Lingua cupopia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cupopia ou cafundó é unha lingua de léxico bantú e estrutura portuguesa desenvolvida por poboación de orixe africana nunha pequena zona rural do Brasil, xa que non responde á definición clásica de crioulo, autores como Hildo António do Couto clasificárona como anticrioulo do portugués xunto con outros falares semellantes do Brasil.

O cupoia desenvolveuse na facenda Caxambu, nas proximidades de Sarapuí, no estado de São Paulo a partir da morte do seu último propietario sen descendentes (1879) que converteu aos 12 escravos da facenda en propietarios da terra, ao tempo establecíase en Cafundó, en Salto de Pirapora, a 6 km de Caxambu, unha colonia de escravos libertos cos que estableceron relacións de parentesco e á que se transferiu a lingua, desde o século XX a lingua só se fala en Cafundó.

Na época na que se realizaron os primeiros estudos, 1978, eran 40 persoas as que a falaban, hoxe tan só quedan 12 persoas capaces de falala que a empregan como unha lingua secreta. A lingua combina a estrutura morfosintáctica do dialecto caipira do portugués, que se fala na contorna con 160 palabras de orixe africana, principalmente da lingua quimbundo, o léxico é produtivo xa que se expande mediante a construción de perífrases ata totalizar un corpus de 300 formas que presumiblemente debía ser moito máis amplo cando o cupopia era unha lingua de uso habitual aínda que non hai fontes que o corroboren.

Ao longo das décadas de 1970 e 1980 a existencia do canfundó provocou discusións entre os lingüistas sobre a propia natureza da lingua, desbándose a posibilidade que fose unha lingua crioula xa que o seu vocabulario non se basea no da lingua dominante. Foi Hildo Honório do Couto, en 1992, o primeiro en propoñer a denominación de anticrioulo, xa que o léxico tómao do substrato, é de raíz africana, e a estrutura tómaa do superestrato, do portugués. É posible como propoñen, Vogt, Gnerre e Frynt en 1993 que o cafundó sexa o resto dun antigo crioulo, bantú-portugués, nun estadio avantado de descrioulización.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sílvio Vieira de Andrade Filho, Um Estudo Sociolingüístico das Comunidades Negras do Cafundó, do Antigo Caxambu e de seus Arredores, 2000: 252, Secretaria da Educação e Cultura, Prefeitura Municipal de Sorocaba. ISBN 8589017-01-X
  • Peter Fry e Carlos Vogt (1996) Cafundó, a África no Brasil: Linguagem e Sociedade

. São Paulo, Companhia das Letras. ISBN 85-71645

-85-X.

  • Margarida Maria Taddoni Petter A linguagem do Cafundó, crioulo ou anticrioulo? en Lenguas criollas de base lexical española y portuguesa, Frankfurt am Main, 1999, ISBN 3-89354-566-2