Lingua kurda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua curda")
Kurdo
Kurdî
Outros nomes: كوردی
Falado en: Iraq, Irán, {Siria, Turquía, Armenia, Líbano
Total de falantes:
26.000.000[1], ou 39.500.000 [2][3][4][5]
Posición: 52-39
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Irania occidental
    Irania do noroeste
     Kurdo
Escrita: Alfabeto kurdo (unha variante do alfabeto árabe) en Iraq e Irán, alfabeto latino en Turquía e Siria, e o alfabeto cirílico na extinta URSS.
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Iraq.svg Iraq Rexión Autónoma de Kurdistán
Flag of Iran.svg Irán Provincia de Kurdistán - status constitucional de lingua rexional.

Flag of Armenia.svg Armenia - lingua minoritaria[6]

Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: ku
ISO 639-2: kur
ISO 639-3: varios:
kur — Kurdo (xenérico)
ckb — Kurdo central
kmr — Kurdo do norte
sdh — Kurdo do sur
Idioma kurdo.PNG

A lingua kurda (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Kurdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[7]. É empregado entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O kurdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionados co kurdo son o balochi, o gileki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo sudoccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co kurdo.

Hai tres dialectos importantes da lingua kurda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O curmanxí ou kurdo setentrional é falado polos kurdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O soraní ou kurdo central é falado no Kurdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua kurda.