pai
Пъ пъ [pʔ] пъа, пъырыпъыф Ph ph (pha, phyryphyf) --- non existe
Р р [r] рон, сæкæр R r (ron, sækær) R r (ron, sækær) ron, rá, por
С с [s] сом, бæлас S s (som, bælas) S s (som, bælas) son, soar
Т т [t] тæвд, стур T t (tævd, stur) T t (tævd, stur) tenda
Тъ тъ [tʔ] тъæпæн Th th (thæpæn) Th th (thæpæn) non existe
У у [u] устур, туркаг U u (ustur, turkag) U u (ustur, turkag) puro, curdo
Ф ф [f] (фæд, цæф) F f (fæd, cæf) F f (fæd, cæf) favor, café
Х х [h] худ, бæх X x (hud, bæh) H h (xud, bæx) ghato (con gheada)
Хъ хъ [q] (хъæу, арахъхъ) Q q (qæu, araqq) Q q (qæu, araqq) non existe
Ц ц [ts] цонг, балц C c (cong, balc) C c (cong, balc) tsar
Цъ цъ tsʔ цъаммар, цъиу Ch ch (chammar, chiu) Ch ch (chammar, chiu) non existe
Ч ч [t∫] чиныг, айчы цъар Č č (Činyg, Ajčy char) chaira Cx cx (cxinyg, ajcxy char)
Чъ чъ [t∫ʔ] чъиу Cxh cxh (cxhiu) --- non existe
Ш ш [∫] штат Sx sx (sxtat) --- xoven, traxe
Щ щ [ʃtʃ] Щедрин Sxcx sxcx (Sxcxedrin) --- exchí (щи – sopa de repolo
Ъ «`» съезд (s`ezd) --- ---
Ы ы ɨ сыл, фырт, пысылмон Y y (syl, fyrt, pysylmon) Y y (syl, fyrt, pysylmon) ---
Ь «'» июль, январь (ijul', janvar') --- ---
Э э [e],[ә] экватор E e (ekvator) --- Edward
Ю ю [ju:] июль, Ататюрк Ju ju (ijul', Atatjurk) Ju ju (ijul, Atatjurk) Iugoslavia
Я я [ja] январь, Таня Ja ja (janvar', Tanja) Ja ja (janvar, Tanja) iate, Tania

Fonética[editar | editar a fonte]

Sistema vocálico[editar | editar a fonte]

[æ] [e] [i] [a] [o] [u]

Anterior Central Posterior
Pechada i /i/ u /u/
Media e /e/ o /o/
Aberta æ /æ/ a /a/

Sistema consonántico do digorés[editar | editar a fonte]

oclusiva xorda glotalizada sonora nasal fricativa aspirante lateral vibrante
labiais p b m v
dentais t d n s f l r
palatais ʦ ʦʔ ʣ
velar k g
uvular q
semi-vogais w j

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O substantivo[editar | editar a fonte]

Coma na maioría das linguas iranias, os substantivos non teñen morfema de xénero, polo que non se distinguen o masculino e o feminino. Existen, iso si, nomes propios de cada xénero.

As declinacións[editar | editar a fonte]

    • Exemplo : гал - boi
singular plural
Nominativo гал галтæ
Xenitivo гали галти
Dativo галæн галтæн
Adlativo галмæ галтæмæ
Ablativo галæй галтæй
Inesivo гали галти
Adesivo галбæл галтæбæл
Comparativo галау галтау

A determinación e indeterminación dos sustantivos[editar | editar a fonte]

A determinación[editar | editar a fonte]

Polo xeral nas linguas iranianas non existe un artido determinado que acompañe ao nome, agás o grupo curdo (curdo, soraní, etc.). No diasistema oseto curiosamente só existe a determinación coma tal no digoriano.

Para a definición do nome pónse ante el a partícula и:

барæг « (un) xinete» и барæг «o (este) xinete»
бонигъæдæ «(un) tempo» и бонигъæдæ «o (este, certo) погода»
гъолæ «альчик» и гъолæ «o(este, определенный) альчик.

A indeterminación[editar | editar a fonte]

Os adxectivos[editar | editar a fonte]

O Comparativo[editar | editar a fonte]

O Superlativo[editar | editar a fonte]

Os pronomes determinados[editar | editar a fonte]

Os pronemes persoais[editar | editar a fonte]

Singular Plural
1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
Masc. Fem. Neutro
(Galego) Eu Ti El Ela El/Iso Nós Vós Eles,elas
Nominativo æc ду e e e мax cумах eтæ
Xenitivo мæн дæу уой уой уой мax cумах уони
Dativo мæнæн уомæн уомæн уомæн махæн сумахæн уонæн
Adlativo мæнмæ дæумæ уомæ уомæ уомæ махмæ сумахмæ уонæмæ
Ablativo мæнæй дæуæй уомæй уомæй уомæй махæй сумахæй уонæй
Inesivo - - уоми уоми уоми - - уонæми
Adesivo мæнбæл дæубæл уобæл уобæл уобæл махбæл сумахбæл уонæбæл
Comparativo мæнау дæуау им ей им на́ми ва́ми уониау


