Linguas artificiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua construída")

Unha lingua construída, tamén chamada lingua planificada, lingua artificial, ideolingua ou conlang, é un idioma que foi total ou parcialmente construído, planeado ou deseñado conscientemente por seres humanos. As linguaxes de programación non son ideolinguas porque non son idiomas. Tampouco se considera ideolingua á evolución histórica, e xa que logo non planeada conscientemente, de calquera lingua natural.

As motivacións que impulsan o xurdimento destas linguas non naturais son basicamente dúas:

  • Racionalizar a comunicación humana mediante linguas perfeccionadas en aspectos onde as linguas naturais son ambiguas, inzadas de excepcións, desacordes coa lóxica, irregulares, etc. Tras este obxectivo están ideolinguas como o lojban, estruturado sobre a lóxica de predicados. Dentro desta racionalización tamén se inscribe a procura de auxilinguas aptas para a comunicación internacional, como é o caso do esperanto, do Ido ou de interlingua. Algunhas veces tamén se persegue a neutralidade cultural das auxilinguas, que é o caso do mencionado lojban.
  • Motivos estéticos, artísticos, ou lúdicos. Neste apartado inscríbense linguas como as desenvolvidas por J.R.R. Tolkien para as súas sagas de ficción literaria, como o Quenya ou o Sindarin.

Clasificación das linguas artificiais[editar | editar a fonte]

A maior parte das linguas artificiais teñen cabida nun destes tres grupos:

  1. Linguas auxiliares, que pretenden a comunicación entre persoas
  2. linguas experimentais, as cales poden ser lóxicas ou filosóficas
  3. Linguas artísticas, que agrupa todas as demais.

Unha clasificación máis detallada inclúe varios factores, tales como a súa intención de uso, o seu propósito de creación e a orixe do vocabulario e a gramática.

Pola súa intención de uso[editar | editar a fonte]

As linguas construídas poden dividirse en dous grandes grupos de acordo á súa intención de uso: linguas auxiliares e linguas ficticias. As primeiras buscan ser un medio de comunicación real entre seres humanos mentres que as segundas son faladas por personaxes ficticios na imaxinación ou obra o autor da lingua, sen pretender ser faladas por persoas reais.

Estes propósitos poden subdividirse: