Lingua cabilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabilio
taqbayliṯ
Falado en: Alxeria
Rexións: Cabilia
Total de falantes: 6 millóns
Familia: Linguas afroasiáticas
 Linguas bérberes
  Cabilio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: kab
ISO 639-3: kab
Area de uso lingüístico do cabilio en Alxeria.

O cabilio é un dialecto da lingua bérber, falada na rexión montañosa do norte de Alxeria coñecida como Cabilia.

É a segunda en orde de falantes con preto de 6 millóns de persoas que a empregan habitualmente, por detrás do tachelhit (chleuh), falado no sur de Marrocos por entre oito e dez millóns de persoas.

O cabilio (taqbaylit), é xunto ó chenoui e o chaoui unha das tres linguas de orixe bérber empregadas en Alxeria.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]