Lingua cheién

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cheién
tsêhesenêstsestôtse
Pronuncia: [tse̥hɪsɪne̥stsɪsto̥tsɪ]
Falado en: Estados Unidos
Rexións: Montana e Oklahoma
Total de falantes: 1.720 (censo de 1990)[1]
Posición: Non está entre os 100 primeiros
Familia: Álxica
 Algonquina
  Algonquina das chairas
   Cheién
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Reserva India dos Cheién do Norte[2]
Regulado por: Sen regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: (non ten)
ISO 639-2: chy
ISO 639-3: chy
Distribución do cheién nos EUA

A lingua cheién (en cheién: tsêhesenêstsestôtse, [tse̥hɪsɪne̥stsɪsto̥tsɪ]) é unha lingua indíxena falada polo pobo cheién, principalmente nos estados de Montana e Oklahoma (Estados Unidos). Forma parte da familia de linguas algonquinas, e como todas elas, ten unha complexa morfoloxía aglutinativa.

Clasificación[editar | editar a fonte]

O cheién é unha das linguas algonquinas, un subgrupo das linguas álxicas. Especificamente, clasifícase como unha das linguas algonquinas das chairas. Porén, as linguas algonquinas das chairas, que tamén inclúen á lingua arapaho é a lingua pés negros, son unha clasificación xeográfica máis que xenética.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

Como todas as linguas algonquinas, o cheién ven dunha hipotética lingua primixenia chamada lingua protoalgonquina (a miúdo abreviada como PA). Os cambios fonolóxicos que experimentou até convertirse no cheién moderno son complexos, como pode verse no cambio dende a verba protoalgonquina *erenyiwa (home) á verba cheién correspondente, hetane:

  1. O sufixo en protoalgonquino -wa desaparece (*erenyi).
  2. A secuencia vocálica xeminadas -yi simplifícase a -i (*ereni).
  3. O /r/ trócase en /t/ (*eteni).
  4. Engádese un /h/ diante da vogal incial (*heteni).

Situación actual[editar | editar a fonte]

Cartel do Chief Dull Knife College.

Practicamente a totalidade dos falantes actuais de cheién son persoas adultas, mesmo anciáns, coa excepción dalgúns nenos na Northern Cheyenne Indian Reservation. Vense realizando esforzos para revitalizar a lingua, e dende 1998 celébranse campamentos de verán de inmersión na lingua e cultura cheiéns. Ademais existe un programa de estudos cheiéns no Chief Dull Knife College que inclúe á lingua entre as súas materias[3]. Ademais, o Consello Tribal dos Cheiéns do Norte declarouna lingua oficial[2] da Reserva India dos Cheiéns do Norte, e en setembro de 2007 aprobou unha resolución para comezar a incorporar o cheién aos documentos oficiais do mesmo e á sinalización da reserva.[4]

Escrita e fonoloxía[editar | editar a fonte]

O alfabeto cheién consta de 14 letras, amósanse nas seguintes táboas co son que ten cada unha das letras representado no Alfabeto Fonético Internacional.

A letra <h> non é muda, senón que se pronuncia de xeito moi semellante ao <h> inglés, e representa o son [h], agás cando vai diante de consonante, onde se pronuncia como [x] (semellante ao <ch> do alemán ach), e noutras grafías tense representado como <ch>. A <k>, que representa o son [k], ás veces ten sido grafada como <g>. O <š> representa ao fonema [ʃ], presente no galego como <x> ou no inglés como <sh>, e así ten sido grafado ás veces en cheién.

Consonantes
Bilabial Dental Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva p
[p]
t
[t]
k
[k]
'
[ʔ]
Fricativa v
[v]
s
[s]
š
[ʃ]
x (ou h)
[x]
h
[h]
Nasal m
[m]
n
[n]

A letra <a> ou o dígrafo <aa> reprentan, respectivamente, aos sons [a] e [aː], e a súa correspondente xorda <â> representa ao son [ḁ]. A letra <e> adoita representar o fonema [ɪ], aínda que algunhas veces varía a [ɛ]; porén, a súa forma dobre <ee> representa ao son [ɛː], e a súa correspondente xorda <ê> pronúnciase como [e̥], do mesmo xeito que o <ô> pronúnciase [o̥]. En canto aos ditongos, <ae> pronúnciase como [aj] e <oe> como [oj], mentre que o ditongo <ao> representa un só fonema, [ɔ].

Vogais
Anterior Semianterior Posterior
Case pechada e
[ɪ]
Semipechada ee
[eː]
o
[o]
Semiaberta e
[ɛ]
ao
[ɔ]
Aberta a
[a]

Gramática[editar | editar a fonte]

O cheién representa aos participantes dunha expresión non con pronomes separados senón como afixos no verbo. O seu sistema pronominal amosa tres trazos fundamentais das linguas algonquinas: tres persoas gramaticais (1ª, 2ª e 3ª) e unha adicional 3ª obviativa, dous números (singular e plural), animación (animado e inanimado) e inclusividade e exclusividade no plural da primeira persoa. A terceira persoa obviativa é unha elaboración da terceira; é unha terceira persoa "desenfocada". Cando hai dúas ou máis terceiras persoas nunha expresión, unha delas será obviada.

Afixos pronominais[editar | editar a fonte]

Hai tres prefixos pronominais básicos en cheién:

  • ná- (primeira persoa)
  • né- (segunda persoa)
  • é- (terceira persoa)

Estes tres prefixos básicos poden combinarse con varios sufixos para expresar todas as diferenzas pronominais do cheién. Por exemplo, o prefixo ná- pode combinarse nun verbo co sufixo -me para expresar o plural exclusivo de primeira persoa ("nós, sen incluírte a ti"), como en nátahpetame, "nós.EXCL somos grandes."

Exemplos[editar | editar a fonte]

O Noso Pai[editar | editar a fonte]

Tséhéhe'tovatsemenoto tséhestoéstoveto he'amo'omééno, momóxeono'átamaneto. Néxho'hévehonoeo'o. Eme'nêheso tséhešetanoto hétsêhéno ho'eva hápó'e tséhéso hénêhéóhe he'amo'omééno. Oešeeva néxhoxomemenoo'o. Néhvonetanó'tôtse tséhešeó'ôhto'eétâhétse hápó'e tséévâheševonetanó'tomóvótse tséó'ôhto'eéhaetsee'e. Néhvéstâhémemenoo'o komaahe nâhtsêsáa'áahtóhénóne mâhvonôhóha'ónétse, naa máto ne'aseotšêšemenoo'o tséxhávêséva'e. Néma'xevéhoneve, néhestoháatamaahéstove, naa névó'ho'êho'hévatamaahe hétsetseha naa a'ene'xóvéva.

Outras palabras[editar | editar a fonte]

Algunhas palabras en cheién, xunto coas reconstrucións en protoalgonquino:

  • ame (PA *pemyi, "graxa")
  • hë'e (PA *eθkwe·wa, "muller")
  • hetane (PA *erenyiwa, "home")
  • matana (PA *meθenyi, "leite")

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua cheién.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Cheién.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]