Declinación das formas reflexivas dos pronomes persoais[editar | editar a fonte]

Singular Plural
1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa 1ª persoa 2ª persoa 3ª persoa
N. мæхуæдæг дæхуæдæг æхуæдæг нæхуæдтæ уæхуæдтæ сæхуæдтæ
X. мæхе дæхе æхе нæхе уæхе сæхе
D. мæхецæн дæхецæн æхецæн нæхецæн уæхецæн сæхецæн
Adlativo мæхемæ дæхемæ æхемæ нæхемæ уæхемæ сæхемæ
Ablativo мæхецæй æхецæй æхецæй нæхецæй уæхецæй сæхецæй
Inesivo - - - - - -
Adesivo мæхебæл дæхебæл æхебæл нæхебæл уæхебæл сæхебæл
Comparativo мæхейау дæхейау æхейау нæхейау уæхейау сæхейау

Pronomes posesivos[editar | editar a fonte]

Pronomes demostraivos[editar | editar a fonte]

Pronomes indefinidos[editar | editar a fonte]

Pronomes Relativos[editar | editar a fonte]

Pronomes interrogativos[editar | editar a fonte]

кa "quen" e ци "que"

кa ци
Nominativo кa ци
Xenitivo кa ци
Dativo кa ци
Dativo кa ци
Adlativo кa ци
Ablativo кa ци
Inesivo кa ци
Adesivo кa ци
Comparativo кa ци


cando? Кæд?

Os numerais[editar | editar a fonte]

Os numerais cardinais[editar | editar a fonte]

Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra Cifra
1 еу/йеу 11 еуæндæс 21 инсæй еу/йеу * 31 æртин еу - - - -
2 дууæ 12 дууадæс 22 инсæй дууæ 32 æртин дууæ 200 дууæ сæди 2.000 дууæ мини
3 æртæ 13 æртиндæс 23 инсæй æртæ 33 æртин æртæ 300 æртæ сæди 3.000 æртæ мини
4 цуппар 14 цуппæрдæс 24 инсæй цуппар 40 цуппор 400 цуппар сæди 4.000 цуппар мини
5 фондз 15 финддæс 25 инсæй фондз 50 фæндзай 500 фондз сæди 5.000 фондз мини
6 æхсæз 16 æхсæрдæс 26 инсæй æхсæз 60 æхсай - - - -
7 авд 17 æвддæс 27 инсæй авд 70 авдай - - - -
8 аст 18 æстдæс 28 инсæй аст 80 æстай - - - -
9 фараст 19 науæдæс 29 инсæй фараст 90 науæдзæ - - - -
10 дæс 20 дууин 30 æртин 100 сæдæ 1.000 мин - -


Nota: existen outras formas para esta numeración:

дууин еу / йеу, дууин дууæ, дууин æртæ, ... (21, 22, 23...)

еу æма инсæй, дууæ 'ма инсæй, æртæ 'ма инсæй, цуппар æма инсæй,... (21, 22, 23, 24...) еу æма дууин, дууæ 'ма дууин, ... (21, 22, ...)

Declinación dos numerais cardinais[editar | editar a fonte]

Os numerais ordinais[editar | editar a fonte]

фиццаг primeiro
дуккаг segundo
æртиккаг terceiro
цуппæрæймаг cuarto
фæндзаймаг quinto
æхсæзæймаг sesto
æвдæймаг sétimo
æстæймаг oitavo
фарæстæймаг noveno
дæсæймаг décimo
еуæндæсæймаг undécimo/décimo primeiro, etc.

O verbo[editar | editar a fonte]

O infinitivo márcase coa terminación -ун. Exemplos :
амайун - cepillar
æййевун - cambiar, intercambiar, trocar
косун - traballar
цæрун - vivir


O adverbio[editar | editar a fonte]

As preposicións[editar | editar a fonte]

As conxuncións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 17 da Constitución De Iristán do Norte-Alania
  2. Constitución da República Autónoma de Iristán Norte-Alania, Art. 17
  3. Un exemplo: as linguas iranias teñen o fonema /x/, unha cosoante fricativa uvular, pois este son existe, por exemplo en castelán e represéntase cun J, pois ás veces en vez de usar esta letra aparecen escritos os nomes cun dígrafo usado en inglés kh (que eles pronuncian como /k/), e isto é debido a que o inglés usa o seu sistema ortográfico para adaptar as palabras ou empréstimos ao seu sitema fonético; o francés usa o seu propio sistema, o alemán o seu (neste exemplo sería ch), e tanto o castelán coma o galego deben usar cadanseus sistemas.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en ruso)М.И. Исаев, Дигорский диалект осетинского языка, Moscou, Nauka. 1966.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]